venres, 19 de xuño de 2020

Venres 19 de xuño

🙋Bos días!!

Chegamos á "clase á distancia" número 60.
Último día deste trimestre e derradeiro deste curso 2019/2020.


Que mágoa me dá todo isto... 😢

Que alegría para vós que non tedes que estar pendentes dos libros nin das tarefas nin das miñas instruccións, a que sí?

Quero que confiedes en vós mesmos, coidádevos moito de vós mesmos e das vosas familias.
Gozade do verán e a volver con moitas ganas de traballar para o próximo curso!!! Que boa falta han de facer, xa veredes... pero con traballo ídelo superar sen problema.

A actividade que vos propoño para hoxe é que visualizades os vídeos de todo canto traballastedes, miredes as fotos dos vosos traballos.

Estou súper contenta de tervos como alumnos e alumnas, aprendín moito con vós!!
Sodes os únicos pelegríns que terei no meu corazonciño. E o nome de pelegríns non foi só polos disfraces, senón polos "peleóns" que sodes, que defendedes a capa e a espada os vosos dereitos.

Nunca esquecerei a benvida que me déstedes cando cheguei por primeira vez ao insti. Sentínme moi afortunada por tervos a vós, pola paisaxe que tiñades desde aquelas ventás, por todos os compañeiros do cole, tanto alumnado coma profesorado.

Grazas!!!


* Déixovos aberto o blogue, podédolo visitar cando queirades e facer os xogos interactivos que vos deixo nas diferentes pestanas; ollalo por días... como vos guste.



Recomendacións para o verán:

- Disfrutar coa familia.
- Disfrutar con amigos.
- Coñecer e facer a algún amigo/amiga máis
- Ler moito: cómics, curiosidades, contos... (en voz alta mellor)
- Escribir algo: inventar contos, facer un diario de algún día...
- Xogos no que se empregue o cálculo matemático (para non olvidar as tablas)
- Debuxar e pintar
- Aprender a facer novas tarefas, como axudar na casa a algo, pagar no supermercado (coas medidas hixiénicas moi presentes), cociñar en familia, facer un puzzle ou algo con alguén...
- Cargar as enerxías para superar 5º con sobresalientes!
e sobre todo...
-  COIDARVOS MOITO!!!



  • Queredes saber os resultado da enquisa sobre este curso?

0 100% ten ganas de vacacións!!!

As palabras coas que definides este curso son:
- emocionante
- corto
- cuarto
- difícil (3)
- mal
- diferente
- entretido
- rarísimo

O que cambiaríades deste curso a gran maioría puxo o confinamento, que o cambiaríades por ir a escola á clase coma era o esperado.



Aquí vos quedan as redaccións de fin de curso que fixestedes algúns pelegríns, son escritos de valoración deste curso e de despedida. GRAZAS POLO VOSO TRABALLO! 👏👏😍

ANA

HUGO VILLAR

HUGO ABRAIRA
LUCAS

XIANA

ANTÓN



Así queda a clase na que pouco tempo tivemos, case queda sen "reestrear". 😅


Clase baleira, falta recoller.
A miña mensaxe para vós!


Ata a próxima!!!

👋👋😢😭😭😜😍💓👀👀💨😘😘😘😘🙋



xoves, 18 de xuño de 2020

Xoves, 18 de xuño

👋👋👋Oooolaaaaaa! Que tal? Como ides?😃
Con nervios? Agora xa tranquilos, que rematamos!

Xa con espíritu de "aí vén o verán"?


Aquí vos deixo as actividades para hoxe:

* LENGUA CASTELLANA:

Seguimos repasando contenidos mediante juegos:
hoy os presento otros dos: Ortodesafío (como el juego Boom) y Familia de palabras

ORTODESAFÍO:

En el siguiente juego tienes que marcar la forma correcta de escritura del dibujo que te presentan. Es una forma divertida de repasar la ortografía, tendréis que llegar todos al máximo número de puntos que es muy sencillo, ya veréis. 😉




FAMILIA DE PALABRAS:

Pulsa en la palabra que no pertenece a la misma familia que las demás. Después pulsa la fecha ⇩ para pasar a la siguiente pantalla.





* MATEMÁTICAS:

Hoy os propongo un repaso general de matemáticas, son contenidos de 3º y 4º primaria, así que veréis como es muy facilito. Este repaso lo haremos en un Kahoot!!

  • Clic en el siguiente enlace 👉Kahoot_Repaso general de MATE fin de curso
    • Tenéis hasta el fin de mes para hacerlo las veces que queráis. Escribíis vuestro nombre, play y clic en la respuesta correcta, luego en "next".

ACTIVIDADES PENDENTES para pelegríns que aínda non as fixeron:

  • Rematar redacción de fin de curso e enviarma.
  • Avaliar á profe cubrindo unha ficha interactiva:
    • Preme na seguinte ligazón👉 AVALIACIÓN DA PROFE NURIA 
    • Logo le e contesta as preguntas. Cando a teñas lista, clic en "¡Terminado!" e por último escribe o teu nome e envía, para que me chegue a min a fichiña.
  • Valoración do curso académico 2019/2020: 



Boa tarde de xoves pelegríns!!


mércores, 17 de xuño de 2020

Mércores, 17 de xuño

🙋Bos días!

Como ides?  Estades rematando coas redaccións sobre o curso?

Que vos pareceron os retos de onte???
Algún si que é hai darlle duro ao maxín... pero conséguense!

Xiana, Melissa e Antón conseguírono!
🎉👏👏👏👏👏



As actividades para hoxe son amenas pero precisades conexión de Internet:

* SOCIAIS:

Imos facer como un concurso toda a clase sobre a Prehistoria, e como imos facer isto, pois con un Kahoot!

O último xoves propúxenvos varios para repasar previamente cada período da Prehistoria, aquí tedes de novo as ligazóns, xa que participaron poucos no ránking:



Estou contentísima polos que participástedes! 
👏👏👏👏👏👏👏

Kahoot: repaso de toda a Prehistoria:




* LINGUA GALEGA:

Ficha interactiva para poñer nota a Nuria coma profe. Agradezo a sinceridade!
A imaxe da ficha é a seguinte, pero para cubrila tedes que premer na ligazón que está abaixo.

Preme na seguinte ligazón👉 AVALIACIÓN DA PROFE NURIA
Logo le e contesta as preguntas. Cando a teñas lista, clic en "¡Terminado!" e por último escribe o teu nome e envía, para que me chegue a min a fichiña.

Moitas grazas!!!

En moitas ocasións son os alumnos os que poñen a nota ao profesor/a!!!



Isto é todo para por hoxe!

Saudiños e deséxovos bo día! 😃



martes, 16 de xuño de 2020

Martes 16 de xuño

🙋Ola!!

Hoxe imos co repaso de Lengua e Naturais.

Primeiro, déixovos o vídeo de como traballades para coidar o Medio Ambiente!!




* LENGUA CASTELLANA:

Tenemos sin corregir aún, así que te toca a ti hacer la autocorrección:

del jueves 11.06.20 lo siguiente: Pág. 161 ejer. 2, 3, 4, 5, 7, 8 y 9.

Pág.161 ejer.2:
Las palabras de la primera línea pertenecen al campo léxico de la agricultura.
Las palabras de la segunda línea son del campo léxico de el circo.

Pág.161 ejer.3:
a) Nosotros o Nosotras.
b) Vosotros o Vosotras.
c) Yo.

Pág.161 ejer.4:
a)Yo.
b) Ellas o Ellos.
c) Vosotros o vosotras.

Pág.161 ejer.5:
a) Me apetece un zumo de naranja.
b) Ayer fuimos al mercado del barrio.

Pág. 161 ejer 7:
a)Recalentar: el prefijo es "re-"
b)Monodosis: el prefijo es "mono-"
c)Multivitaminas: el prefijo es "multi-"
d)Superpotencia: el prefijo es "super-"

Pág.161 ejer.8:
Este es más personal:
a) zapatos: Sus zapatos azules.
b) monopatín: Mi monopatín nuevo.

Pág.161 ejer.9:
Este también es personal: una respuesta modelo podría ser:
a) geo-: geometría, geografía, geólogo...
b) gen-: gente, gentío, genética, gentilicio, generosa...
c) gem-: Gema, gemelo, gemir...
d) gest-: gesta, gestoría, gestión, gesto...


Pág. 167 ejer. 1, 2 y 3 del miércoles 10.06.20
Pág.167 ejer.1:
Campo semántico de:
- frutas: ciruela, albaricoque, naranja, cereza, piña. Y dos que tenéis que añadir, por ejemplo: manzana y melocotón.
- hortalizas: espinaca, alcachofa, coliflor, remolacha, lechuga. Y dos más: calabacín y acelga, por ejemplo.

Pág. 167 ejer.2:
El "tenedor" es la palabra que no pertenece al mismo campo semántico que las demás (verbos de cocinar).
Acciones de cocinar: (en vez de tenedor, por ejemplo escribo freír) guisar, hervir, batir y hornear.
Pág.167 ejer.3:
Las palabras destacadas en el texto (algodón, azabache, cristal) pertenecen al campo semántico de los materiales.
Tres palabras que podéis añadir: madera, plástico, metal, aluminio, cartón...


Actividades para hacer hoy:

  • Repasamos contenidos del curso...   ¡¡¡jugando!!!

RETO LENGUA: RESCATA JUGUETES DE TOY STORY

Tenéis que resolver 5 misiones (en cada una tenéis que rescatar a un juguete de la saga Toy Story) Anota la cifra que os da cada misión al resolverla (porque lo necesitarás para meter el código final).

Después de resolver las 5 misiones tenéis que marcar la contraseña, una cifra por cada misión.

Cuando tengáis la recompensa me decís a mí cuál era el código. Para saber que lo lograsteis!

¡Ya veréis que divertido! Para empezar pulsa en "Introducción"


SINÓNIMOS:

Anota en tu libreta los sinónimos que vas encontrando:
Por ejemplo:
"COMENZAR" es sinónimo de terminar, empezar o cansado?
El sinónimo es empezar, ¿verdad?
Pues entonces sigo la flecha que marca la palabra empezar y leo la siguiente palabra que aparece en el recuadro: "RÁPIDO" (leo las palabras de las flechas y la que sea sinónimo de rápido es la que sigo, y así sucesivamente.

Luego debajo anotas la clave y me pasas la foto para saber que superaste el reto!

La clave son cuatro letras:
- la primera es la inicial del último cuarto sinónimo que encontraste (palabra que está en el recuadro, no en la flecha)
- la segunda letra de la clave es la inicial del antepenúltimo sinónimo que encontraste,
- la tercera letra de la clave es la inicial del penúltimo sinónimo
- y la cuarta letra de la clave es la inicial del último sinónimo

Aquí tienes el RETO de sinónimos:



* CIENCIAS DA NATUREZA:

Hoxe en Naturais propóñovos uns experiementos e un test.

  • Facer o experimento da páx.112.

Este experimento é para comprobar como de verdade o aire ocupa un espazo. Do mesmo xeito que cando inflamos un globo este aumenta.

Outro experimento para a mesma comprobación que podedes facer é  cunha xeringa:
- se tedes unha xeringa na casa (dun xarabe mesmamente)
- probade a empurrar tapando a saída do aire. Veredes que temos que facer moita forza porque o aire non deixará avanzar a xeringa.
Se non tapamos a saída do aire avanza porque vai empurrando o aire para fóra sen ter maior resistencia.


  • Test sobre a última unidade que traballamos:



E para rematar...

Déixovos outro vídeo! Este é da actividade de Plástica da semana pasada.

Consistía en facer composición de fotos cambiando a mirada das mascotas para expresar outros sentimentos.
😷Xa sabedes que agora que andamos coa boca tapada hai que fixarse ben nos ollos para entender o sentimento que está expresando esa persoa.

Aquí tedes os resultados...

GRAZAS POR PARTICIPAR E DARLLE Ó VOSO MAXÍN!!👏👏😉




Que teñades bo día!


luns, 15 de xuño de 2020

LUNS 15 de xuño

👋👋Bos días!!

Estamos na última semana de clase!

Que ganas teríades todos de rematar con isto, a que si?

Pois agora xa non queda nada. Este ano foi moi raro para todos e todas, tanto alumnado como familias como profesorado. Pero a verdade é que o fomos superando todos grazas á colaboración e traballo. GRAZAS A TODOS e TODAS!!!

Non obstante, imos traballar ata o final, tal e como pelegríns que sodes, ata o final do camiño. Iso si, ao ser a última semana imos cambiar algo o horario/tipo de actividades. Xa iredes vendo.

Hoxe imos traballar as materias que nos tocaría:

* MATEMÁTICAS:

Para repasar las tablas de multiplicar, os propongo una sencilla ficha interactiva. Tienes que pulsar en el enlace y escribir el resultado de la multiplicación.

Una vez cubierta, clic en ¡Terminado! y escribe tu nombre. Después revisa tu nota. Hay un error en la ficha, así que no os preocupéis que siempre reviso las cualificaciones.

Hay que corregir los ejercicios del último día, jueves, que eran de la página 183 ejer. 3, 4 y 6.

Solución del ejer.3 de la pág.183:
a) 21,9 + 8,237 = 30,137      d) 15,3 + 8,67 + 2,954 = 26,924
b) 8,68 + 17,5 = 26,18          e) 136,9 + 4,321 + 21,5 = 62,721
c) 2,3 - 1,789 = 0,511            f) 32,8 - 9,25 = 23,55

Solución del ejer.4 de la pág.183:
En dm:  a) 38 dm          c) 63 dm
              b) 54 dm          d) 79 dm

En cm: a) 205 cm       c)  590 cm
            b) 46 cm         d) 860 cm

En mm: a)1007 mm      c) 805mm
              b) 69 mm        d) 9030 mm


Solución del ejer.6 de la pág.183:
Datos: 590 árboles
            2/5 de todos los árboles son naranjos
            el resto son limoneros
Pregunta: ¿Cuántos limoneros hay?

Cálculos: 2/5 de 590= (2 x 590) : 5 = 236 árboles son naranjos.

Si a todos los árboles le saco los naranjos, me quedan sólo los limoneros:
590 - 236 =  354 árboles son limoneros.

Solución: Hay 354 limoneros en la finca de Leandro.


* CIENCIAS DA NATUREZA:

Imos correxir as actividades que quedaron pendentes:

Páx. 109 exer. 2:
A partir da madeira un material artificial que se obtén é o papel. Para iso séguese este proceso:
- Primeiro tritúrase a madeira e fabrícase unha pasta con cola e outros produtos.
- Despois, a pasta fíltrase para eliminar impurezas.
- A continuación, a pasta esténdese sobre unha cinta móbil e fórmase o papel.
- Por último, o produto final almacénase en bobinas.

Páx. 114 exer.4:
a) Os materiais artificiais poden atoparse na natureza. É falso porque os materiais artificiais fabrícanse a partir de materias primas.
b) As materias primas son as substancias que serven para fabricar materiais artificiais. É verdadeiro.
c) Para fabricar cerámica mestúrase auga con plástico. É falso porque para fabricar cerámica mestúrase auga con arxila.
d) O ferro extráese de diversos minerais. É falso porque o ferro obtense do olixisto.

Páx. 115 exer.7:
a) É un sombreiro que parece que está fabricado de palla.
b) A palla é un material natural que procede das plantas.
c) Poderíase realizar con rafia, que é unha fibra sintética, con tea de algodón, con plástico para a chuvia, con la...

Para facer:
  • Lectura das páxinas 110 e 111 "Substancias puras e mesturas"
  • Visiona os seguintes vídeos: Axudaranche a entender mellor o que acabas de ler, con exemplos:



  • Preme na ligazón que che indico abaixo da imaxe para facer a seguinte ficha interactiva sobre as substancias puras e mesturas:
    • O primeiro exercicio é opcional porque se necesita o complemento flash player.
PREME NA LIGAZÓN para facer a ficha interactiva 👉 Sustancias puras y mezclas.
Unha vez acabada só terás que facer clic en "¡Terminado!" e escribir o teu nome.


* LINGUA GALEGA:

A actividade de escritura que vos vou pedir para esta semana é unha redacción sobre este curso.

  • Escribe unha pequena redacción sobre este curso.
    • Podes contar o que queiras ti. Por exemplo, algún punto que se me ocorre a min:
      •  que foi o que máis che gustou...
      •  o que menos...  e que cambiarías
      • que botaches máis de menos no confinamento
      • se foses ti o mestre/a que farías durante o tempo de confinamento...
  • Quero publicalas no blogue como despedida do curso, así que facédeas bonitiñas!


Vouvos poñer unha enquisa para valorar este curso e unha folla para avaliarme a min (outro día). Pensaba poñérvolo mañá, pero penso que as preguntas da enquisa vos serven para facer a redacción anterior, así que aquí tedes o modelo para ir pensando as respostas.

Podédela cubrir hoxe, mañá ou mércores. Cando mellor vos veña e podades, vale??

É obrigatorio contestar a todas as preguntas.



Que pasedes bo día e boa tarde!! Saudiños pelegríns!! ✋

xoves, 11 de xuño de 2020

Venres, 12 de xuño

👋👋Bos días!!
Xa rematamos unha semana máis! Imos pola clase número 55, só quedan 5 máis.

Déixovos aquí máis fotomontaxes coa actividade de plástica desta semana: Ollos e miradas.

Ollos e miradas de Hugo Villar

Nova mirada da mascota de Melissa

Fabiola cambioulle a mirada a un peluche xigante!

Nova mirada para o michiño ou michiña de Hugo Abraira

Moitas grazas por participar e enviarme os vosos resultados!!
       👌👍👏👏👏👏👏👏👏😄


📃📃As actividades para hoxe, son:

* LINGUA GALEGA:

  • Lectura do libro de texto das páxinas 162 e 163, titulada "Un premio inesperado"
  • Páx.164 exercicio 4 (son preguntas de comprensión lectora para facer no caderno)
  • Contesta no teu caderno e envíame unha fotografía do teu escrito📝:
    • 1.Tiveches algunha vez un Premio?  (gañar un partido, un sorteo, un reto, un diploma, un aplauso, un trofeo...)
    • Cando o recibiches?
    • Que era? 
    • Escribe que fixeches para recibilo e como te sentiches.


* LINGUA CASTELÁ:

En relación con la lectura anterior de Gallego, la actividad es:

  • Escribe una redacción sobre un viaje que te gustaría hacer.

Para ayudaros con lo que tenéis que escribir en la redacción os dejo preguntas que deberíais contestar y separar con signos de puntuación en vuestro escrito.

  • ¿Con quién te gustaría ir? ¿Por qué?
  • ¿Cómo viajarías (en tren, avión, bicicleta, caminando...)
  • ¿Cuándo harías ese viaje?
  • ¿A dónde te gustaría ir?
  • ¿Qué te gustaría hacer allí?


CONSEJOS PARA REDACTAR:

  1. Lee las preguntas primero y piensa lo que vas a contar.
  2. Ve escribiendo la respuesta a cada pregunta (en forma de redacción) y pon algún signo de puntuación.
  3. Lee en voz alta todo lo que escribiste. Si necesitas hacer una pausa para respirar es necesario que haya un signo de puntuación (coma o punto, por ejemplo)


Por favor, enviádeme as actividades de hoxe cando as teñades!📝

Deséxovos unha boa fin de semana!


Xoves, 11 de xuño

👩👋Bo día!

As actividades para facer hoxe son💪:

* MATEMÁTICAS:

A continuación os dejo la solución de las tareas de mates de ayer, para que corrijáis:
- Pág.183 ejer. 1 y 5.
Ejer. 1:
a) 5 x 2 - 4 = 6
b) 6 + 10 - 8 = 8
c) 7 - 4 + 18 = 21
d) 11 x 3 - 28 = 5
e) 18 - 10 + 5 = 13
f) 15 - 6 - 4 = 5

Ejer. 5:
Datos: 35 tiendas con 4 personas   y  12 tiendas con 6 personas
Pregunta: ¿Cuántas personas hay en total en las tiendas?
Cálculos: 35x4 + 12x6=
35x4= 140 personas cogen en las tiendas para 4.
12x6= 72 personas en las tiendas para 6.
En total (140+72) hay 212 personas.
Solución: Hay 212 personas en total en las tiendas.

Ahora seguiremos con repaso. En vuestra libreta, hacéis:

  • Pág. 183 ejercicios 3, 4 y 6.


* SOCIAIS:

Imos correxir as actividades que están pendentes:

Páx. 104 Preguntas de "Traballa coa imaxe"
1. A imaxe A representa bisontes e na imaxe B hai cervos, touros, algunha cabra...
2. Na imaxe A os animais son máis parecidos á realidade, tanto polo relevo como polo uso de dúas cores, o que permite dar profundidade.
3. Na imaxe A usáronse máis cores.
4. Na imaxe B represéntanse persoas. Son alongadas, pintadas cunha soa cor e de forma esquemática.
5. A imaxe do Paleolítico é a A, pois representa animais illados e con realismo.
6. A imaxe do Neolítico é a B. Representa persoas formando unha escena; as figuras son alongadas, esquemáticas e a unha soa cor.


Páx. 105 exer. 1 e 2.
exer.1:
As pinturas rupestres ou "pintura das rochas" son aquelas que realizaban os seres humanos da prehistoria sobre as paredes de reocha e os teitos das covas.

exer. 2:
Desde finais do Neolítico, os seres humanos construíron monumentos con grandes pedras, aos que se lles chama monumentos megalíticos. Os máis importantes eran os menhires, os dolmens e os crómlechs.

Páx. 106 exer. 1, 2 e 3 sobre as grandes invencións/acontecementos.
exer.1: b)Elaboración de ferramentas de metal: Idade dos Metais.
c) Invención da cerámica: Neolítico.
d) Aparición do ser humano: Paleolítico.
e) Comezo da agricultura: Neolítico.
f) Invención da roda: Idade dos Metais.

exer.2:
Do máis antigo ao recente:
Aparición do ser humano → Descubrimento do lume → Comezo da agricultura → Invención da cerámica → Elaboración de ferramentas de metal → Invención da roda.

exer.3:
No esquema debaixo do Paleolítico: descubrimento do lume e Aparición do ser humano.
No Neolítico: Comezo da agricultura e Invención da cerámica.
Na Idade dos Metais: Elaboración de ferramentas de metal e Invención da roda.

Páx. 107 exer 3. "Palabras clave" Contesta as preguntas sobre a Prehistoria.
1. O lume.
2. Con pedra e óso.
3. A gandaría e a agricultura.
4. Con pedra puída.
5. Os metais. Con eles fabricaron armas, ferramentas e adornos.
______

Unha vez rematada a unidade da Prehistoria, imos facer probas para avaliar o que si coñecedes deste período. Non pasa nada por errar, así apréndese.
  • Test sobre a unidade:
Le as preguntas e marca a resposta correcta.

* LINGUA CASTELÁ:

Hiciste ya el kahoot de repaso de lengua que te propuse el martes? Aún lo puedes hacer o repetir si quieres:
Escribe tu nombre, lee bien la pregunta y elige la respuesta correcta. Luego pulsa en "Next".

Hoy repasaremos un poquito, así que haz en tu libreta:
  • Pág. 161 ejercicios 2, 3, 4, 5, 7, 8 y 9. Son cortitos.

A pasar bo día! 😉


mércores, 10 de xuño de 2020

Mércores, 10 de xuño

Ola!! 🙋  Bo día!!

Que tal vos foi coa actividade de Plástica? 
O meu obxectivo era que aprendesedes a debuxar miradas de diferentes sentimentos e vos divirtirades facendo fotomontaxes. Se non tedes mascota, podesdes poñerlle os vosos ollos debuxados a un peluche, mesmamente!

Aquí vos quero ensinar algún resultado.
 Que vos parecen?
Sabedes que sentimento representan estas miradas?

Gatiño de ANTÓN

Gatiño de ANTÓN

Xatiña de ANTÓN

A min encantáronme!!!! Moitas grazas Antón!!

Para que quede ben a fotomontaxe tedes que intentar só tapar os ollos para poñer os que debuxástedes. Se tapades toda a cara non queda tan ben. Antón e a súa familia fíxoo moi ben, porque só substituíu os ollos por outros.  👏👏👏👏👏
Para iso podedes acercar os ollos ou poñelos lonxe para que vos encadre ben na cámara.

Xiana tamén me mandou o seu traballo. Aquí tedes todas as miradas que fixo e a súa fotomontaxe:

Miradas de XIANA

Mascota de XIANA


O traballo para hoxe, consiste en:

* MATEMÁTICAS:

Vamos a seguir repasando:

  • Página 183 ejercicios 1(operaciones combinadas) y 5 (problema)


* LINGUA CASTELÁ:

¿Recuerdas la diferencia del campo léxico, familia y campo semántico?

Un campo semántico son un grupo de palabras del mismo tipo (todo sustantivos, todo verbos, todo adjetivos...) que tienen en común una parte del significado.

Para trabajar el campo semántico tendréis que hacer 3 ejercicios en la libreta.

  • Página 167 ejercicios 1, 2 y 3.

* CIENCIAS DA NATUREZA:

Primeiro imos correxir:

exer. 1 da páx. 107:
As propiedades dos minerais, que os diferencian uns dos outros, son: a cor, o brillo, a dureza e a forma.

- exer 2 e 3 da páx. 114:
EXER:2.Os materiais de orixe mineral son os que se extraen das minas e das canteiras. Estes xacementos dos que se obteñen poden ser a ceo aberto (como unha louseira) ou poden escavarse na terra túneles que, en moitos casos, chegan a ser moi profundos (como unha mina).
EXER.3. É persoal. Un exemplo para cubrir a táboa podería ser...
Rochas: mármore (uso: para mesados) e petróleo (uso: para fabricar plástico).
Minerais: ouro (para xoias) e sal (para condimento).


Para hoxe:
  • Lectura das páxinas 108 e 109 do libro.
  • No caderno realiza:
    •  o exercicio 2 da páx. 109
    • o exercicio 4 da páx. 114
    • o exercicio 7 da páx. 115
Mira o seguinte vídeo. Nel explícase como se fabrica o plástico (6 min)



* LINGUA GALEGA:

Con respecto ao vídeo anterior, contesta no teu caderno de Lingua:

1.Cal é a porcentaxe dos produtos que levan plástico?
2. Como podemos coñecer que tipo de plástico ten unha botella?
3. Tes diferentes tipos de plástico na túa casa?
4. Ti reciclas o plástico?
5. Escribe que meterías no colector amarelo para reciclar.


  • Busca na túa casa cal é o material máis abundante que se ve.
  • Cal é o principal material de envases que abunda na túa casa?



Que pasedes boa tarde!

martes, 9 de xuño de 2020

Martes, 9 de xuño

👋👋Ola, ola!!!!

Que tal??

Hoxe imos traballar...

* MATEMÁTICAS:

Primero tenemos que corregir el ejercicio 15 de la página 167:

a) Manzanas: si un kg cuesta 1,50€, 5kg ( 1,50 x 5) cuestan 7,50€
Limones: si un kilo vale 0,98€, dos (0,98 x 2) valen 1,96€.

b) Peras: si 2 kilos valen 1,90€ (divido entre dos y sé lo que vale uno= 1,90:2) entonces un kilo cuesta 95 céntimos. Son 0,95€.

c) Limones: si un kilo valen 0,98€ medio kilo es la mitad, así que lo divido entre dos (98:2) y me da que medio kilo vale 49 centímos.
Naranjas: si 5 kg cuestan 6€, (6€=600 céntimos) por lo que 600:5 y sé lo que vale un kilo de naranjas= 120 céntimos.

¿Hicisteis las operaciones de ayer? Enviadme una foto de ellas para verlas. Si no las hicisteis, hacedlas hoy.

Deberéis hacer en vuestra libreta:

  • Página 169, ejercicios 5, 6 y 7.

Juegos en línea (voluntario)




* CIENCIAS SOCIAIS: 

Unha vez que coñecedes as 3 etapas da Prehistoria (Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais) imos traballar un pouco coa arte prehistórica.

  • Visiona os seguintes vídeos para coñecer a arte na Prehistoria:


  • Fai unha lectura das páxinas 104 e 105 do libro de texto: "A arte da prehistoria"
Logo fai no teu caderno:

  • Páx. 104 Responde as preguntas de "Traballa coa imaxe" (Non necesitas copiar os enunciados)
  • Páx. 105 exer. 1 e 2.

Coñeces a Cova de Altamira?

Está preto de Santander (Cantabria). Se algún día ides de viaxe por Cantabria recoméndovos visitar Santander, Altamira, e o Parque Natural de Cabárceno.

Fai anos observaron que coas visitas da xente se estaban estragando as pinturas; polo que se decidiu facer unha réplica da cova, chamada "La Neocueva" para que a xente interesada en coñecer a arte da Cova puidese facelo entrando na Neocueva sen estragar a cova verdadeira.

(Voluntario) No seguinte vídeo explícase o que podes atopar alí.



* LINGUA CASTELÁ:

El último día, el viernes, os pedí un cartel para promover el cuidado del medio ambiente.

Aquí os presento los que recibí:

Cartel de ANTÓN

Cartel de M. FABIOLA

Cartel de HUGO ABRAIRA

Cartel de MELISSA

Cartel de SERGIO



Escribe tu nombre, lee bien la pregunta y elige la respuesta correcta. Luego pulsa en "Next".



* PLÁSTICA:

Gustouvos o "Passo a passo" de Leandro Lamas??

Para debuxar ben, tamén hai que seguir uns pasos e ir pouquiño a pouquiño sen calcar o lapis ata que temos o resultado. E coma todo, se non se practica, os debuxos non se melloran.

Os debuxos que me mandástedes están xenial, e iso é porque seguistedes os pasos ben e traballastes sen darvos conta, aplicando contidos de matemáticas: figuras xeométricas, proporcionalidade, liñas, etc.

Aquí vos deixo os vosos resultados e se premes aquí verás a pestana para todo o de Leandro Lamas:






Recordades o lettering coa palabra "MAYO"??
Aquí tedes os resultados (faltábame por incluír algún, agora creo que van todos)



E para facer hoxe...

Sabedes que debido a situación sanitaria na que nos atopamos é obrigatorio o uso de mascarillas.
 A que estamos moi raros todos??
A que custa coñecernos de lonxe?

Agora os nosos ollos e miradas son máis importantes ca nunca porque é o que ven os demais (a boca axudaba moito para saber se estabamos serios, se ríndonos...) E agora só cos ollos é máis difícil de adiviñar.


  • Pois imos facer MIRADAS!!


  1. Colle un folio e párteo en tiras.
  2. En cada tira debes facer unha mirada: ollos tristes, ollos enfadados, pensativos, durmidos/cansados, medosos, felices...
  3. Mira o seguinte vídeo e fai un estilo de ollos en cada tira. (se se che ocorre outro modelo podes facelo).
  4. No lado de atrás de cada tiriña escribe o sentimento que transmite.



  • Anímaste a facer unha fotomontaxe???

Colle a tira dun tipo de ollos e  "pono enriba dunha mascota" se a tes (é dicir, sostén a tira cos ollos que debuxaches tapándolle os ollos reais da túa mascota, de tal xeito que pareza que os ollos que lle pos ti lle caen ben, cambiando a súa mirada). Fai unha foto e verás que cara máis rara lle quedaría a túa mascota se tivese eses ollos que lle probas ti!

Envíame a foto se a conseguiches facer e publicareino no blogue para que a vexan os demais.


Que teñades bo día! Saúdos!!

luns, 8 de xuño de 2020

Luns, 8 de xuño

👋👋Bo día a todos e todas!!!

Comezamos a penúltima semana de curso!

Con enerxías??

📑As actividades para hoxe, son:

* LINGUA GALEGA:

Imos seguir traballando contidos relacionados co medio Ambiente:

Hoxe, imos traballar con vocabulario sobre a Ecoloxía.

Que é a Ecoloxía?
É unha ciencia que estuda as relacións entre os seres vivos e o medio no que viven.

Fai no teu caderno de Lingua Galega:
  • Páx.151 exer. 1, 2 e 3.

* MATEMÁTICAS: 

Las actividades para hoy de mates son:

  • Hacer en el cuaderno las siguientes operaciones:
    • 130,8 + 79,25 =
    • 98,55 - 34,95 =
    • 4832 x 7,9 =
    • 1927 x 65 =
    • 2795 : 23 =

          (arrastra cuadros, une con flechas y elige la opción correcta de las pestañas)
           Luego clic en ¡Terminado!→ escribe tu nombre, →y envía.

______________

Na pestana de "Reto matemático" podedes ver o ránking coas vosas medidas extremas de masa e de capacidade (moi grandes e moi pequenas).

Aquí déixovos as medidas que fostedes achegando algúns pelegríns:

  • RETO MATEMÁTICO de:  MELISSA

Unidade pequeniña de CAPACIDADE:
1 ml de perfume

 Unidades pequeniñas de MASA:

1 g   de   sal    

 Unidade grande de CAPACIDADE:
Depósito con  3000 l

Unidade grande de MASA:  
  
Saco enorme de penso con ata 1250 kg!

  • RETO MATEMÁTICO de LUCAS:

Unidade pequeniña de CAPACIDADE:
Xeringa con medida de ata 3 ml.

 Unidades pequeniñas de MASA:
Pomada de 2g         e     Pegamento de 4 g

 Unidade grande de CAPACIDADE:
Termo con capacidade ata 100 l

Unidade grande de MASA:
Peso que admite o tambor da lavadora: ata 8kg de roupa!
Nesta máquina tamén se traballa coas unidades de capacidade, nos litros de auga que gasta en cada lavado, na medida do deterxente que se bota...etc.

  • RETO MATEMÁTICO de XIANA:
Unidades pequeniñas de MASA:
                                    

Unidades pequeniñas de CAPACIDADE:

Unidade grande de MASA:


Unidade grande de CAPACIDADE:

  • RETO MATEMÁTICO de FABIOLA:
Unidade pequeniña de CAPACIDADE:
Perfume de  1 ml

 Unidade pequeniña de MASA:
Bote con  5 g

Unidade grande de MASA:
Caja de detergente de 5,04 kg

 Unidade grande de CAPACIDADE:
Botella para  3 l

  • RETO MATEMÁTICO de CARLOS:
 Unidade de medida grande de CAPACIDADE:
Botella de   5 l

 Unidade pequeniña de MASA:
Pomada en  mg




* CIENCIAS DA NATUREZA:

Aquí vos deixo o vídeo coas fotografías que me mandastedes co resultado do voso experimento "Sementes en algodón".

(Se falta as de alguén enviádeme as fotos e comentádemo)



* Hoxe en Natu imos coñecer máis as rochas e os minerais.

As pedras en xeoloxía (a ciencia que estuda a Terra) chámanse rochas. As rochas están formadas por minerais (é como se foran os ingredientes, pode ter varios ou un).

  • Primeiro mira o seguinte vídeo:

  • Le as páxinas 106 e 107 do teu libro de Naturais.
  • Realiza o exercicio 1 da páxina 107.
  • Fai da páx. 114 os exer. 2 e 3.

Deséxovos boa semana!
Saudiños agarimosos!


xoves, 4 de xuño de 2020

Venres, 5 de xuño

😀Ola! Como ides?

 Xa rematamos a primeira semana deste mes de xuño.

Esta é a clase número 50 que levamos a distancia. Son un montón!!

Hoxe ademais, é o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE!!

Todos os 5 de xuño, a Organización de Nacións Unidas (ONU) dedica este día para facer tomar conciencia do importante e necesario que é coidar a natureza.

Este ano a conmemoración céntrase en preservar a Biodiversidade (toda a variedade de vida que existe no planeta: insectos, mamíferos, plantas...)

Por iso hoxe todas as actividades que faremos estarán relacionadas con esta celebración.


* LINGUA GALEGA:

Primeiro, convén facer a corrección dos exercicios 5, 6 e 7 da páx.145

Exer. 5: A palabra que está mal partida é "entr-ada" porque non se pode romper unha sílaba, poderíase escribir "en-trada" ou "entra-da".
Exer. 6: Palabras da familia de "terra":
O can enterrou un óso no xardín.
Nese terreo van construír dúas casas.
Exer. 7:  Resposta modelo non resposta única:
choutei= Onte durante o partido choutei un balonazo cara a portería e case vai gol.
escollerei = Mañá xa escollerei o tema para facer o traballo de clase contigo.
conduzo = Eu aínda non conduzo porque non teño o carné.


Xa sabedes que hoxe é o Día Mundial do Medio Ambiente!!

Polo que nos vén ben:
  •  a Lectura das páxinas 148 e 149 do libro de Lingua. Titúlase "A auga".
  • Páx.150 exer.7: Fai un plan persoal de aforro de auga. (Fai unha foto e envíama)

Para facer en liña:



* LINGUA CASTELÁ:

En  relación con el día Mundial del Medio Ambiente...

Mira el primer minuto y 20 segundos de este vídeo y entenderás que significa "Biodiversidad"


  • Presta atención al siguiente vídeo. En él hablan varios pescadores de Badalona, no Barcelona, aunque están cerca, ambas en la Comunidad Autónoma de Cataluña, y situadas en la costa.

  • Haz un cartel con medidas/consejos para cuidar el Medio Ambiente. Pon las que consideres oportunas.
    • Un cartel debe llevar un título (por ejemplo: Cuida el Medio Ambiente o el que inventes tú)
    • En el cartel debe haber texto escrito y alguna imagen/dibujo.
    • Deben quedar claros los consejos/medidas que dice el cartel.
    • ¿Qué consejos/medidas puedo escribir? Lo que puedes hacer tú para cuidar la naturaleza y respetar la biodiversidad.


Deséxovos unha boa finde!
Que xoguedes, descansedes, leades, axudedes á familia... 😉

Coidádevos a vós e a biodiversidade!
🌷🌵🌲🌴🌼🌺🍄🐌🐍🐑🐄🐖🐟🐤🐦🐛🐜🌹🌳


Venres 19 de xuño

🙋Bos días!! Chegamos á "clase á distancia" número 60. Último día deste trimestre e derradeiro deste curso 2019/2020. Q...