xoves, 30 de abril de 2020

XOVES, 30 de ABRIL


🙋 Ola!!!

Hoxe é o último día de clase desta semana, xa que mañá é festivo nacional.

As tarefas para hoxe, son:

* MATEMÁTICAS:

Hoy vais a corregir el trabajo anterior y hacer seis ejercicios de la página 150 (del 2 al 7). Más abajo os dejo las soluciones y recordatorio de explicación.

  • Primero, quiero que corrijáis los ejercicios de ayer con boli rojo:

Solución del ejer. 3 y 4 de la pág.143

Solución del ejer 1 de la pág.144

Recordatorio:

Para pasar de una unidad a otra, hay que pasar por la escalerita:

- si tengo que bajar por la escalera, tengo que multiplicar por 1 con tantos ceros como escaleras baje hasta llegar a la unidad deseada.
(si bajamos, multiplicamosamos - amos)

Por ejemplo de km a dam, tengo que bajar dos escaleras, por lo que tengo que multiplicar x100 y el resultado serán dam (decámetros).
 4 km a dam: 4 x 100= 400 dam; 4 km= 4 dam

¿Cómo se multiplica por una unidad seguida de ceros?
Pues muy fácil, si no hay decimales, añado tantos ceros como haya.
Si hay decimales: la coma se mueve a la derecha un lugar por cada cero que acompaña al uno que multiplicamos. Por ejemplo. 3,5 km a hm tendríamos que multiplicar x10, y 3,5x10=35,0 = 35 (movimos la coma un lugar a la derecha, y en este caso la podemos quitar, ya que la parte decimal es 0).
Si acabo los números para mover la coma pondré ceros. Por ejemplo 3,5km a m. Tendré que bajar 3 escaleras, por lo que multiplico x1000. 3,5x1000=3500,0=3500m He movido la coma tres lugares a la derecha.

- si tengo que subir por la escalera, tengo que dividir entre 1 con tantos ceros como escaleras sube hasta llegar a esa unidad.
(si subimos, dividimos, imos-imos)

Por ejemplo, de dm a hm, tengo que subir tres escaleras, por lo que tengo que multiplicar x1000 y el resultado estaría expresado en hm (hectómetros).
7000 dm  a  hm: 7000:1000= 7 hm

¿Cómo se divide ente una unidad seguida de ceros?
Si tengo ceros elimino tantos como por los que divido. (7000:1000=7)
Si hay decimales: muevo la coma hacia la izquierda, tantos lugares como ceros por los que divido, si no me llegan los números pongo ceros.
(Por ejemplo 7 m   a   km:  tengo que subir 3 escaleras, por lo que divido entre 1000=
7 m:1000= 0,007 km)  es como si hubiese una coma en los 7,0 m por lo cuál, tengo que mover esta coma a la izquierda 3 lugares, por eso me queda 0,007)


  • Quiero que hagáis en vuestra libreta, los ejercicios 2, 3, 4, 5, 6 y 7 de la página 150.



Para hacer en línea (ahora que tenéis días libres, para que practiquéis si queréis y podéis)
Haced clic en el nombre que está debajo de cada imagen:


Test de longitud de Tanque Matemático




Edilim sobre las medidas de longitud




* CIENCIAS SOCIAIS:

  • Primeiro correxides os dous exercicios da páxina 79. Aquí vos deixo a solución:

  • Lectura das páxinas 80 e 81 do libro, "Como se distribúe a poboación".

Este tema tédelo dominado, xa que ben sabedes que a xente pode nacer e vivir no rural, como A Fonsagrada, ou ben, nacer e vivir nunha gran cidade coma Madrid. Pero tamén podemos nacer nun lugar e vivir durante uns anos e despois imos a outra localidade/provincia/país vivir outros anos ou para sempre.

Cambiar o lugar onde vives por outro chámaselle "emigrar".
A persoa que emigra é "emigrante"

Esta emigración, pode ser por diferentes motivos: estudos, traballo, situación familiar, buscar nova forma de vida, etc.

Que vos parece? Que os futbolistas emigran ou non?

Un exemplo que todos coñecedes é o de Cristiano Ronaldo que debido ao seu traballo emigra dunha cidade a outra; ou Lionel Messi, que naceu na Arxentina pero leva moitos anos vivindo en Barcelona.

Outra palabra que vén no tema é "inmigrar" é chegar a un novo lugar para vivir.
A persoa que fai iso chámaselle "inmigrante".

Unha persoa que cambia de país para vivir recibe 2 nomes ao mesmo tempo: "emigrante" para o país ao que vai, os seus antigos veciños din "emigrou, vivía aquí pero agora emigrou a Francia, por exemplo". E os seus novos veciños do novo país chámanlle "inmigrante" porque é unha persoa que vén de fóra.

Na clase temos o exemplo de M.F. que é unha inmigrante para nós. E para a familia/amigos que quedaron en Honduras é unha emigrante.

A densidade de poboación é a relación entre o número de habitantes e a superficie do territorio no que viven. Exprésase nun dato ao dividir o número de habitantes entre a superficie en quilómetros cadrados.

No caderno escribe e responde:
Preme aquí para buscar información e poder contestar no teu caderno as seguintes preguntas:
  • Cantos habitantes ten o concello da Fonsagrada?
  • Canta superficie ten?
  • Cal é a súa densidade da poboación no ano 2007?
  • Na páxina 81 observa o mapa. Escolle unha das seguintes actividades e faina no caderno:
  • Opción 1Recalca o mapa no teu caderno escribindo o nome das provincias e sinalando a súa densidade: cales están moi poboadas (cor vermella), cales moderamente poboadas (laranxa) e cales pouco poboadas (branco).
  • Opción 2: No lugar de debuxar o mapa, só escribirás:
    • Provincias moi poboadas: (e completas co nome de todas as que están pintadas de vermello)
    • Provincias moderadamente poboadas (e completas co nome de todas as que están pintadas de cor laranxa)
    • Provincias pouco poboadas (e completas co nome de todas as provincias que están pintadas de amarelo)
👀Ollo coas maiúsculas dos nomes propios!!!
__
*Anécdota persoal que vos contaría na clase:
Teño un tío que se casou cunha madrileña. Ela naceu e viviu sempre en Madrid. A primeira vez que veu coñecer a familia do meu tío, quedou alucinada!!!
Sabedes por que?
Porque non entendía que non houbese máis casas, pisos... Meu tío explicaralle antes de vir o tamaño do meu pobo, e facíao comparándoo con algunha parte de Madrid.
Ela ao chegar aquí quedou sorprendida de haber tanto espazo "baleiro" dixera. Que encima de haber casas que estivesen tan separadas. Pensaba que estarían agrupadas. (Tamén quedou alucinada de ver as estrelas de noite, porque en Madrid cidade como hai contaminación non se ven)
Chocoulle moito coñecer unha vila no rural de Galicia porque era a súa primeira vez.
Ao final gustoulle, e vén pasar parte das súas vacacións.

Esta anécdota está relacionada coa densidade da poboación, porque ela pensaba que era máis alta, xa que nos arredores de Madrid chámanlles "pueblos" a lugares que son como aquí Lugo. Coa súa visita decatouse do que era a densidade da poboación (se é un número alto é que viven moitas persoas en pouco territorio, e se é baixo é que son poucas persoas nun territorio grande).



*LINGUA CASTELÁ:

Acabamos con la biografía. Al correo ya me llegaron unas cuantas, pero no todas. Gracias!

Tenéis que pasar a limpio la biografía, redactando para hacer un texto con párrafos. Buena letra, a bolígrafo y limpieza!

TÍTULO : LA BIOGRAFÍA DE UN DEPORTISTA
Pondríais una imagen (la podéis dibujar, o imprimir y pegar)

PRIMER PÁRRAFO:  información que tenéis que contar:
Nombre completo del deportista, fecha de nacimiento y lugar, disciplina por la que es deportista.

SEGUNDO PÁRRAFO: información que tenéis que contar:
Su trayectoria deportiva desde pequeño; cómo empezó en ese deporte...

TERCER PÁRRAFO
Momentos importantes en su vida, premios, etc.

(El segundo y tercer párrafo los podéis unir si os quedan demasiado pequeños en comparación con los otros)

CUARTO PÁRRAFO:
Qué hace en la actualidad, dónde vive, que tiene previsto hacer en el futuro, etc.

Y al final del texto, en un lugar, firmáis:

HECHO POR:  tu nombre.

Podéis decorar los bordes, el título...etc.

y... ¡¡ya está!! Me enviáis una foto del resultado final.


* SESIÓN DE EDUCACIÓN FÍSICA EN CASA

Para cuándo queráis tenéis una sesión de educación física para hacer en casa viendo este vídeo, organizado por COLEF.



Déixovos tamén unha canción de Magín Blanco "Todo o día na casiña"
 canción na que describe o día a día  dos máis pequenos e pequenas da casa neste confiamento. A Secretaría Xeral de Política Lingüística promove  este videoclip con animacións da pintora, ilustradora e profesora Luz Beloso e coas voces de grandes referentes da música galega como son Paty Lesta, Uxía, Guadi Galego, Rosa Cedrón, Carmen Rey, Mari Faltri, Paula Romero e María Costa,




Volvo con tarefas e indicacións o martes 5 de maio! O blogue aquí vos queda, podedes seguir utilizándoo, se vos quedastedes un pouquiño atrás aproveitade para poñervos o día.

Lémbrovos que o domingo é o día da nai, preparádelle algunha sorpresiña ou á avoíña!!

Ata a próxima! 😄 Espero as fotos dos xoguetes reutilizados!! (Tedes de prazo ata o martes)

mércores, 29 de abril de 2020

MÉRCORES, 29 DE ABRIL


Bo día!!

Fixéstedes moita educación física onte para conmemorar o día?

Hoxe imos traballar:

* MATEMÁTICAS:

Os dejo la solución de los ejercicios de ayer, Pág. 142 ejer 1 y 2.
Por favor, si no los hicisteis no hagáis trampa y hacedlos primero, luego corregís.

  • Corregir ejercicios de ayer:



  • Luego hacéis en la libreta: Página 143 ejercicio 3 y 4
  • Página 144 ejercicio 1.

Actividades que podéis hacer en línea:



* LINGUA CASTELÁ:

Ayer teníais que elegir a un o a una deportista para hacer su biografía y coger información básica.

En el siguiente vídeo explica los puntos que tienen que aparecer en una biografía:


En la libreta, a continuación de lo escrito de ayer, tenéis que:

  • Escribir el título: "INFORMACIÓN PARA HACER LA BIOGRAFÍA" y copiar y completar:
  • Nombre y apellidos, (y, si tiene, otro nombre por el que se le conozca)
  • Fecha de nacimiento y lugar.
  • Cómo comenzó en el deporte y decir cuál (edad, quién le influyó en practicar ese deporte y no otro).
  • Vida deportiva: desde que se convirtió en deportista, Qué hace? Por dónde anda?
  • Logro deportivo importante (competiciones, premios...) o Momento que marca su vida.
  • En la actualidad qué hace, dónde está, o si está fallecido, fecha y lugar de fallecimiento.
  • Tenéis que buscar una foto de vuestro/a deportista escogido/a.

Una vez que tengáis toda esta información muy completa (deberéis buscar en algún reportaje, libro, fuentes de información orales, por Internet, etc) lo redactaremos haciendo varios párrafos.
Os dejo que vayáis haciendo y os dejaré otra sesión más. Me podéis enviar una foto de la tarea de hoy por si os tengo que corregir algo y luego poder hacer sin errores la biografía final.

Aquí os dejo, una biografía de Albert Einstein. En realidad es una autobiografía porque es él quien cuenta su vida. Nosotros tenemos que escribir... (Nace el ... en... Con 7 años, se va a vivir a...)



* CIENCIAS DA NATUREZA:

Para que corrixades as cuestións da páxina 82 do último día, aquí tedes un modelo de respostas:

Pregunta 1: O problema que ten o tomate é que cando está maduro dura pouco tempo.
Pregunta 2: Hai anos non se podían comer tomates durante todo o ano porque as tomateiras para dar o seu froito precisa calor. Nos meses de inverno non se podían comer tomates frescos.
Pregunta 3: As paredes son de plástico transparente, porque deixan pasar o sol pero impiden que saia a calor.
Pregunta 4: Porque están en distintas fases de maduración. Os máis inmaduros son verdes e os maduros son de cor vermella intensa.

a pregunta b: Un horto é máis pequeno ca horta, só se diferencian no tamaño.
Seguindo a definición do dicionario da Real Academia Galega;
 horto é unha horta pequena.
E horta é "Terreo de pouca extensión onde se cultivan fundamentalmente verduras, legumes e hortalizas e tamén nalgúns casos árbores froiteiras".

Para traballar con contidos do tema 6 "as plantas" estou segura que sabedes un montón, e senón deberíades, xa que, vivides nun entorno natural único e gran beleza.


  • Ver o seguinte vídeo de explicación sobre as plantas:

Hai tantas, tantas plantas que fai que ata os biólogos fagan distintas clasificacións.
No vídeo clasifica as plantas en 4 grupos:
Se vos fixades no libro na páxina 84 e 85 para clasificar as plantas establecen dous grupos: as plantas con flores, e as sen flores. Dentro de cada grupo establécense dous.


  • Debedes ler as páxinas 84 e 85 do voso libro de naturais. 
  • Facer un esquema, para sintetizar a información básica. Páxina 93 exercicio 2. pero quero que o completedes un pouco máis, por favor. 
    • Engadide un exemplo de cada e poñede que nas anxiospermas (as flores grandes e vistosas) e as ximnospermas (flores pouco vistosas, sen cáliz nin corola)


* LINGUA GALEGA: 

Que tal vos foi cos tempos verbais? Recordade que son 3 tempos: presente, pasado e futuro.

Hoxe quero que fagades do libro, no voso caderno, a páxina 129 exercicios 4 e 5.

Para facer en liña (opcional):




Creo que non vos ides aburrir! Traballade.

Que tal vai ese xogo con material reutilizado?? Tedes todo esta semaniña.

Que pasedes un bo día!





martes, 28 de abril de 2020

MARTES, 28 DE ABRIL


Ola, ola, ola!!!

Como ides?

Hoxe é o día da Educación Física na rúa, pero este ano debido ao Covid-19, cambiouse a rúa pola casa. Felicítovos a todos pola participación na elaboración do vídeo:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsantamariafonsagrada/?q=node/633


    FELIZ   DÍA   DA   EDUCACIÓN   FÍSICA!!!!

* MATEMÁTICAS:

Ayer empezamos con el tema de la longitud, ¿qué tal os quedó esa escalerita?

  • Hoy os voy a poner otro vídeo para repasar lo explicado de ayer.

  • Después de verlo, quiero que hagáis en la libreta de la página 142 los ejercicios 1 y 2.
  • También os dejo esta ficha interactiva sobre las unidades de medida para la longitud.
    • ¿Recordáis cómo se envía?
    •  clic en ¡Terminado! 
    • Si podéis después de ese intento volvéis a hacerlo y en vez de "comprobar mis respuestas", pinchas en "Enviar mis respuestas a mi profesor/a"
    • Cubres con tus datos: nombre e inicial del primer apellido, 4º curso, mates y la siguiente clave para el último cuadrito:
    •  4odj1hl4pc
Unidades de longitud, una ficha interactiva de victor
liveworksheets.com


* SOCIAIS

Tedes que correxir vós mesmos as preguntas de inicio da unidade 6.

Aquí vos deixo un modelo de solución:

Pregunta 1: Os pobos non contactados son unhas tribos da selva do Amazonas que elixiron vivir illadas do mundo moderno para manterse en contacto coa natureza e non cambiar os costumes dos seus antepasados. Chámaselles así porque non teñen contacto co mundo moderno.
Pregunta 2: Estes pobos están en América do Sur.
Pregunta 3: é persoal se o xustificades ben e o escribides curioso estará ben. Un exemplo de resposta sería "Si, vivir na selva mantén estes pobos illlados porque nas selvas hai unha vexetación moi densa e viven poucas persoas, co cal poden pasar bastantes desapercibidos."
Pregunta 4: tamén é persoal, por exemplo: "Porque prefiren seguir, como os seus antepasados en contacto coa natureza. Deste modo preservan os seus costumes e non se expoñen ás influencias do mundo moderno para que non cambien ao seu xeito de vida."


  • Para coñecer o que imos traballar nesta unidade póñovos  a seguinte mini presentación:


                   

  • Ler as páxinas 78 e 79 "Como se estuda a poboación"
  • Escribir no caderno o título da unidade 6 (A POBOACIÓN E AS ACTIVIDADES ECONÓMICAS) logo escribides como subtítulo "Como se estuda a poboación"
  • Páxina 79 exercicios 1 e 2. (son cortiños)


Para facer en liña: (opcional)

Na seguinte ligazón (oxalá podades acceder) é unha animación na que se explican os principais contidos desta unidade.

Animación: o censo e o padrón

(Tedes que ir facendo clic no play e logo nos numeriños que aparecen arriba á dereita para pasar as seguintes animacións e actividades)

Na seguinte ligazón hai un Edilim que podedes ir facendo as preguntas que saibades, repetireivos vairas veces esta ligazón. Se non podedes acceder non vos preocupedes (necesítase o complemento flash player).

Edilim_La población 4ep


* LINGUA CASTELÁ:

Como hoy conmemoramos el día de la Educación Física en Casa, haremos una actividad relacionada con el deporte.


  • Debes elegir un deportista (de cualquier deporte / que te guste / que admires / que te inspira /  que no soportas...) para después hacer una pequeña investigación y escribir su biografía.
¿Qué es hacer una biografía? Es contar la historia de una persona, cuándo y dónde nació, los acontecimientos más importantes de su vida, etc.

¿Recordáis que al principio de curso hicisteis una autobiografía, contestando las preguntas y dibujándoos en el muñequito blanco del centro? Pues esta actividad es similar.

Como véis es una actividad que no se puede hacer en 10 minutos, por lo que vamos a preparar la biografía dividiendo el trabajo en varias sesiones. (En la próxima clase de lengua seguiremos con esto).

En la clase de hoy tenéis que:

  • Elegir un o una deportista.
  • Explicar por qué razones de todos los deportistas que conocéis, escogéis a esa persona.
  • Buscar información básica
Para eso, en vuestra libreta de lengua castellana:
  • Copia  el título "Preparo una biografía de un/una deportista"
  • Contesta en la libreta:
    1. Nombre y apellidos del deportista elegido/a.
    2. ¿Por qué elegí este deportista?
    3. ¿Por qué es conocido?
    4. Deporte con el que se relaciona.
    5. ¿Cuál es su fecha de nacimiento? ¿Dónde nació?
    6. ¿Qué hace actualmente?


* PLÁSTICA: 

Os propongo hacer para el próximo martes, un juego con material reciclado. ¿Qué os parece?

Así unimos deporte y actividad plástica.

Para hacer esta actividad necesitáis ayuda de un adulto y de hermanos... ¡o quién se preste!

Aquí os dejo un montón de juegos con material reciclado para que podáis escoger y hacer. No me interesa que compréis material, quiero que lo hagáis con el que tengáis por casa.

Yo os animo a que hagáis uno sencillo como los bolos, o las pelotas de malabares, o los patines o el suavi-ball.

(Cuando lo terminéis me enviáis una foto, recordad que tenéis dos días extra sin actividades, el viernes 1 y el lunes 4, que es día no lectivo escogido por el centro).


http://es.calameo.com/read/000467393a06aff5dfd4c 

Fuente consultada: Blog de Gabriel Sevillano:
http://gabieducacion.blogspot.com.co/p/juegos-con-material-reciclado.html 


Que pasedes un bo día!!

luns, 27 de abril de 2020

LUNS, 27 de abril


🙋Boa semaniña!!
Esta semana é máis curta xa que o venres é festivo, sabedes por qué?
Porque é o día do traballador/das persoas que traballan).

Antes de nada... gustaríame coñecer que tal vos foi con ese paseo. Disfrutástedes?

Fostes uns privilexiados.😀😎


* Que tal vos foi coas adiviñas de Lingua Castelá?

Aquí vos deixo o reto das adiviñas e as solucións:

1. Cuerpo de palo, cabeza de color,
me encienden con cuidado
y doy mucho calor. ¿Qué soy?

2. Un animalito con cuatro dientes, que nos trae comida muy diligente.¿Qué es?

3. Una señorita blanda que, sin ser enferma, siempre está en cama. ¿Qué es?

4. Dicen que quien lo tiene
es muy gracioso,
se sacude en la mesa contra lo soso.
¿Qué es?


Soluciones:
Adivinanza 1: La cerilla.
Adivinanza 2: El tenedor.
Adivinanza 3: La almohada.
Adivinanza 4: El salero. Esta era a máis difícil, ou?
_______

As tarefas para comezar a semana son:

* LINGUA GALEGA:

Imos traballar cos tempos verbais. Recordade que os verbos expresan accións.
E as accións poden estar en 3 tempos: presente (agora), pasado (xa sucederon), futuro (van suceder).

Para iso, tedes que ir ao libro de texto páxinas 128 e 129 e deberedes:

  • Facer unha lectura atenta da páxina 128.
  • Copia do cadriño de teoría da páxina 128 (3 liñas e un pouco)
  • Exercicios 1, 2 e 3. (No 1 tedes que dicir en que tempo está escrito e volver a copiar o texto pero en tempo presente: Xoán é afeccionado... No 2 tedes que copiar o texto escribíndoo en futuro: Xoán será afeccionado... No 3 completar coa forma axeitada dos verbos que vos dan)
  • Facer a seguinte ficha interactiva.
    • logo clic en ¡Terminado! 
    • Se primeiro queredes facer unha práctica clic en  "comprobar mis respuestas"
    • No segundo intento é para enviarme a min, preme en "Enviar mis respuestas a mi profesor/a"
    • Cubres os teus datos: nome e inicial do primeiro apelido, 4º curso, Lingua Galega e o  clave para el último cadriño: (non email, só vale esta clave)
    •  4odj1hl4pc
Os tempos verbais, una ficha interactiva de Paud
liveworksheets.com



* MATEMÁTICAS:

Vamos a trabajar con las medidas (longitud, peso, capacidad).
Empezaremos con el tema 10 "La longitud".
Ya tenéis que tener en la libreta, desde el miércoles, las preguntas de la página 141.

Aquí están las soluciones anteriores (TENÉIS QUE CORREGIR vosotros mismos, con boli rojo):

Ejer 1. Montelado: cuatro mil trescientos noventa.
Altomar: tres mil ciento veinte.
Peñalón: dos mil cuatrocientos noventa.
Ejer 2. 2490 < 3120 < 4390
Ejer 3. 4390 - 2490 = 1900      Es 1900 m más alta.
Ejer 4. 1 km equivale a 1000m (1 km  =  1000 m)
4 km equivalen a 4000 m, por lo que la montaña Montelado tiene una altura mayor que 4 km.
Ejer 5. Si eligen escalar Altomar es porque todas las que han escalado hasta ahora tienen una altura inferior a 3120m.

Las actividades para hacer ahora son:

  • Ver y escuchar atentamente los siguientes vídeos.
  • En la libreta: Escribir título de lo que vamos trabajar durante unas semanas con un índice y luego el título de la unidad (está explicado más abajo)
  • Dibujar una escalera con las medidas de longitud. (Más abajo tenéis la imagen)

Explicación animada: ¿Qué es la longitud?
Aclaración: en el vídeo aparecen las abreviaturas de las medidas en mayúscula, pero hay que escribirlas en minúscula, vale??
km, hm, dam, m, dm, cm, mm

(Si tenéis problemas de audio y no se escuchas los vídeos, haced clic para activar subtítulos en el sexto botón empezando por abajo de derecha a izquierda)


Explicación de una profe para la longitud y sus medidas.

Copiar en la libreta, después de dejar espacio, el título:

LAS UNIDADES DE MEDIDA
TEMA 10: LA LONGITUD
TEMA 11: LA CAPACIDAD
TEMA 11: LA MASA

Luego escribíis:
UNIDAD 10: LA LONGITUD

MEDIDAS DE LONGITUD:

Matemáticas: La longitud | Matematicas
Tenéis que dibujar una escalera igual de chula que esta. debéis marcar la m de metro, y poner las unidades más pequeñas que el metro de un color y las más grandes de otro.

Hacedlo muy curiosito, si lo necesitáis, poned la libreta en horizontal y hacéis una escalera bien grande. Creo que sería mejor que os ocupase una hoja entera.

Quiero que copiéis en la libreta después:
km = kilómetro
hm = hectómetro
dam = decámetro
m = metro (es la unidad principal de medida)
dm= decímetro
cm = centímetro
mm = milímetro

Para convertir una unidad en otra es preciso subir o bajar por la escalera hasta llegar al peldaño elegido. Según la dirección que escojamos deberemos hacer un cálculo u otro.

Tenéis que copiar y aprender este canto:

"Si subimos, dividimos; imos - imos."
"Si bajamos, multipicamos; amos - amos."

Mandáis foto del resultado.


* CIENCIAS DA NATUREZA: 

Imos comezar coa unidade 6 "As plantas"

Tedes que coller o libro de texto e:

  • Ler "Como ter tomates todo o ano" na páxina 82.
  • Logo responder as 4 primeiras preguntas de comprensión no voso caderno.
  • Copia e contesta:
    • a) Tes horta/horto na casa? 
    • b) En que se diferencia horta de horto?
    • c) Quen a prantou? Cando?
    • d) Que hai na vosa horta/horto? Que haberá nuns meses?
    • e) Tedes invernadoiro? Que tedes nel?
    • f) Que opción che parece mellor: ter un invernadoiro ou unha horta? Explica por que.
Fai un tempiño, nun programa que elaborou a TVE (Televisión Española) titulado "España a ras del cielo" emitiuse unha reportaxe sobre un lugar ao sur de España chamado El Ejido.
Que terá de especial este lugar?

Ollade este vídeo se podedes (2-3 min)



Se queredes coñecer máis datos sobre El Ejido, ollade o seguinte vídeo de 8 min:





Bo día! Saúdos!

sábado, 25 de abril de 2020


Hoxe compartiron comigo un vídeo narrado pola voz dun neno. Conta tantas verdades... Gústoume moito e non quixen esperar máis para compartilo. Oxalá vos guste.

        Bravo por todos!        



Tamén vos poño aquí, unha noticia da que me acabo de enterar, as oito todos os nenos e nenas da Fonsagrada tedes que saír as vosas ventás!!! O concello vaivos homenaxear!!



venres, 24 de abril de 2020

Venres, 24 de abril

Acábase a semana!

Que tal??

Fixestedes as actividades de onte? Tedes ata domingo para rematalas. Non vos esquezades.

O que si tedes que entregar hoxe é o vídeo para a celebración do Día de Educación Física na casa.


As tarefas para hoxe, son:

* LINGUA GALEGA:

A partir deste domingo parece ser que vos van deixar saír unha hora de paseo. Que ben, non si?

Quero que escribades brevemente un pequeno texto de 4 liñas mínimo. Neste texto escribide o que ides facer nese paseo.
Preguntas que vos axudan a redactar (deberán ir contestadas):
-  Que tes ganas de facer?
- A onde vas ir?
- A onde tes ganas de ir?
- Como vas saír a rúa?
- Con quen vas saír?
- A que hora cres que sairás de paseo?
- Canto tempo vas estar fóra?

Agradecería que me enviarades foto da vosa redacción. Se as facedes curiosiñas publicámolas e así todos vedes a de todos/as.

Déixovos un vídeo dun conto relatado por unha profe que me pareceu moi chulo.



* LINGUA CASTELÁ:

Quiero que copiéis en la libreta información sobre el Premio Cervantes, que tendría que estar leída del día de ayer.

Actividad: Pon de título "Premio Cervantes" y luego copia las siguientes 8 preguntas con la respuesta (que ya os la doy).

  • Premio  Cervantes

Es un premio literario que tiene lugar en España y se entrega el 23 de abril de cada año, el día del Libro.

- ¿Que és?
      Es un premio literario considerado el más importante en la literatura castellana.

-  ¿Que se premia?
     El conjunto de toda la obra de un autor en lengua castellana que contribuye al patrimonio cultural hispánico. (Similar al Día de las Letras Gallegas).

- ¿En qué consiste el premio?
     En un gran reconocimiento social, prestigio  y  125.000 €!!!
     El día de la entrega también recibe una estatuílla, una medalla y un diploma.

                Premio Cervantes - EcuRed                42 mejores imágenes de Premio Miguel de Cervantes | Miguel de ...


- ¿Desde qué año se celebra?
     Desde 1976. Siempre se celebró el día 23 de abril.

- ¿Quién elige al premiado?
     La Real Academia Española (RAE), las Academias de la Lengua de los países de habla española y los anteriores ganadores de este premio.

- ¿Cuándo deciden quién es el ganador o ganadora?
    A finales del año anterior, pero no se entrega hasta el día 23 de abril.

- ¿Quién entrega el premio? 
     El rey de España.

- Este año, ¿quién es el premiado?
      Joan Margarit, es un poeta catalán.

__________Hasta aquí la copia.


JUEGOS EN LÍNEA:

  • Diviértete con Don Quijote (Clic en entrar, columna izquierda, el tercero. Luego si clicáis en cada aventura la escucháis, si le dáis a Juegos de Lengua tenéis que elegir el juego y jugar).
  • Ortodiver (Para practicar la ortografía)


RETO: ADIVINANZAS (Voluntario)

Para este finde os dejo aquí algunas adivinanzas, para que las aprendáis y resolváis y luego se lo contáis a otros.

1. Cuerpo de palo, cabeza de color,
me encienden con cuidado
y doy mucho calor. ¿Qué soy?

2. Un animalito con cuatro dientes, que nos trae comida muy diligente.¿Qué es?

3. Una señorita blanda que, sin ser enferma, siempre está en cama. ¿Qué es?

4. Dicen que quien lo tiene
es muy gracioso,
se sacude en la mesa contra lo soso.
¿Qué es?


LECTURAS EN LIÑA DE CÓMICS (Para cando vos apeteza)

Para cando queirades ler cómic, aconséllovos o seguinte blog lectura cómics.
Escollede o que vos apeteza da colección Olé (Zipi y Zape, Rompetechos, Mortadelo y Filemón, Pepe Gotera y Otilio...)
http://leer-comics.blogspot.com/2019/02/coleccion-ole.html

No anterior blogue tamén tedes outros cómics como os de Marvel (X-Men, Superman...)


Que pasedes unha boa fin de semana, espero as vosas redaccións e os vosos traballos do día do Libro.

Saúdos!!




xoves, 23 de abril de 2020

Xoves, 23 de abril

Boas!!

Hoxe é o...

📕  DÍA   DO   LIBRO   📕


Día del libro 23 Abril ¿Por qué se celebra el Día del Libro ...

Na seguinte páxina tedes moita información con respecto ao Día do Libro (historia, dende cando se celebra, porque o día 23 de abril, actividades que se desenvolven, etc.)

https://www.diadellibro.eu/

🌹📕Na Comunidade Autónoma de Cataluña este día celébrase o día do 🌹Sant Jordi (San Jorge)🌹 no que existe a tradición de intercambiar rosas por libros. Un amigo regálache  un libro e ti a el unha rosa, por exemplo.

Neste día, todos os anos se leva a cabo en España:

  • Premio  Cervantes


 Todos os 23 de abril, en España, ten lugar a entrega do Premio Cervantes (Sabedes de onde vén o nome, non si? Do gran escritor Miguel de Cervantes, na súa honra creouse este premio).
A través das seguintes preguntas contestadas coñecerás máis datos sobre este afamado Premio.

- ¿Que é?
      É un premio literario considerado o máis importante na literatura castelá.

-  ¿Que se premia?
      O conxunto de toda a obra (todo o que escribiu) dun autor no idioma castelán e que contribuíu ao patrimonio cultural hispánico. (É coma o noso Premio do Día das Letras Galegas, pero no idioma en castelán).

- ¿En que consiste o premio?
     Nun gran recoñecemento social e  125.000 €!!!
     O día da entrega tamén reciben unha estatuíña, unha medalla e un diploma.

                Premio Cervantes - EcuRed                42 mejores imágenes de Premio Miguel de Cervantes | Miguel de ...
A que merece a pena escribir???? 😄

- ¿Dende que ano se celebra?
     Dende 1976. Sempre se celebrou o día 23 de abril.

- ¿Quen escolle ao premiado?
     A Real Academia Española (RAE), as Academia da Lengua dos países de fala castelá e os gañadores anteriores deste premio.

- ¿Cando deciden quen é o gañador ou gañadora?
    A finais do ano anterior, pero non se entrega ata o día 23 de abril.

- ¿Quen entrega o premio? 
     O rei de España.

- Este ano, ¿quen é o premiado?
      Joan Margarit, é un poeta catalán. Aquí tedes a súa foto:

Joan Margarit i Consarnau.jpg


Debido a situación na que nos atopamos de emerxencia sanitaria polo COVID-19, este premio está aprazado. Sempre o televisan en directo o día 23 de abril, pero este ano terá que esperar.

  • Día dos dereitos de autor


 Hoxe tamén ten lugar esta conmemoración, sabedes que é este dereito?

Neste vídeo explican o que é. A ver se vos gusta e o comprendedes.😉


En resumo, o autor dunha obra, obxecto... significa que é da súa propiedade que "eu" cando use esa obra ou ese obxecto non podo dicir que o inventei eu, senón que merquei unha idea feita por tal persoa. Por iso, os profes vos dicimos e vos diremos moitas veces que non se pode copiar información nun traballo de investigación se non poñemos de onde sacamos esa información (ao que lle chaman no vídeo dereito de cita).


Pois unha vez informados sobre as conmemoracións que hai o 23 de abril, imos coas tarefas:


  • Para un vídeo/mural que se vai facer no cole "VOLVEREMOS A LER XUNTOS", ímosvos facer traballar a toda a familia:
Estades dispostos? Espero que o pasedes xenial!


Actividade 1   boneco lector  


SEGUNDOMONSALUD: ¿Cómo construimos un muñeco lector? 
Estes son 3 bonecos lectores, cada un co seu libro.


Neste vídeo un profe explícavos todo o proceso para realizalo.


Aquí tedes os pasos ilustrados.

Con respecto ao material, non merquedes nada, buscade o que teñades na casa un folio e píntoo con moitas cores, se non tes unha folla dun caderno, follas de revista para as extremidades... como vexades. Ten que quedar curiosiño, intentádeo facer ben bonitiño.

- o teu boneco ten que ler o teu libro favorito ou o que estás lendo, polo que necesitas debuxarlle a portada e colocarlla entre as mans (como fai no vídeo co libro dos "tres cerditos")

- tes que escribir o teu nome no boneco e que se vexa, por exemplo na barriga abaixo á dereita.


Actividade 2:  cartel/pancarta sobre a lectura

Escolle un destes lemas e complétao!

  •  "LER FAIME SENTIR..." e escribides un adxectivo que vos corresponda (tranquila, libre, intrigada, emocionada, contenta, intelixente, asustada, importante, feliz, experta, alegre, relaxada, inventeira, como unha raíña... o que vos xurda. Por exemplo LER FAIME SENTIR INTRIGADA


  • "GÚSTAME LER PORQUE... " e escribides a vosa razón, por exemplo (é xenial, aprendo moito, é diver, pasámolo ben, me entretén, me relaxo, axudáme a imaxinar, me fai sentir ben, miña irmá/meu irmán escóitame.... etc) Por exemplo: GÚSTAME LER PORQUE ME CALMA.

Neste cartel/pancarta ten que aparecer o lema, o debuxo do libro que estás lendo ou un que che guste ou varios. Tamén ten que aparecer o voso nome e curso.

Era convinte que o fixerades en familia, co material que teñades na casa, e estaría moi ben reutilizar (por exemplo folio, xornal, revista, telas, etc.) Cantas máis cabezas pensen xuntas, máis ideas e orixinalidade.

Se o facedes en conxunto con voso irmán/irmá non precisades facer o voso,chega un por familia.


Actividade 3: foto do libro que estades a ler

(É opcional) podedes enviarme unha foto do libro que estades lendo, ou mesmo unha foto vosa lendo sós, ou lendo en familia, cun irmán/familiar, etc. 

Os papis/mamis/familiares deben enviarme unha foto de cada actividade ao meu correo (boneco, cartel e opcional unha foto de ti lendo): nuria.castro@edu.xunta.gal

Despois con todas as fotos dos vosos traballos faremos un vídeo que poñeremos na páxina web do cole. Xa verás que chulo ver a todo o cole unidos coa lectura!

Como quero que quede un traballo superchulo, dedicádelle tempo. Teredes de prazo ata o domingo a noite. Organizádevos como vexades.


Querido lector, hoxe é o teu día, así que disfrútao da mellor forma... lendo!!


mércores, 22 de abril de 2020

Mércores, 22 de abril

Bo día!

Como ides?

Contentos coa decisión do goberno de deixar saír en momentos puntuais aos nenos e nenas menores de 14 anos??
Vedes que difícil é que moitas persoas se poñan de acordo? O primeiro dicían de non deixar saír, logo que si, despois que era persoas ata 12 anos, máis tarde que era para acompañar aos pais a facer os recados... Aínda deben aclarar a duración dos vosos paseos. Para o domingo xa o saberemos.

 Iso é o mesmo que nos pasa cando facemos os traballos en grupo no cole, pero hai que aprender a ceder polo ben do grupo, apartar os intereses persoais.

Hoxe é o Día Mundial da Terra. 

Con este motivo o buscador de google ofrece un xogo interactivo. Consiste en polinizar flores.
Se o queredes probar, tedes que ir ao buscador de google e facer clic nas letras "google", logo aparecerá unha abella e premedes nela. Despois deberedes escoller que flor queredes polinizar (é dicir, que a abella lle leve polen para que nazan máis flores). Despois veredes un vídeo explicativo sobre as abellas e comezará o xogo.

O xogo consiste en pasar por enriba das flores e coller o seu polen, cada flor ten un pole dunha cor, que deberedes deixar enriba doutra flor con esa cor.
A min pareceume entretido, a ver se vos gusta!



Para o día de hoxe, tedes as seguintes tarefas pendentes.

* MATEMÁTICAS:

Corrección trabajo anterior:

¿Qué tal los problemitas de la página 135, del otro día?

Estarán hechos correctamente si...

ejercicio 8: sumaste todos los globos (15+35+20+10) y te dio 80.
Luego dividiste ese resultado entre las 5 mesas (80:5=16)
La solución sería "Sí, Sandra podrá poner 16 globos en cada mesa"

ejercicio 9: sumaste todos los pesos (20+23+27+18) y te dio 88.
La solución: "No, pesan menos de 110 kg"

La tarea de hoy:

Página 140, haréis la lectura de la unidad 10 "Escalando montañas", y luego de la página 141 contestareis las 5 preguntas en "Lee, comprende y razona".

Creo que no tendréis dificultad ninguna si leéis y os fijáis. ¿A qué no? 😉

* LINGUA CASTELÁ:

Mañana es 23 de abril, el Día del Libro. Sabéis que la conmemoración de este día empezó en 1926 y es para animar a la gente a seguir leyendo. Se eligió el día 23 porque en ese día coincidió que nacieron y murieron grandes escritores como Miguel de Cervantes, William Shakespeare, Garcilaso de la Vega (estos 3 en el mismo año, en 1616).

En este enlace tenéis que leer información y curiosidades sobre Miguel de Cervantes, el autor del famoso "Don Quijote de la Mancha". Clic aquí Miguel de Cervantes

Aquí os dejo en forma de vídeo su biografía (explicada en menos de 3 min):


En el siguiente vídeo os pongo un trocito de una serie animada que hicieron sobre Don Quijote de la Mancha. A pesar de que ya es muy "vieja" (ya veréis de que forma peculiar hablan), aún sigue teniendo éxito. ¡Que la disfrutéis!

El comienzo: cuando Alonso Quijano se convierte en Don Quijote.

La primera salida de Sancho y Don Quijote en busca de aventuras.


La aventura de la lucha contra los gigantes de Don Quijote


* CIENCIAS DA NATUREZA:

O luns díxenvos que vos ía poñer unha proba tipo exame sobre a unidade 5 dos animais invertebrados. Quero que a fagades o mellor posible. Convertin o exame en ficha interactiva para facelo máis sinxelo.

Para facer a proba, tes que premer aquí a proba de natu- tema 5

Despois é importantísimo que lle deades a "Enviar mis respuestas a mi profesor/a"
Logo Cubres os teus datos: nome e inicial do primeiro apelido, 4º curso, Naturais e a  clave para o último cadriño:

 4odj1hl4pc

* LINGUA GALEGA:

A actividade para facer no caderno de lingua galega consiste en facer unha redacción.

Imaxinade que o presidente de España, Pedro Sánchez, quere coñecer a opinión sobre se os nenos e nenas queren saír a rúa e que poden facer (dar só un paseo na rúa na que está a vivenda, ir só cun pai unha vez o día, ir cunha persoa maior aínda que non sexa pai, que vos deixen saír sós, se poderedes andar en bici...)

Quero que primeiro pensedes que recomendacións lle ides dar. Despois escribides unha carta que comece así:

Querido presidente, chámome..... e vivo en..... Teño... anos e quero darlle algunha recomendación para as normas que quere establecer este domingo.
As miñas recomendacións son: (poñede as que consideredes, mínimo 3)
- Os nenos e nenas ....
- ....
Para rematar agradézolle o seu tempo e mándolle un saúdo.

(e a vosa firma)


Creo que hoxe non vos ides aburrir que tedes traballo abondo. Sempre intento poñervos variado: ler, escribir, ver vídeo, facer en liña... Mañá só vos pedirei unha tarefa, vale?

Que pasedes bo día da Terra!  Coidádevos!


Venres 19 de xuño

🙋Bos días!! Chegamos á "clase á distancia" número 60. Último día deste trimestre e derradeiro deste curso 2019/2020. Q...