Coronavirus





🌈🌈De onde vén iso de poñer un arco da vella na ventá?🌈🌈


Xa volo contei pero vou repetir:

Esta tradición vén dos italianos e italianas porque dende fai moitos anos consideraron o arco da vella como un símbolo de paz. Cando había guerras ou algunha gran inxustiza, moitos balcóns colgaban arcos da vella para pedir a o mundo alegría e paz con cores, esperanza. 

Coa chegada do COVID-19 a Italia a xente volveu a decorar os seus balcóns con este símbolo de esperanza. Como eran tantos, a xente dos demais países chamoulles a atención e pouco a pouco foron copiándolles (igual que aplaudir aos sanitarios e sanitarias, polo gran traballo que están a facer). 

Aquí en Galicia están poñendo ese símbolo en casas onde hai nenos e nenas, nalgún lugar decidiron poñer refráns típicos galegos, etc.

Moitas grazas a todos e todas polos vosos debuxos, están chulísimos e dan alegría.

Xa sabedes, hai que seguir quedando na casa para que despois poidamos saír e estar todos xuntos.


Arco da vella por Carmen

Arco da fella por Carmen2

Arco da vella por Laura

Arco da vella por Samuel
Arco da vella por Fabiola

Arco da vella por Hugo A
Arco da vella por Hugo V
Arco da vella por Antón

-----__________--------------__________---------------

________________________________________________________________

Ola!!

Aquí aparecerán contos, vídeos... información para que coñezades máis a COVID-19.


Como xa sabedes, durante dúas semanas temos que permanecer nas casas e só saír en caso de necesidade.... Todo isto é por culpa do Coronavirus!!

Preséntovos un pequeno vídeo ilustrativo que vos explica de xeito sinxelo o que é o Coronavirus e que debemos facer para evitalo:






Tamén poderedes ler un conto moi visual que creou unha psicóloga chamada Manuela Molina para explicar aos nenos e nenas máis pequenos/as o que é o Coronavirus:

Descargar libro pdf (para ver por ordenador ou imprimir)



  • Unha vez que fagades estas actividades, ver o vídeo e ler o conto, deberedes copiar no caderno de lingua galega as seguintes preguntas e contestalas(se non tes o caderno faino noutra folla, pero non a perdas, que a quero ler).


1. Que é o Coronavirus?

2. Cales son os tres síntomas propios do Coronavirus?

3. Que medidas de precaución debemos facer para evitar contaxiarnos do Coronavirus?

3. Por que cres que suspenderon as clases no colexio en todo o país?

4. Estás dacordo con esta decisión?

5. Ti que farías se foses o presidente de España e se presenta unha enfermidade moi contaxiosa?

_________________________________________________________________________________


CoronaConto
________________________________________________________________________________

MonstruodecoloresCoronavirus

____________________________________________________________________________




En debuxos aparece como chegou o virus e que hai que facer.
________________________________________________________________________________





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Venres 19 de xuño

🙋Bos días!! Chegamos á "clase á distancia" número 60. Último día deste trimestre e derradeiro deste curso 2019/2020. Q...