martes, 17 de marzo de 2020

MARTES, 17

🙋 Bos días!

Espero que fixerades as preguntas que mandei onte (no caderno de lingua galega), despois de ver o vídeo e ler o contiño sobre o Coronavirus.

Hoxe, martes, vouvos pedir que fagades:

*En lingua galega:


  • a lectura da páxina 110 e 111 do libro de GALEGO, que é a lectura "Apagade a wifi!" do inicio da unidade 9. (Tranquilos, que xa retomaremos as páxinas que saltamos)
  • Despois faredes as "Destrezas de escritura" para continuar a historia, tal e como vos indica ao final da páxina 111.
  • Na páxina 112 faredes os 7 exericicios (1, 2, 3, 4, 5, 6 e 7) sobre comprensión lectora (con enunciado CON BOA LETRA).

*En Ciencias Sociais:


  • O xoves déravos 3 fichas: unha sobre as comunidades autónomas de España, outra dun mapa España político, e a última sobre a Unión Europa. Estas fichas deberían estar feitas. Senón poñédevos a facelas. Debedes mirar polo libro para que vos queden completas, e así ilas estudando porque tan pronto volvamos a normalidade imos facer exame da Unidade 5.

  • Deberedes completar  o mapa de España co nome das distintas provincias (se non está xa). Mirade no libro na páxina 68 (deberedes pintar cada comunidade autónoma dunha cor, como está nesa páxina). Na seguinte imaxe podedes ver outra mapa coas provincias en galego. 
  • Quero que o fagades moi curiosiño, con maiúsculas dos nomes propios, que quede ben clariño onde se sitúa a palabra, deberedes poñer tamén o nome dos mares, e pintalo moi bonito cada comunidade autónoma dunha cor suaviña, pero que non tape o que escribistedes.


Provincias de España

  • Na páxina 69 do libro de Sociais deberedes copiar no caderno de sociais (senón nunha folla) con bolígrafo o cadro marronciño que resume as dúas páxinas e facer os exercicios 1, 2 e 3. E estudar!!!! Tedes que saber todas provincias, e todas as Comunidades Autónomas!!

*En Lingua Castelá
  • Página 119 del libro de texto, tenéis que hacer las actividades finales de la Unidad 8. (ejercicios 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8 y 9) en la libreta de Lengua, si no la tenéis en una hoja, para que después la pueda corregir.  Quiero enunciados y BUENÍSIMA LETRA!
  • (Estas actividades, junto a una ficha de lengua, ya os la mandé anotarlas en la agenda, así que supongo que alguno ya las haría, lo que me alegra 😉)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Venres 19 de xuño

🙋Bos días!! Chegamos á "clase á distancia" número 60. Último día deste trimestre e derradeiro deste curso 2019/2020. Q...