martes, 31 de marzo de 2020

MARTES, 31.03.20


😀Bo día!! Hoxe rematamos o mes número 3, marzo. Que tal o levastedes? Nevou pola Fonsagrada?


As tarefas para hoxe son:


*MATEMÁTICAS:

¿Qué tal ayer trabajando con el euro y los céntimos? 
Yo creo que no tendríais grandes problemas. La mejor manera es coger monedas y billetes y contar, hacer grupos al azar y contar, jugar con alguien (un hermano, un papá, una abuela.... o quién nos acompañe en casa) a hacer compras y devolver dinero. Si podéis, hacedlo. 

Hoy vamos a empezar a trabajar las unidades de tiempo
  • En el libro leed con atención las páginas 130 y 131.
    • Copiad el cuadro de las unidades en la libreta con su equivalencia: separando las unidades más pequeñas que el año (trimestre, cuatrimestre y semestre) y las unidades mayores que el año (lustro, década y siglo). 
    • O podéis copiar lo siguiente ampliando el cuatrimestre y semestre:


mes = 30 días (por media se calcula 30 días, aunque ya sabéis que este mes, por ejemplo, dura 31 y el anterior duró 29)
cuatrimestre = 4 meses (en la Universidad, en vez de tres trimestres (en el curso 3 evaluaciones) los estudiantes tienen dos cuatrimestres (sólo 2 evaluaciones en el curso)
semestre = 6 meses
  • Luego, quiero que hagáis de la página 130 los ejercicios: 1, 2, y 3. (no hace falta enunciado pero si tenéis que copiar cada dato, por ejemplo: 2 trimestres = 6 meses) Si tenéis que leer enunciados.
  • Y de la página 131, los ejercicios 4, 5 y 6. (Si tenéis duda con alguno dejadlo sin hacer, pero si razonáis veréis que son fáciles).
Actividades en línea:

Vídeos sobre la invención del tiempo (Cada uno es de 8-9 min): 

Érase una vez la medición del tiempo






* CIENCIAS SOCIAIS:

A unidade 5 está rematada, así que tedes que estudar e repasar.
  • Copiade e contestade as seguintes preguntas no caderno:

  1. Escribe os territorios que forman parte de España.
  2. Cal é a diferenza entre límites naturais e límites políticos?
  3.  Cales son os límites de España?
  4.  Que é a Unión Europea? Cales son as súas siglas?
  5. Cales son as institucións máis importantes da UE?
  6. Escribe o nome das dúas cidades autónomas.
  7. Que é unha comunidade autónoma?
  8. Que é unha provincia?
  9. Que é a Constitución?
  10. Por que dicimos que España é un estado democrático?
  11. Cales son as principais institucións de España?
  12. Galicia: cal é o nome do presidente? Que provincias forman Galicia? Cal é a capital da nosa comunidade autónoma?


Recordade que os enlaces para xogar cos contidos desta unidade de sociais está na lapela de Sociais, tedes que baixar para ver as diferentes ligazóns. Ou na seguinte dirección facede clic.


*LINGUA CASTELÁ:

Recordad que os pedí, un diario sobre vuestra vida en cuarentena para después ponerlo en común en clase a la vuelta.

Hoy, vamos a trabajar con los PREFIJOS DE NEGACIÓN Y PREFIJOS DE LUGAR. 

Recordad que un "prefijo" es una partícula que se añade al principio de una palabra para hacer otra con significado diferente. 

Los de negación, se llaman así porque la palabra con estos prefijos se convierte en el contrario, en antónimo.
des- 
a-
in- (este prefijo cambia, se pone im- delante de "p" o "b". o se pone i- cuando la palabra empieza por "l" o "r".) 

Los de lugar, sirven para indicar situación:
sub- (por debajo)
ante- (ajtes de
extra- (fuera de o sumamente)
intra- (dentro de, en el interior)
sobre- (adición, intensificación, repetición o acción repentina)

Una vez que leáis esto y el cuadro de comienzo de página 125 (viene menos explicado que lo que os pongo aquí),

  • Hacéis en la libreta, página 125 ejercicios: 1, 2, 3 y 4. (Con enunciados y no quiero que lo hagáis directamente, quiero que copiéis las palabras que os ponen y luego lo resolváis.


Actividades en línea de prefijos:



*PLÁSTICA:

Recordad, que os pedí hacer un arco iris🌈 y ponerlo en la ventana, que estoy segura que alguno ya lo hizo, y mandadme las fotos para ponerlas en el blog. (sólo del dibujo)


🌈🌈¿Sabéis de dónde viene eso, de poner el arco iris en la ventana?🌈🌈


Esta tradición viene de Italia (el país de la bota) porque sus habitantes desde hace muchos años eligieron el arco iris como un símbolo de paz. La gente decoraba sus balcones con un arco iris, en el que pedía paz. Lo solían poner cuando había guerras o problemas de libertad.

Con este virus que apareció, la gente de Italia volvió a sacarlos a sus balcones como un símbolo de esperanza. Muchos países copiaron su idea y decidieron acompañarlos en ese sentimiento de esperanza.

Ahora, os quiero pedir un dibujo de lo véis a través de una ventana de vuestra casa. (En tamaño folio, si es posible)

Con esmero y color, por favor, porque haremos un mural con todos los dibujos. Ya veréis que superchuli. 



A trabajar mucho y a disfrutar de ratitos en familia.

Saludos!

luns, 30 de marzo de 2020

LUNS, 30.03.20


Boa semaniña!

Só quedan 5 días de "clase", despois hai unha semaniña de vacacións, así que aproveitade para poñervos o día, traballar moito e así poder descansar e disfrutar unha semaniña enteira.

Aquí vos poño un vídeo de debuxos que explica moi ben como comeza unha pandemia. Dunha persoa a canta xente pode chegar. Isto é a explicación do que pasou co COVID-19,  por iso se nos ordena estar nas casiñas e relacionarnos fisicamente co menor número de xente posible.





As tarefas de hoxe son:


* LINGUA GALEGA:


Seguiremos traballando cos verbos. Algunha dúbida?

Para iso, ides ao voso libro páxina 114 e 115.

Despois de coñecer as distntas formas verbais e o tempo (presente, pasado, futuro) agora ímonos fixar na persoa que acompaña á forma verbal.

Antes de comezar a ler, quero facerche unha pregunta:

Lembras os pronomes persoais?

Recordade que singular refírese a un só. E plural refírese a que hai máis dun elemento. Só hai 3 persoas. Entón:



 1ª persoa é: eu (en singular), nós (en plural)

 2ª persoa: ti (en singular), vós (en plural)
3ª persoa: el ou ela (en singular), eles ou elas (en plural)

Unha vez feito este repasiño rápido, ledes a explicación que aparece na páxina 114. Logo:

  • No caderno poñedes de título "O verbo: número e persoa" 
  • Logo copiades o cadro resumo da páxina 114.
  • Facedes as actividades das dúas páxinas (Do 1 ao 6)

👀Ollo!  Recordade que non é plural se a forma verbal acaba en -s; témonos que fixar que pronome acompaña a esa forma verbal. Como xa estades en 4º, non vos aparecen os pronomes porque xa sodes quen de saber cales son.
Exemplo:
"saíches" non é plural porque acaba en -s. (ISTO É un ERRO COMÚN) senón que temos que mirar a que persoa se refire: "ti saíches", entón é a segunda persoa de singular.


Actividades en liña:

Para repasar as formas verbais...



* MATEMÁTICAS:


Hoy, vamos a trabajar con los decimales y el dinero. Para eso tenéis que mirar la Unidad 9 "Tiempo y dinero".

Primero haréis unas operaciones con decimales, página 127 ejercicio 2.

Luego leeréis la página 132 y escribiréis en la libreta el título: "UNIDAD 9: Dinero y tiempo" (Porque primero trabajaremos con el dinero y luego con el tiempo)

Finalmente haréis los ejercicios 1 y 2 de la página 132; y de la página 133 haréis el 3 y el cálculo mental. (Tenéis que restar mentalmente al número que os dan y luego sumar uno; es al revés del último cálculo mental. 26-9= (en mente a 26 le quito 10, me quedan 16, ahora sumo uno= 17).

Actividades en línea para trabajar con el dinero y decimales:




* CIENCIAS DA NATUREZA:


Seguimos cos animais invertebrados. Só nos queda o grupo dos artrópodos. É o máis numeroso polo que os científicos decidiron facer subgrupos atendendo ao número de patas.

Nos seguintes vídeos poderedes coñecer cales son as características dos artrópodos e dalgúns subgrupos. Prestade atención:








No libro de texto, tedes que ler as páxinas 76 e 77 para primeiro facer un pequeno esquema (ou resumos de cada grupo) e logo  facer os exercicios 1 e 2.

Xogo en liña dos diferentes tipos de artrópodos:



Se vos sobra tempo e podedes... aquí tedes un xogo de preguntas sobre os animais mamíferos, estudados no tema anterior (así que para repasar venvos ben).



A pasar un día de frío quentiños e quentiñas na casiña!


venres, 27 de marzo de 2020

VENRES, 27.03.20


🙋 Hoxe é o último día lectivo da semana, así que ánimo; recordade que non estamos de vacacións, nin vós nin eu. Aproveitade a fin de semana se non estades ao día, e para xogar coas ligazóns que vos poño neste blogue.
  Abaixo púxenvos un xogo para facer na casa en familia, está moi chulo e en galego! 
 Enriba, organicei as pestanas por materias, e en cada unha tedes diferentes ligazóns para facer actividades en liña.


* LINGUA GALEGA:

Imos traballar cos verbos, na páxina 102 e 103 do libro de lingua galega explícanvos que é un verbo (palabra que expresa unha acción). 

Vocabulario que debemos aprender para entender este contido:

Verbo: palabra que expresa unha acción.
Infinitivo: forma na que se presentan as accións.
Conxugar: é dicir un verbo en todas as súas formas e persoas (eu ando, ti andas...)
Conxugación: Segundo a terminación do verbo en infinitivo pode ser:
        de primeira conxugación (verbos acabados en -ar)
        de segunda conxugación (verbos acabados en -er)
        de terceira conxugación (verbos acabados en -ir)

"eu ando", é unha forma verbal do verbo "andar", que é da 1ª conxugación.

As formas verbais teñen dúas partes: 
       Raíz: é a parte do verbo que se repite en todas as formas (do verbo andar é and-)
       Desinencia: terminación que se engaden á raíz (-o, -as, -a, -amos, -ades, -an...)

No exemplo "eu ando" a raíz é and-  e a desinencia é -o.

Tedes que facer no voso caderno de lingua galega:
  • Lectura da páxina 102.
  • Copia do cadro resumo da páxina.
  • Facer os exercicios 1, 2, 3 e 4 da páxina 103.
Actividades en liña para traballar os verbos:

Agora para descansar un poquiño, podedes ver unha contacontos. Unha profesión molona.
  • Conto:  Unha última carta

escrito por Antonis Papatheodoulou e ilustracións de Iris Samartzi, foi a obra gañadora do IX Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.
Na seguinte ligazón poderás escoitar como Bea Campos conta este conto, o último día de traballo dun amable carteiro.



* LINGUA CASTELÁ:

Ayer, os dije que hicierais un diario en lengua castellana, tenéis que seguir haciéndolo. En la página 144 del libro de lengua os viene explicado cómo se escribe un diario. 

Las tareas para lengua son:
  • Continuar vuestro diario
  • Lectura de la unidad 9: El encantador de serpientes. Páginas 122 y 123
  • Hacéis un breve resumen de la historia.
  • Página 124, ejercicios 1, 2, 3, 4, 5 y 6

Juegos en línea sobre ortografía:

Prefijo y sufijo explicación (Luego, clic en "practica")



* FIN DE SEMANA:

Na seguinte ligazón tedes un xogo familiar en liña, tipo taboleiro: tedes que ler as regras (premer no dado que está na esquina dereita superior, volverlle a dar para paralo, facer clic na casilla correspondente e facer o que che diga). 


🌈🌈🌈Fixestedes o voso arco da vella? 🌈🌈🌈

Estes día, co problema de ter que quedar na casa para eliminar o virus COVID-19, moitos cidadáns, nas casas onde hai nenos comezaron a decorar as súas ventás con arcos da vella, feitos en familia e escribindo o lema "Todo vai saír ben" e "Queda na casa"

Se non fixeches o teu anímote a que o fagas e que, por favor lle fagas unha foto para que ma envíen os vosos papás/mamás e poñémolas aquí no blogue. Así, todos podedes ver a de todos, e sobre todo eu, que non teño ningunha fiestra cara a Fonsagrada. 😏

🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈

Boa finde!! Coidádevos moito! 💪😊


xoves, 26 de marzo de 2020

XOVES, 26.03.20


Ola, ola!!! Aquí vos presento as tarefas para facer hoxe:

*MATEMÁTICAS

Vamos acabar con el repaso acumulativo de la página 123, haciendo los problemas (ejercicios 8, 9, 10, 11, 12 y 13)
En algunos necesitáis más de un cálculo, en otros sólo comparar... fijáos; son más fáciles de lo que pensáis.

Para hacer en línea os dejo elegir actividades de esta página:

*SOCIAIS

Imos repasar toda a unidade número 5: O territorio de España e de Europa

Nos tres exercicios da páxina 73 do libro de Sociais, repasaredes:
  • completando un resumo sobre a Unión Europea (exercicio 1)
  • logo no exercicio 2, completaredes unha táboa sobre os límites de España, que no caderno podedes facelo en filas en lugar de columnas para que vos quede máis curioso. Fixádevos que tedes un apartado dentro do exercicio para identificar os límites políticos dos naturais.
  • no exercicio 3 deberedes contestar preguntas sobre as institucións de España.

Sería xenial se sodes quen de facer os exercicios mirando o mínimo posible polo libro, se precisades mirar facédeo fixándovos moito para que se vos quede na cabeciña. Así é como se estuda: buscando información, léndoa, escribíndoa, volvéndoa a ler e razoar.

Actividades en liña para repasar:

Para repasar as INSTITUCIÓNS de España


Para repasar a Unión Europea  Estas ligazóns son novas: 


Desta unidade tedes que saber:
- O territorio de España.
- Tipos de límites: naturais e políticos.
- Cales son os límites de España?
- Que é a UE? Recordade que é unha organización política e económica formada por 27 países europeos que colaboran entre eles.
- Cales son as institucións máis importantes da UE?
- O nome das 17 comunidades autónomas de España e das 2 cidades autónomas. Tamén tedes que situalas no mapa.
- O nome das 50 provincias de España, e situalas no mapa. 
- Que é a Constitución?
- Por que dicimos que España é un estado democrático?
- Cales son as principais institucións de España?
Galicia: nome do presidente, nome das 4 provincias e saber cal é a capital.

Estas preguntas é unha guía do que tedes que saber. Para o próximo día repítovolas e facédelas no caderno.( Hoxe creo que vos chega co que vos mandei)


*LINGUA CASTELÁ

Hoy en Lengua Castellana os quiero presentar a una niña que se llamaba Ana Frank.

Hace años, los alemanes querían que los judíos (otra religión) se marcharan de Alemania porque los consideraban inferiores, defectuosos. Entre estos judíos, había una niña que se llamaba Ana Frank. Vivió escondida con su familia durante casi dos años y medio. Imagínate... ¡cuánto tiempo sin salir de casa!

Entonces decidió escribir un diario. Todos los días escribía un poquito en una libreta chula que le regalaron. Contaba lo que hacía con su familia, cómo se sentía, todo lo que ella quería.

Años después su padre publicó su diario (lo convirtió en libro y fue uno de los más vendidos a nivel mundial, traducido a muchos idiomas).
Estos días que llevamos encerrados en nuestras casas... me acuerdo mucho de Ana Frank. Porque ella vivía en un trastero/desván con muchas personas, y aún así aguantaron todos juntos. Y nosotros, con todas las comodidades del mundo nos quejamos con solo unos días.

¿Qué os parece hacer un diario, y después leer en clase a los compañeros y compañeras nuestras vivencias?

A mí me parece una actividad chula. Así que ... os voy a pedir que hagáis un:


 Diario de ...(vuestro nombre) en cuarentena por COVID-19





Por ejemplo, el mío se titularía:  Diario de Nuria en cuarentena por COVID-19.


¿En qué consiste?

Pues en escribir muchos días en una libreta o cuaderno que hagáis, lo que vosotros consideréis más significativo de este día. Siempre debéis empezar poniendo la fecha del día que escribíis, contáis lo que queráis y después se firma. Por ejemplo, un trocito de mi diario de ayer, sería:

Miércoles, 25 de marzo de 2020.
Hoy es el cumpleaños de mi padre, y no sé que tarta hacer porque no me funciona el horno de casa y el médico le recomendó no comer dulces. Como hay que cuidarse, decidí hacer una macedonia. La fruta es sana, así que tendrá una tarta de cumpleaños única y original. Le pondré las velas encima de medio melocotón para que pueda soplarlas. 
Al final, lo conseguí, hice la macedonia sin que se diese cuenta y le gustó. Quería celebrar su cumpleaños en familia, porque cada vez es más costoso cumplir un año más. Y fue lo que hicimos, mal cantamos la canción de "feliz cumpleaños" pero nos reímos mucho, porque cada uno iba a su ritmo. Es divertido estar en familia. 
Mañana, más.
__Nuria


TAREA:


  • Escribir un diario:  Diario de ...(vuestro nombre) en cuarentena por COVID-19



Esta actividad ¡no sólo es hoy! Un diario debe tener continuidad.




mércores, 25 de marzo de 2020


MÉRCORES, 25.03.20

Como se di onde vivo eu... Bo día pícaros e pícaras!!

Recordade que hoxe de 10 a 11, en Clan TV podedes ver e facer Educación Física e Música.


As tarefas para o día de hoxe son:

* MATEMÁTICAS:

Con el libro de texto, trabajaréis: 

  • Resolveréis un problema con una receta secreta de una tarta de chocolate, son 5 preguntas. Está en la página 121 ejercicio 15.
  •  Y después completaréis preguntas de comprensión observando una factura, que está en la página 122 ejercicio 1.

Actividades en línea:
  • En el siguiente enlace podréis repasar el tema de las fracciones. Tenéis que darle al check (⇃) cada vez, no podéis avanzar hasta que el resultado sea correcto y después ya podéis darle a la flechita de la derecha que está al lado del número de página, para continuar con la siguiente actividad. Este enlace es:
  • Actividades FRACCIONES


*LINGUA CASTELÁ:

Vamos a hacer una lectura interactiva, ¡a ver qué os parece!

Tenéis que pinchar en el siguiente enlace, leer y contestar las preguntas. 


Después en vuestra libreta de lengua castellana copiareis el título de la lectura: Lectura interactiva: "Un regalo muy original"

El ejercicio 9 y 10 lo tenéis que copiar a boli en la libreta y contestarlo a lápiz, razonándolo no sólo en una línea.

En el siguiente enlace tenéis una sopa de letras Sopa de letras interactiva

*CIENCIAS DA NATUREZA:

Imos seguir coñecendo animais invertebrados, hoxe imos traballar con dous grupos: os moluscos e os equinodermos.

 Vídeos sobre moluscos:




Vídeos sobre os equinodermos:

No seguinte tamén fala do grupo das esponxas, traballado no anterior apartado, así que está ben para repasar.


Situádevos no libro de texto, páxina 74 e 75. Primeiro facede unha lectura e  teredes que facer un resumo para os moluscos e outro para os equinodermos, podedes combinalo con esquemas.

Logo páxina 75 exercicios 1, 2 e 3


*LINGUA GALEGA:

Hoxe imos traballar o acento gráfico nas palabras graves que están na páxina 104 e 105.

Lede con atención, e facede os exercicios.





Algún exercicio que podedes facer en liña:




Xa queda un día menos para volver á clase!!! :)




martes, 24 de marzo de 2020

Martes, 24.03.20



Bo día! Aquí estamos, preparados/as para facerlle traballar a cabeciña?


MATEMÁTICAS:

 Hoy vamos a continuar trabajando en vuestra libreta.

  •  Primero, completando problemas mirando los cálculos que hacen para resolverlos. Página 119, ejercicios 4, 5 y 6.


  • A continuación haremos un repaso acumulativo de todo, practicando los cálculos; para eso está la página 123 ejercicios 1, 2, 3, 4, 5, 6 y 7,
Y si os sobra tiempo y podéis practicar en línea os pongo unos enlaces para jugar:


CIENCIAS SOCIAIS:

Para repasar as páxinas 70 e 71 sobre "Como se goberna España"; xa lidas na clase, é recomendable volver a lelas e facer un resumo ou esquema. (nunha folla ou no caderno, moi curiosiño para que vos colla, senón podedes coller un folio ou folla dun caderno grande)
(Quero que olléis o que é un organigrama político, que está na páxina 72. Este é un esquema que representa como se organizan as institucións e cal é a relación entre elas. Este esquemiña, que lle hai que chamar organigrama, podedes copialo para resumir o apartado da páxina 70 "As principais institucións de España")

Polo tanto, as tarefas son:

  • Resumo das páxinas 70 e 71, (na páxina 72 xa vos axuda a facer un esquema para un apartado, polo que vos falta resumir o primeiro e o último)
  • Páxina 71, facedes no caderno os exercicios 1, 2 e 3.
Tedes as seguintes ligazóns para completar e repasar os contidos deste apartado da unidade.


A Constitución Española: a lei máis importante de España. Aquí tedes dous vídeos, o primeiro é un pequeno resumo que está moi ben, despois se queredes, podedes ver o segundo no cal xa se dá máis información.





Na seguinte ligazón poderedes facer un EdiLim sobre as Institucións de España. Canto máis practiquedes máis fácil será de que se vos vaian metendo na cabeciña, e por iso intento buscarvos actividades chulas, así que facédeas prestando atención.



LINGUA CASTELÁ:

Para acabar con la unidad 8, nos falta el apartado de escritura, "Hacer una lista"; (página 118).
Estoy segura que todos hicisteis una lista para algo, ¿me equivoco?

Una lista es una enumeración de palabras. Por ejemplo la lista de la compra, es una enumeración de cosas que necesitamos comprar. Podemos poner varios apartados, como por ejemplo:

Lista de la compra:

- Para la cocina:
     servilletas
     tomates
     yogures
- Para el baño:
     papel higiénico
     gel
- Para mamá:
      bolígrafo color verde y rojo
      bombones

La actividad de hoy es que quiero que penséis en 20 cosas, mínimo, que se pueden hacer en casa sin salir. Seguro que sabéis 100, que es lo que llevamos haciendo una semana, y tenemos que seguir.

Escribe en tu cuaderno:
  • Hacer una lista con 20 actividades que puede hacer un alumno/a de cuarto de primaria en casa.
¡Recuerda no poner faltas de ortografía!


En el siguiente enlace podéis elegir diferentes actividades: inventar finales de cuentos, ilustrar un cuento (ponerle los dibujos), escribir una postal, o trabajar la descripción. ¡Ya veréis qué chulo!!






luns, 23 de marzo de 2020

LUNS, 23.03.20

Bos días! Comezamos unha semaniña máis estudando dende as casiñas. Hoxe quérovos comentar noticias: 

Estades de sorte, a profe recoméndavos que usedes algo de Internet a través das direccións para practicar xogos, repasar contidos, etc. Agora, tamén vos vou recomendar algo de tele!!!  Que sorte, non si?

 De luns a venres dende ás 10 da mañá ata ás 11 h podedes ver Clan Tv "Aprendemos en casa". Cada día terá unha temática

As tarefas de hoxe son:


LINGUA GALEGA:

Lembrádesvos das palabras esdrúxulas?? 
Son aquelas palabras que teñen a sílaba tónica (a que se pronuncia con máis forza) na antepenúltima sílaba. Sempre, sempre, sempre, sempre levan acento gráfico (´); por iso son fáciles de identificar.

No libro veñen na páxina 116 e 117. Vouvos pedir, que fagades os exercicios: 1, 2, 3, 4, 6, 7 e copiar o texto do 5 con moi boa letra (despois autocorrexídelo vós mesmos con boli vermello). O exercicio 1, só deberedes poñer o número e escribir que palabra é, non fai falta copiar o encrucillado.


MATEMÁTICAS: 

Hoy, vamos a continuar con "problemillas".
  •  Libro de texto, página 117 ejercicio 5. Son 4 problemas con números decimales. Fijaos si es necesario hacer más de una operación. 
  • En la página 118 los ejercicios 1, 2 y 3 son problemas con números enteros (no hay decimales), tenéis que completar los datos de problemas fijándoos en la resolución. (¡Ya tenéis las operaciones hechas!)
  • Tenéis que ¡¡¡copiar los enunciados en todas las tareas!!!
Actividades en línea:

CIENCIAS DA NATUREZA:

Que son os animais invertebrados?   Xa o sabes? Ímolo lembrar con outros vídeos explicativos, o problema é que están en castelán, pero non tedes problema que sodes quen de traducir e saber a cales se refiren.



No libro de texto facedes na páxina 73, os exercicios 1, 2 e 3 sobre os primeiros grupos que demos dos invertebrados: esponxas, medusas e vermes.

Actividades en liña:
Intentarei poñervos máis ligazóns no blogue para aqueles que teñan as tarefas ao día e poidan xogar en línea. 

Que pasedes un bo día! 

Saudiños!!


mércores, 18 de marzo de 2020

MÉRCORES, 18


🙋  Bos días! 
Hoxe sería o último día de clase desta semana, xa que, non vos olvidedes de que mañá é o día do pai! e o venres o colexio escollérao como día non lectivo. Como non haberá moitas diferenzas de hoxe a mañá, eu vouvos ir programando o traballo para que repartades todos os días algo, recordade que non estamos de vacacións, senón de corentena por alerta sanitaria. 

Traballade e estudade moito!   Supoño que axudaredes na casa con algunha tarefa, non si? 

Hoxe imos traballar:

* Matemáticas:



Deberiades practicar todos os días algo. Cando retomemos a normalidade faremos un exame dos temas 6, 7, e 8, polo que hai que practicar: fraccións, números decimais e operacións con decimais.
  • En la libreta de mate (si no lo tenéis en una hoja a parte) página 120 ejercicios: 1, 2, y 7 (hacer la segunda columna de cada uno que nos quedara pendiente) y también el 3, 4 y 5.
  • Después haremos problemillas: Pág. 113 ejercicio 6. (Quiero que copiéis los enunciados y problemas; fijaos en que apartado del libro están) y  Pág. 115, ejercicio 5.
  • Recordad la colocación de los decimales para las operaciones!
  • Sumas y restas: coma debajo de coma
  • Multiplicación: primero multiplico normal, y cuando acabe cuento cuántos decimales tengo en total,  cuento de derecha a izquierda y pongo coma en el resultado.
Colocación decimales para SUMAS y RESTAS


Explicación de multiplicación con decimales:



 Explicación para multiplicar decimales por una unidad seguida de ceros (x 10,   x 100,  x 1000):


  • En el siguiente enlace puedes practicar en línea:


*Lengua Castellana:


Hoy haremos repaso en línea de la unidad 8:
  • Para practicar el uso de la letra  



Sopa de letras de verbos acabados en -bir y-buir



  • Para repasar los posesivos:





Palabras con sufijos (Tenéis que darle al play cada vez y luego jugar)




*Ciencias da natureza:


Na última clase estabamos iniciando a unidade dos Animais Invertebrados, así que podedes ir lendo a unidade se levastedes o libro. Tamén podedes ver este vídeo chulo que nos explica os principais grupos e características dos invertebrados. Pódelo ver tantas veces queiras!


No seguinte vídeo faise un esquema sobre as características destes animais.

Cuestións para facer no caderno de Natu:

a. No planeta Terra, que hai, máis animais vertebrados ou invertebrados?
b. Que características comúns teñen todos os invertebrados?
c. En que grupos se clasifican os animais invertebrados?
d. Cal é o grupo dos invertebrados máis numeroso?
e. Que invertebrados son acuáticos?

Dentro dos grupos invertebrados, o dos Artrópodos é inmenso, e dentro del podemos facer varios subgrupos tendo en conta o número de patas que posúen. No seguinte vídeo coñecerás cales e máis datos interesantes.



*Lingua Galega:


Despois das actividades de onte (lectura e comprensión), seguimos co libro de texto.
Hoxe toca o vocabulario sobre tecnoloxía e os sufixos. Iso está na páxina 113. exercicios 1, 2copiades o cadro marronciño de teoría sobre os sufixos diminutivos e aumentativos (traballados en lingua castelá) e seguides co exercicio 3 e 4.

Coma sempre, copiando os enunciados, facedelos curiosiños e no caderno de lingua galega (se non o tedes, pois nunha folla que non podedes perder).



Un saudiño, se tedes dúbidas podedes comentar!







martes, 17 de marzo de 2020

MARTES, 17

🙋 Bos días!

Espero que fixerades as preguntas que mandei onte (no caderno de lingua galega), despois de ver o vídeo e ler o contiño sobre o Coronavirus.

Hoxe, martes, vouvos pedir que fagades:

*En lingua galega:


  • a lectura da páxina 110 e 111 do libro de GALEGO, que é a lectura "Apagade a wifi!" do inicio da unidade 9. (Tranquilos, que xa retomaremos as páxinas que saltamos)
  • Despois faredes as "Destrezas de escritura" para continuar a historia, tal e como vos indica ao final da páxina 111.
  • Na páxina 112 faredes os 7 exericicios (1, 2, 3, 4, 5, 6 e 7) sobre comprensión lectora (con enunciado CON BOA LETRA).

*En Ciencias Sociais:


  • O xoves déravos 3 fichas: unha sobre as comunidades autónomas de España, outra dun mapa España político, e a última sobre a Unión Europa. Estas fichas deberían estar feitas. Senón poñédevos a facelas. Debedes mirar polo libro para que vos queden completas, e así ilas estudando porque tan pronto volvamos a normalidade imos facer exame da Unidade 5.

  • Deberedes completar  o mapa de España co nome das distintas provincias (se non está xa). Mirade no libro na páxina 68 (deberedes pintar cada comunidade autónoma dunha cor, como está nesa páxina). Na seguinte imaxe podedes ver outra mapa coas provincias en galego. 
  • Quero que o fagades moi curiosiño, con maiúsculas dos nomes propios, que quede ben clariño onde se sitúa a palabra, deberedes poñer tamén o nome dos mares, e pintalo moi bonito cada comunidade autónoma dunha cor suaviña, pero que non tape o que escribistedes.


Provincias de España

  • Na páxina 69 do libro de Sociais deberedes copiar no caderno de sociais (senón nunha folla) con bolígrafo o cadro marronciño que resume as dúas páxinas e facer os exercicios 1, 2 e 3. E estudar!!!! Tedes que saber todas provincias, e todas as Comunidades Autónomas!!

*En Lingua Castelá
  • Página 119 del libro de texto, tenéis que hacer las actividades finales de la Unidad 8. (ejercicios 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8 y 9) en la libreta de Lengua, si no la tenéis en una hoja, para que después la pueda corregir.  Quiero enunciados y BUENÍSIMA LETRA!
  • (Estas actividades, junto a una ficha de lengua, ya os la mandé anotarlas en la agenda, así que supongo que alguno ya las haría, lo que me alegra 😉)

luns, 16 de marzo de 2020

Bos días clase!


Como xa sabedes, durante dúas semanas temos que permanecer nas casas e só saír en caso de necesidade.... Todo isto é por culpa do Coronavirus!!

Preséntovos un pequeno vídeo ilustrativo que vos explica de xeito sinxelo o que é o Coronavirus e que debemos facer para evitalo:




Tamén poderedes ler un conto moi visual que creou unha psicóloga chamada Manuela Molina para explicar aos nenos e nenas máis pequenos/as o que é o Coronavirus:

Descargar libro pdf (para ver por ordenador ou imprimir)



  • Unha vez que fagades estas actividades, ver o vídeo e ler o conto, deberedes copiar no caderno de lingua galega as seguintes preguntas e contestalas: (se non tes o caderno faino noutra folla, pero non a perdas, que a quero ler).


1. Que é o Coronavirus?

2. Cales son os tres síntomas propios do Coronavirus?

3. Que medidas de precaución debemos facer para evitar contaxiarnos do Coronavirus?

3. Por que cres que suspenderon as clases no colexio en todo o país?

4. Estás dacordo con esta decisión?

5. Ti que farías se foses o presidente de España e se presenta unha enfermidade moi contaxiosa?


_______________________________________________________________

Quero que diariamente traballedes un pouco de todo, este blog é unha guía onde intentarei poñervos algún vídeo e xogos pero iso non quere dicir que non teñades que ler, escribir, estudar.... Vale???



martes, 10 de marzo de 2020

SOCIAIS


Nós vivimos no concello da Fonsagrada (a maioría) que pertence a provincia de Lugo. Ao mesmo tempo, Lugo é unha das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia (xunto con A Coruña, Pontevedra e Ourense). Galiza ou Galicia forma parte de España, que é un país que está na Unión Europea  (UE).

Quedou claro onde vives?

A Unión Europea (UE) é unha organización política e económica que agrupa actualmente a 27 países europeos que colaboran entre eles. (Non todo os países do continente Europa se uniron; recordade que Unión Europea é diferente de Europa).

Aquí podes consultar máis información:

Que é a Unión Europea? Países que a forman.

Aquí podes xogar aprendendo máis sobre a Unión Europea e divertíndote!

Puzzle da UE



Venres 19 de xuño

🙋Bos días!! Chegamos á "clase á distancia" número 60. Último día deste trimestre e derradeiro deste curso 2019/2020. Q...