Que tal a finde?💬
Estou coleccionando as bandeiras da UE, pero fáltanme parte da colección. Grazas aos que enviastedes o traballo!
E unha cousiña... sabíades que os nomes propios (de países, nomes de persoas...) se escriben en MAIÚSCULA INICIAL????
ou non volo dixeron nunca??? 🙈Non pode haber eses erros nuns pelegríns de 4º (case 5º) coma vós!!
Xa estamos con outra nova semaniña!!
Esta semana é a 🎉Semana das Letras Galegas🎉, así que teremos que traballar máis galego que castelán.
Comecemos!!
* LINGUA GALEGA:
Que tal vos foi cos xogos de detectives?? Destes coa contrasinal en todos??Eu xa vos dicía que era para detectives expertos!! Non calquera chega ata o final. Pero canto máis se intente máis claras veremos as pistas.
Esta semana seguiremos traballando con Ricardo Carballo Calero, para coñecelo máis, sobre a súa vida e a súa obra. Hoxe centrarémonos máis en fichas interactivas. Recordades como se facían e enviaban?
O xoves 7 puxéravos este vídeo titorial:
Para repasar o traballado nos últimos días primeiro propóñovos un rodo-cuestionario para que escollades a opción correcta que contesta a pregunta desa cor:
- Ruleta:
Despois, centrarémonos nunha obra do autor:
- Un relato dirixido ao público infantil escrito por Ricardo Carballo Calero foi:
"As pitas baixo a choiva"
⛆⛆⛆⛆⛆⛆⛆⛆⛆⛆⛆⛆⛆⛆⛆⛆⛆⛆⛆⛆⛆⛆
🐔🐓🐓🐓🐓🐓🐓🐓🐓🐓🐓🐓🐓🐓🐓🐓🐔
A continuación terás que facer unha ficha interactiva relacionada con este conto. O vídeo que aparece nela vese moi pequeniño, así que mellor visualiza o seguinte:
Unha vez que coñeces a historia... Era como a imaxinabas?
Realiza agora a ficha interactiva que son actividades relacionadas co conto que acabas de escoitar. (Se premes nos símbolos de "play" escoitas o enunciado. O debuxo final é opcional, se o queredes facer facédeo no caderno de galego.)
As pitas baixo a choiva. Carvlho Calero, una ficha interactiva de lauracasteleiro
liveworksheets.com
liveworksheets.com
Preme aquí e terás un interactivo sobre as protagonistas do conto: "As pitas baixo a choiva".
Deberás ler a información e a pregunta e contestar, para pasar ao seguinte fai click na frecha azul inferior á dereita. Con isto, estarás a repasar o vocabulario.
Deberás ler a información e a pregunta e contestar, para pasar ao seguinte fai click na frecha azul inferior á dereita. Con isto, estarás a repasar o vocabulario.
* MATEMÁTICAS:
- Corrección de la página 153 ejercicios 2, 3, 8, 9 y 10
- Después, acabaremos con lo que nos queda de la página 153:
- ejercicio 6 (operaciones con decimales, recordad cómo se colocan las comas unas encima de otras para sumas y restas; para multiplicar sólo las añadimos en el resultado según los números decimales que tengamos).
- ejercicio 11 (problema sobre un repartidor de supermercado, así que tendrá que repartir...)
- ejercicio 12 (problema con fracciones)
Por si quieres practicar mates en línea, (opcional) te dejo algunos juegos para repasar las tablas de multiplicar:
- Elige la tabla que quieres repasar y juega.
- ArbolABC_Juegos tablas de multiplicar (Primero puedes ver las tablas para repasarlas/estudiarlas, luego si bajas más te aparecen muchos "Juegos de multiplicar"), tendrás mucho que elegir porque cada tabla tiene tres juegos:
- MEMORIA asociar la multiplicación con el resultado (memory)
- QUE DESORDEN tienes que arrastrar la solución a la multiplicación.
- QUIZ tienes que pulsar en la solución de la multiplicación.
*CIENCIAS DA NATUREZA:
O último día coñecemos a función de nutrición das plantas, é dicir, cómo se alimentan.Lembrades que para facelo as plantas precisaban sales minerais, auga, luz solar e dióxido de carbono?
A cambio de tomar esas substancias para elaborar o seu alimento expulsaba ao exterior osíxeno (que é o gas que precisan todos os seres vivos para vivir). Estre proceso recibe o nome de FOTOSÍNTESE.
Isto 👆 é o resumo do outro día. Tédelo que saber.
Hoxe imos estudar outra función que fan as plantas (igualiño que as plantas e os animais). A RESPIRACIÓN.
As plantas cando respiran?
- Sempre!! De día respiran suaviño e fan a fotosíntese (necesita a luz solar) e de noite a planta respira. Por iso dicimos que as plantas non contaminan, xa que elas mesmas toman o que producen: fan o seu alimento e incluso fabrican osíxeno para logo respirar. Son tan traballadoras!
Para respirar toman osíxeno do aire e despois desprenden/expulsan dióxido de carbono.
- Le a páxina 87 do libro.
- Visualiza a seguinte presentación e vídeo:
Para repasar a fotosíntese, realiza no teu caderno:
- páxina 94 exercicio 4 (tedes que facer un esquema gráfico como por exemplo o debuxo da árbore da páxina 86) Aquí outro exemplo, pero tédelo que facer en GALEGO
- Páxina 94 exer. 5.
Que pasedes un bo día!! Sigo esperando bandeiras para ter a colección completa e corrixide as maiúsculas!
Saudiños!
Ningún comentario:
Publicar un comentario