venres, 19 de xuño de 2020

Venres 19 de xuño

🙋Bos días!!

Chegamos á "clase á distancia" número 60.
Último día deste trimestre e derradeiro deste curso 2019/2020.


Que mágoa me dá todo isto... 😢

Que alegría para vós que non tedes que estar pendentes dos libros nin das tarefas nin das miñas instruccións, a que sí?

Quero que confiedes en vós mesmos, coidádevos moito de vós mesmos e das vosas familias.
Gozade do verán e a volver con moitas ganas de traballar para o próximo curso!!! Que boa falta han de facer, xa veredes... pero con traballo ídelo superar sen problema.

A actividade que vos propoño para hoxe é que visualizades os vídeos de todo canto traballastedes, miredes as fotos dos vosos traballos.

Estou súper contenta de tervos como alumnos e alumnas, aprendín moito con vós!!
Sodes os únicos pelegríns que terei no meu corazonciño. E o nome de pelegríns non foi só polos disfraces, senón polos "peleóns" que sodes, que defendedes a capa e a espada os vosos dereitos.

Nunca esquecerei a benvida que me déstedes cando cheguei por primeira vez ao insti. Sentínme moi afortunada por tervos a vós, pola paisaxe que tiñades desde aquelas ventás, por todos os compañeiros do cole, tanto alumnado coma profesorado.

Grazas!!!


* Déixovos aberto o blogue, podédolo visitar cando queirades e facer os xogos interactivos que vos deixo nas diferentes pestanas; ollalo por días... como vos guste.



Recomendacións para o verán:

- Disfrutar coa familia.
- Disfrutar con amigos.
- Coñecer e facer a algún amigo/amiga máis
- Ler moito: cómics, curiosidades, contos... (en voz alta mellor)
- Escribir algo: inventar contos, facer un diario de algún día...
- Xogos no que se empregue o cálculo matemático (para non olvidar as tablas)
- Debuxar e pintar
- Aprender a facer novas tarefas, como axudar na casa a algo, pagar no supermercado (coas medidas hixiénicas moi presentes), cociñar en familia, facer un puzzle ou algo con alguén...
- Cargar as enerxías para superar 5º con sobresalientes!
e sobre todo...
-  COIDARVOS MOITO!!!



  • Queredes saber os resultado da enquisa sobre este curso?

0 100% ten ganas de vacacións!!!

As palabras coas que definides este curso son:
- emocionante
- corto
- cuarto
- difícil (3)
- mal
- diferente
- entretido
- rarísimo

O que cambiaríades deste curso a gran maioría puxo o confinamento, que o cambiaríades por ir a escola á clase coma era o esperado.



Aquí vos quedan as redaccións de fin de curso que fixestedes algúns pelegríns, son escritos de valoración deste curso e de despedida. GRAZAS POLO VOSO TRABALLO! 👏👏😍

ANA

HUGO VILLAR

HUGO ABRAIRA
LUCAS

XIANA

ANTÓN



Así queda a clase na que pouco tempo tivemos, case queda sen "reestrear". 😅


Clase baleira, falta recoller.
A miña mensaxe para vós!


Ata a próxima!!!

👋👋😢😭😭😜😍💓👀👀💨😘😘😘😘🙋



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Venres 19 de xuño

🙋Bos días!! Chegamos á "clase á distancia" número 60. Último día deste trimestre e derradeiro deste curso 2019/2020. Q...