LEANDRO LAMAS
As obras deste artista son moi moi coloridas e alegres, como por exemplo:
AQUÍ TEDES AS INSTRUCCIÓNS PARA FACER UN DEBUXO COMA EL. Non ensina o resultado ata o final.
O truco está en ir moi amodiño, fixarse e non calcar nada o lapis, trazos moi suaviños!!!!!
(Leandro Lamas sempre fai moitas formas xeométricas como base para facer os debuxos e despois borra todas esas liñas)
A actividade ten 12 pasos só para facer o debuxo, se lle queredes dar cor sería o paso número 13.
Paso 1: traza suavemente unha liña horizontal pola metade do folio (dóbrao primeiro suavemente e así xa sabes por ondes tes que trazar co lapis)
traza suavemente unha liña vertical pola metade do folio. Este sería o resultado:
e na parte inferior do folio traza unha liña horizontal.
Paso 3: na esquina superior da esquerda, fai dous círculos.
no rectángulo que parece unha gran ventá, tes que debuxar un óvalo e as formas que fixo o autor, ben encadradiñas no seu sitio.
na liña recta inferior deberás facer unha liña que fai tres ondas como ves na imaxe.
Paso 4: agora debes debuxar nos rectángulos da esquerda outro óvalo e as formas do debuxo (parece unha persoa, verdade?)
Tamén debes debuxar no rectángulo da dereita un rectángulo.
Paso 5: debes ir completando con máis formas: unha circunferencia enriba da liña da metade e que a parte no medio pola liña do gran rectángulo... e máis rectángulos e liñas. Fíxate onde o tes que poñer.
Paso 6: sigue completando o teu debuxo: parece que tes facer brazos e pernas.
Paso 7: borra con moito coidadiño as liñas que desapareceron nesta imaxe con respecto ao anterior paso. Ten coidado de non romper a folla, de non facer borrallóns, etc.
Paso 8: agora imos trazar unhas cruces nas caras (súper suave que a imos borrar no seguinte paso) para situar as súas partes e imos poñer melena a ese dous personaxes. Tamén deberedes dar forma ao libro e debuxarlle a roupa a segunda persoa da imaxe.
Ao círculo da man esquerda... mira que é! Un canciño! Debúxalle o rabo, a pata e a cariña co seu ollo, fociño e orella.
Imos poñerlle roupa a nena máis alta, marcarlle os pantalóns.
No rectángulo do lado dereito, faille forma de botella.
Debuxa liñas no libro, e decoraremos o rectángulo que está entre o libro e a botella.
Debuxa tamén eses ovaliños no que parece auga, e fai un semicírculo no borde esquerdo preto do xeonllo da nena alta.
Traza liñas finas e cortas no rectángulo grande central, na parte de arriba e de abaixo.
Decora as camisetas das protagonistas, borrando liñas sobrantes e marcando as liñas da boca, nariz, roupa, etc.
O semicírculo de abaixo á esquerda que debuxaches no paso 10, tes que bordear o seu borde e poñer círculos por riba das dúas liñas. (Que será, será??)
Os óvalos de abaixo, hai que darlle forma de peixiños.
Faille unhas manchiñas ao cadeliño que durme a sesta.
A botella imos poñerlle etiqueta facendo un simple rectángulo.
Observa ben o debuxo por se che quedou algún elemento sen rematar.
Que che parece a obra final?
Paso 13: Asina a túa obra, faille unha fotografía e mándama!!!
Despois, se lle queres dar cor, podes mandarme outra fotografía do teu debuxo pintado. Pero primeiro quero ver o debuxo en blanco e lapis.
OS DEBUXOS DE PELEGRÍNS DE 4º
Debuxo de Meredith Fabiola
Debuxo de Hugo Villar (As protagonistas botaron moita crema na cara para protexerse do sol😊)
Debuxo de Melissa
Debuxo de Antón
Debuxo de Samuel
Debuxo de Sergio
Debuxo de Hugo Abraira
Debuxo de Lucas
Debuxo de Xiana
Aquí tedes o vídeo cos vosos debuxos:
GRAZAS ARTISTAS POLO VOSO TRABALLO!
Ningún comentario:
Publicar un comentario