venres, 19 de xuño de 2020

Venres 19 de xuño

🙋Bos días!!

Chegamos á "clase á distancia" número 60.
Último día deste trimestre e derradeiro deste curso 2019/2020.


Que mágoa me dá todo isto... 😢

Que alegría para vós que non tedes que estar pendentes dos libros nin das tarefas nin das miñas instruccións, a que sí?

Quero que confiedes en vós mesmos, coidádevos moito de vós mesmos e das vosas familias.
Gozade do verán e a volver con moitas ganas de traballar para o próximo curso!!! Que boa falta han de facer, xa veredes... pero con traballo ídelo superar sen problema.

A actividade que vos propoño para hoxe é que visualizades os vídeos de todo canto traballastedes, miredes as fotos dos vosos traballos.

Estou súper contenta de tervos como alumnos e alumnas, aprendín moito con vós!!
Sodes os únicos pelegríns que terei no meu corazonciño. E o nome de pelegríns non foi só polos disfraces, senón polos "peleóns" que sodes, que defendedes a capa e a espada os vosos dereitos.

Nunca esquecerei a benvida que me déstedes cando cheguei por primeira vez ao insti. Sentínme moi afortunada por tervos a vós, pola paisaxe que tiñades desde aquelas ventás, por todos os compañeiros do cole, tanto alumnado coma profesorado.

Grazas!!!


* Déixovos aberto o blogue, podédolo visitar cando queirades e facer os xogos interactivos que vos deixo nas diferentes pestanas; ollalo por días... como vos guste.



Recomendacións para o verán:

- Disfrutar coa familia.
- Disfrutar con amigos.
- Coñecer e facer a algún amigo/amiga máis
- Ler moito: cómics, curiosidades, contos... (en voz alta mellor)
- Escribir algo: inventar contos, facer un diario de algún día...
- Xogos no que se empregue o cálculo matemático (para non olvidar as tablas)
- Debuxar e pintar
- Aprender a facer novas tarefas, como axudar na casa a algo, pagar no supermercado (coas medidas hixiénicas moi presentes), cociñar en familia, facer un puzzle ou algo con alguén...
- Cargar as enerxías para superar 5º con sobresalientes!
e sobre todo...
-  COIDARVOS MOITO!!!



  • Queredes saber os resultado da enquisa sobre este curso?

0 100% ten ganas de vacacións!!!

As palabras coas que definides este curso son:
- emocionante
- corto
- cuarto
- difícil (3)
- mal
- diferente
- entretido
- rarísimo

O que cambiaríades deste curso a gran maioría puxo o confinamento, que o cambiaríades por ir a escola á clase coma era o esperado.



Aquí vos quedan as redaccións de fin de curso que fixestedes algúns pelegríns, son escritos de valoración deste curso e de despedida. GRAZAS POLO VOSO TRABALLO! 👏👏😍

ANA

HUGO VILLAR

HUGO ABRAIRA
LUCAS

XIANA

ANTÓN



Así queda a clase na que pouco tempo tivemos, case queda sen "reestrear". 😅


Clase baleira, falta recoller.
A miña mensaxe para vós!


Ata a próxima!!!

👋👋😢😭😭😜😍💓👀👀💨😘😘😘😘🙋



xoves, 18 de xuño de 2020

Xoves, 18 de xuño

👋👋👋Oooolaaaaaa! Que tal? Como ides?😃
Con nervios? Agora xa tranquilos, que rematamos!

Xa con espíritu de "aí vén o verán"?


Aquí vos deixo as actividades para hoxe:

* LENGUA CASTELLANA:

Seguimos repasando contenidos mediante juegos:
hoy os presento otros dos: Ortodesafío (como el juego Boom) y Familia de palabras

ORTODESAFÍO:

En el siguiente juego tienes que marcar la forma correcta de escritura del dibujo que te presentan. Es una forma divertida de repasar la ortografía, tendréis que llegar todos al máximo número de puntos que es muy sencillo, ya veréis. 😉




FAMILIA DE PALABRAS:

Pulsa en la palabra que no pertenece a la misma familia que las demás. Después pulsa la fecha ⇩ para pasar a la siguiente pantalla.





* MATEMÁTICAS:

Hoy os propongo un repaso general de matemáticas, son contenidos de 3º y 4º primaria, así que veréis como es muy facilito. Este repaso lo haremos en un Kahoot!!

  • Clic en el siguiente enlace 👉Kahoot_Repaso general de MATE fin de curso
    • Tenéis hasta el fin de mes para hacerlo las veces que queráis. Escribíis vuestro nombre, play y clic en la respuesta correcta, luego en "next".

ACTIVIDADES PENDENTES para pelegríns que aínda non as fixeron:

  • Rematar redacción de fin de curso e enviarma.
  • Avaliar á profe cubrindo unha ficha interactiva:
    • Preme na seguinte ligazón👉 AVALIACIÓN DA PROFE NURIA 
    • Logo le e contesta as preguntas. Cando a teñas lista, clic en "¡Terminado!" e por último escribe o teu nome e envía, para que me chegue a min a fichiña.
  • Valoración do curso académico 2019/2020: 



Boa tarde de xoves pelegríns!!


mércores, 17 de xuño de 2020

Mércores, 17 de xuño

🙋Bos días!

Como ides?  Estades rematando coas redaccións sobre o curso?

Que vos pareceron os retos de onte???
Algún si que é hai darlle duro ao maxín... pero conséguense!

Xiana, Melissa e Antón conseguírono!
🎉👏👏👏👏👏



As actividades para hoxe son amenas pero precisades conexión de Internet:

* SOCIAIS:

Imos facer como un concurso toda a clase sobre a Prehistoria, e como imos facer isto, pois con un Kahoot!

O último xoves propúxenvos varios para repasar previamente cada período da Prehistoria, aquí tedes de novo as ligazóns, xa que participaron poucos no ránking:



Estou contentísima polos que participástedes! 
👏👏👏👏👏👏👏

Kahoot: repaso de toda a Prehistoria:




* LINGUA GALEGA:

Ficha interactiva para poñer nota a Nuria coma profe. Agradezo a sinceridade!
A imaxe da ficha é a seguinte, pero para cubrila tedes que premer na ligazón que está abaixo.

Preme na seguinte ligazón👉 AVALIACIÓN DA PROFE NURIA
Logo le e contesta as preguntas. Cando a teñas lista, clic en "¡Terminado!" e por último escribe o teu nome e envía, para que me chegue a min a fichiña.

Moitas grazas!!!

En moitas ocasións son os alumnos os que poñen a nota ao profesor/a!!!



Isto é todo para por hoxe!

Saudiños e deséxovos bo día! 😃



martes, 16 de xuño de 2020

Martes 16 de xuño

🙋Ola!!

Hoxe imos co repaso de Lengua e Naturais.

Primeiro, déixovos o vídeo de como traballades para coidar o Medio Ambiente!!




* LENGUA CASTELLANA:

Tenemos sin corregir aún, así que te toca a ti hacer la autocorrección:

del jueves 11.06.20 lo siguiente: Pág. 161 ejer. 2, 3, 4, 5, 7, 8 y 9.

Pág.161 ejer.2:
Las palabras de la primera línea pertenecen al campo léxico de la agricultura.
Las palabras de la segunda línea son del campo léxico de el circo.

Pág.161 ejer.3:
a) Nosotros o Nosotras.
b) Vosotros o Vosotras.
c) Yo.

Pág.161 ejer.4:
a)Yo.
b) Ellas o Ellos.
c) Vosotros o vosotras.

Pág.161 ejer.5:
a) Me apetece un zumo de naranja.
b) Ayer fuimos al mercado del barrio.

Pág. 161 ejer 7:
a)Recalentar: el prefijo es "re-"
b)Monodosis: el prefijo es "mono-"
c)Multivitaminas: el prefijo es "multi-"
d)Superpotencia: el prefijo es "super-"

Pág.161 ejer.8:
Este es más personal:
a) zapatos: Sus zapatos azules.
b) monopatín: Mi monopatín nuevo.

Pág.161 ejer.9:
Este también es personal: una respuesta modelo podría ser:
a) geo-: geometría, geografía, geólogo...
b) gen-: gente, gentío, genética, gentilicio, generosa...
c) gem-: Gema, gemelo, gemir...
d) gest-: gesta, gestoría, gestión, gesto...


Pág. 167 ejer. 1, 2 y 3 del miércoles 10.06.20
Pág.167 ejer.1:
Campo semántico de:
- frutas: ciruela, albaricoque, naranja, cereza, piña. Y dos que tenéis que añadir, por ejemplo: manzana y melocotón.
- hortalizas: espinaca, alcachofa, coliflor, remolacha, lechuga. Y dos más: calabacín y acelga, por ejemplo.

Pág. 167 ejer.2:
El "tenedor" es la palabra que no pertenece al mismo campo semántico que las demás (verbos de cocinar).
Acciones de cocinar: (en vez de tenedor, por ejemplo escribo freír) guisar, hervir, batir y hornear.
Pág.167 ejer.3:
Las palabras destacadas en el texto (algodón, azabache, cristal) pertenecen al campo semántico de los materiales.
Tres palabras que podéis añadir: madera, plástico, metal, aluminio, cartón...


Actividades para hacer hoy:

  • Repasamos contenidos del curso...   ¡¡¡jugando!!!

RETO LENGUA: RESCATA JUGUETES DE TOY STORY

Tenéis que resolver 5 misiones (en cada una tenéis que rescatar a un juguete de la saga Toy Story) Anota la cifra que os da cada misión al resolverla (porque lo necesitarás para meter el código final).

Después de resolver las 5 misiones tenéis que marcar la contraseña, una cifra por cada misión.

Cuando tengáis la recompensa me decís a mí cuál era el código. Para saber que lo lograsteis!

¡Ya veréis que divertido! Para empezar pulsa en "Introducción"


SINÓNIMOS:

Anota en tu libreta los sinónimos que vas encontrando:
Por ejemplo:
"COMENZAR" es sinónimo de terminar, empezar o cansado?
El sinónimo es empezar, ¿verdad?
Pues entonces sigo la flecha que marca la palabra empezar y leo la siguiente palabra que aparece en el recuadro: "RÁPIDO" (leo las palabras de las flechas y la que sea sinónimo de rápido es la que sigo, y así sucesivamente.

Luego debajo anotas la clave y me pasas la foto para saber que superaste el reto!

La clave son cuatro letras:
- la primera es la inicial del último cuarto sinónimo que encontraste (palabra que está en el recuadro, no en la flecha)
- la segunda letra de la clave es la inicial del antepenúltimo sinónimo que encontraste,
- la tercera letra de la clave es la inicial del penúltimo sinónimo
- y la cuarta letra de la clave es la inicial del último sinónimo

Aquí tienes el RETO de sinónimos:



* CIENCIAS DA NATUREZA:

Hoxe en Naturais propóñovos uns experiementos e un test.

  • Facer o experimento da páx.112.

Este experimento é para comprobar como de verdade o aire ocupa un espazo. Do mesmo xeito que cando inflamos un globo este aumenta.

Outro experimento para a mesma comprobación que podedes facer é  cunha xeringa:
- se tedes unha xeringa na casa (dun xarabe mesmamente)
- probade a empurrar tapando a saída do aire. Veredes que temos que facer moita forza porque o aire non deixará avanzar a xeringa.
Se non tapamos a saída do aire avanza porque vai empurrando o aire para fóra sen ter maior resistencia.


  • Test sobre a última unidade que traballamos:



E para rematar...

Déixovos outro vídeo! Este é da actividade de Plástica da semana pasada.

Consistía en facer composición de fotos cambiando a mirada das mascotas para expresar outros sentimentos.
😷Xa sabedes que agora que andamos coa boca tapada hai que fixarse ben nos ollos para entender o sentimento que está expresando esa persoa.

Aquí tedes os resultados...

GRAZAS POR PARTICIPAR E DARLLE Ó VOSO MAXÍN!!👏👏😉




Que teñades bo día!


luns, 15 de xuño de 2020

LUNS 15 de xuño

👋👋Bos días!!

Estamos na última semana de clase!

Que ganas teríades todos de rematar con isto, a que si?

Pois agora xa non queda nada. Este ano foi moi raro para todos e todas, tanto alumnado como familias como profesorado. Pero a verdade é que o fomos superando todos grazas á colaboración e traballo. GRAZAS A TODOS e TODAS!!!

Non obstante, imos traballar ata o final, tal e como pelegríns que sodes, ata o final do camiño. Iso si, ao ser a última semana imos cambiar algo o horario/tipo de actividades. Xa iredes vendo.

Hoxe imos traballar as materias que nos tocaría:

* MATEMÁTICAS:

Para repasar las tablas de multiplicar, os propongo una sencilla ficha interactiva. Tienes que pulsar en el enlace y escribir el resultado de la multiplicación.

Una vez cubierta, clic en ¡Terminado! y escribe tu nombre. Después revisa tu nota. Hay un error en la ficha, así que no os preocupéis que siempre reviso las cualificaciones.

Hay que corregir los ejercicios del último día, jueves, que eran de la página 183 ejer. 3, 4 y 6.

Solución del ejer.3 de la pág.183:
a) 21,9 + 8,237 = 30,137      d) 15,3 + 8,67 + 2,954 = 26,924
b) 8,68 + 17,5 = 26,18          e) 136,9 + 4,321 + 21,5 = 62,721
c) 2,3 - 1,789 = 0,511            f) 32,8 - 9,25 = 23,55

Solución del ejer.4 de la pág.183:
En dm:  a) 38 dm          c) 63 dm
              b) 54 dm          d) 79 dm

En cm: a) 205 cm       c)  590 cm
            b) 46 cm         d) 860 cm

En mm: a)1007 mm      c) 805mm
              b) 69 mm        d) 9030 mm


Solución del ejer.6 de la pág.183:
Datos: 590 árboles
            2/5 de todos los árboles son naranjos
            el resto son limoneros
Pregunta: ¿Cuántos limoneros hay?

Cálculos: 2/5 de 590= (2 x 590) : 5 = 236 árboles son naranjos.

Si a todos los árboles le saco los naranjos, me quedan sólo los limoneros:
590 - 236 =  354 árboles son limoneros.

Solución: Hay 354 limoneros en la finca de Leandro.


* CIENCIAS DA NATUREZA:

Imos correxir as actividades que quedaron pendentes:

Páx. 109 exer. 2:
A partir da madeira un material artificial que se obtén é o papel. Para iso séguese este proceso:
- Primeiro tritúrase a madeira e fabrícase unha pasta con cola e outros produtos.
- Despois, a pasta fíltrase para eliminar impurezas.
- A continuación, a pasta esténdese sobre unha cinta móbil e fórmase o papel.
- Por último, o produto final almacénase en bobinas.

Páx. 114 exer.4:
a) Os materiais artificiais poden atoparse na natureza. É falso porque os materiais artificiais fabrícanse a partir de materias primas.
b) As materias primas son as substancias que serven para fabricar materiais artificiais. É verdadeiro.
c) Para fabricar cerámica mestúrase auga con plástico. É falso porque para fabricar cerámica mestúrase auga con arxila.
d) O ferro extráese de diversos minerais. É falso porque o ferro obtense do olixisto.

Páx. 115 exer.7:
a) É un sombreiro que parece que está fabricado de palla.
b) A palla é un material natural que procede das plantas.
c) Poderíase realizar con rafia, que é unha fibra sintética, con tea de algodón, con plástico para a chuvia, con la...

Para facer:
  • Lectura das páxinas 110 e 111 "Substancias puras e mesturas"
  • Visiona os seguintes vídeos: Axudaranche a entender mellor o que acabas de ler, con exemplos:



  • Preme na ligazón que che indico abaixo da imaxe para facer a seguinte ficha interactiva sobre as substancias puras e mesturas:
    • O primeiro exercicio é opcional porque se necesita o complemento flash player.
PREME NA LIGAZÓN para facer a ficha interactiva 👉 Sustancias puras y mezclas.
Unha vez acabada só terás que facer clic en "¡Terminado!" e escribir o teu nome.


* LINGUA GALEGA:

A actividade de escritura que vos vou pedir para esta semana é unha redacción sobre este curso.

  • Escribe unha pequena redacción sobre este curso.
    • Podes contar o que queiras ti. Por exemplo, algún punto que se me ocorre a min:
      •  que foi o que máis che gustou...
      •  o que menos...  e que cambiarías
      • que botaches máis de menos no confinamento
      • se foses ti o mestre/a que farías durante o tempo de confinamento...
  • Quero publicalas no blogue como despedida do curso, así que facédeas bonitiñas!


Vouvos poñer unha enquisa para valorar este curso e unha folla para avaliarme a min (outro día). Pensaba poñérvolo mañá, pero penso que as preguntas da enquisa vos serven para facer a redacción anterior, así que aquí tedes o modelo para ir pensando as respostas.

Podédela cubrir hoxe, mañá ou mércores. Cando mellor vos veña e podades, vale??

É obrigatorio contestar a todas as preguntas.



Que pasedes bo día e boa tarde!! Saudiños pelegríns!! ✋

xoves, 11 de xuño de 2020

Venres, 12 de xuño

👋👋Bos días!!
Xa rematamos unha semana máis! Imos pola clase número 55, só quedan 5 máis.

Déixovos aquí máis fotomontaxes coa actividade de plástica desta semana: Ollos e miradas.

Ollos e miradas de Hugo Villar

Nova mirada da mascota de Melissa

Fabiola cambioulle a mirada a un peluche xigante!

Nova mirada para o michiño ou michiña de Hugo Abraira

Moitas grazas por participar e enviarme os vosos resultados!!
       👌👍👏👏👏👏👏👏👏😄


📃📃As actividades para hoxe, son:

* LINGUA GALEGA:

  • Lectura do libro de texto das páxinas 162 e 163, titulada "Un premio inesperado"
  • Páx.164 exercicio 4 (son preguntas de comprensión lectora para facer no caderno)
  • Contesta no teu caderno e envíame unha fotografía do teu escrito📝:
    • 1.Tiveches algunha vez un Premio?  (gañar un partido, un sorteo, un reto, un diploma, un aplauso, un trofeo...)
    • Cando o recibiches?
    • Que era? 
    • Escribe que fixeches para recibilo e como te sentiches.


* LINGUA CASTELÁ:

En relación con la lectura anterior de Gallego, la actividad es:

  • Escribe una redacción sobre un viaje que te gustaría hacer.

Para ayudaros con lo que tenéis que escribir en la redacción os dejo preguntas que deberíais contestar y separar con signos de puntuación en vuestro escrito.

  • ¿Con quién te gustaría ir? ¿Por qué?
  • ¿Cómo viajarías (en tren, avión, bicicleta, caminando...)
  • ¿Cuándo harías ese viaje?
  • ¿A dónde te gustaría ir?
  • ¿Qué te gustaría hacer allí?


CONSEJOS PARA REDACTAR:

  1. Lee las preguntas primero y piensa lo que vas a contar.
  2. Ve escribiendo la respuesta a cada pregunta (en forma de redacción) y pon algún signo de puntuación.
  3. Lee en voz alta todo lo que escribiste. Si necesitas hacer una pausa para respirar es necesario que haya un signo de puntuación (coma o punto, por ejemplo)


Por favor, enviádeme as actividades de hoxe cando as teñades!📝

Deséxovos unha boa fin de semana!


Xoves, 11 de xuño

👩👋Bo día!

As actividades para facer hoxe son💪:

* MATEMÁTICAS:

A continuación os dejo la solución de las tareas de mates de ayer, para que corrijáis:
- Pág.183 ejer. 1 y 5.
Ejer. 1:
a) 5 x 2 - 4 = 6
b) 6 + 10 - 8 = 8
c) 7 - 4 + 18 = 21
d) 11 x 3 - 28 = 5
e) 18 - 10 + 5 = 13
f) 15 - 6 - 4 = 5

Ejer. 5:
Datos: 35 tiendas con 4 personas   y  12 tiendas con 6 personas
Pregunta: ¿Cuántas personas hay en total en las tiendas?
Cálculos: 35x4 + 12x6=
35x4= 140 personas cogen en las tiendas para 4.
12x6= 72 personas en las tiendas para 6.
En total (140+72) hay 212 personas.
Solución: Hay 212 personas en total en las tiendas.

Ahora seguiremos con repaso. En vuestra libreta, hacéis:

  • Pág. 183 ejercicios 3, 4 y 6.


* SOCIAIS:

Imos correxir as actividades que están pendentes:

Páx. 104 Preguntas de "Traballa coa imaxe"
1. A imaxe A representa bisontes e na imaxe B hai cervos, touros, algunha cabra...
2. Na imaxe A os animais son máis parecidos á realidade, tanto polo relevo como polo uso de dúas cores, o que permite dar profundidade.
3. Na imaxe A usáronse máis cores.
4. Na imaxe B represéntanse persoas. Son alongadas, pintadas cunha soa cor e de forma esquemática.
5. A imaxe do Paleolítico é a A, pois representa animais illados e con realismo.
6. A imaxe do Neolítico é a B. Representa persoas formando unha escena; as figuras son alongadas, esquemáticas e a unha soa cor.


Páx. 105 exer. 1 e 2.
exer.1:
As pinturas rupestres ou "pintura das rochas" son aquelas que realizaban os seres humanos da prehistoria sobre as paredes de reocha e os teitos das covas.

exer. 2:
Desde finais do Neolítico, os seres humanos construíron monumentos con grandes pedras, aos que se lles chama monumentos megalíticos. Os máis importantes eran os menhires, os dolmens e os crómlechs.

Páx. 106 exer. 1, 2 e 3 sobre as grandes invencións/acontecementos.
exer.1: b)Elaboración de ferramentas de metal: Idade dos Metais.
c) Invención da cerámica: Neolítico.
d) Aparición do ser humano: Paleolítico.
e) Comezo da agricultura: Neolítico.
f) Invención da roda: Idade dos Metais.

exer.2:
Do máis antigo ao recente:
Aparición do ser humano → Descubrimento do lume → Comezo da agricultura → Invención da cerámica → Elaboración de ferramentas de metal → Invención da roda.

exer.3:
No esquema debaixo do Paleolítico: descubrimento do lume e Aparición do ser humano.
No Neolítico: Comezo da agricultura e Invención da cerámica.
Na Idade dos Metais: Elaboración de ferramentas de metal e Invención da roda.

Páx. 107 exer 3. "Palabras clave" Contesta as preguntas sobre a Prehistoria.
1. O lume.
2. Con pedra e óso.
3. A gandaría e a agricultura.
4. Con pedra puída.
5. Os metais. Con eles fabricaron armas, ferramentas e adornos.
______

Unha vez rematada a unidade da Prehistoria, imos facer probas para avaliar o que si coñecedes deste período. Non pasa nada por errar, así apréndese.
  • Test sobre a unidade:
Le as preguntas e marca a resposta correcta.

* LINGUA CASTELÁ:

Hiciste ya el kahoot de repaso de lengua que te propuse el martes? Aún lo puedes hacer o repetir si quieres:
Escribe tu nombre, lee bien la pregunta y elige la respuesta correcta. Luego pulsa en "Next".

Hoy repasaremos un poquito, así que haz en tu libreta:
  • Pág. 161 ejercicios 2, 3, 4, 5, 7, 8 y 9. Son cortitos.

A pasar bo día! 😉


Venres 19 de xuño

🙋Bos días!! Chegamos á "clase á distancia" número 60. Último día deste trimestre e derradeiro deste curso 2019/2020. Q...