LUNS, 23.03.20
Bos días! Comezamos unha semaniña máis estudando dende as casiñas. Hoxe quérovos comentar noticias:
Estades de sorte, a profe recoméndavos que usedes algo de Internet a través das direccións para practicar xogos, repasar contidos, etc. Agora, tamén vos vou recomendar algo de tele!!! Que sorte, non si?
De luns a venres dende ás 10 da mañá ata ás 11 h podedes ver Clan Tv "Aprendemos en casa". Cada día terá unha temática
As tarefas de hoxe son:
LINGUA GALEGA:
Lembrádesvos das palabras esdrúxulas??
Son aquelas palabras que teñen a sílaba tónica (a que se pronuncia con máis forza) na antepenúltima sílaba. Sempre, sempre, sempre, sempre levan acento gráfico (´); por iso son fáciles de identificar.
No libro veñen na páxina 116 e 117. Vouvos pedir, que fagades os exercicios: 1, 2, 3, 4, 6, 7 e copiar o texto do 5 con moi boa letra (despois autocorrexídelo vós mesmos con boli vermello). O exercicio 1, só deberedes poñer o número e escribir que palabra é, non fai falta copiar o encrucillado.
Actividades en línea:
MATEMÁTICAS:
Hoy, vamos a continuar con "problemillas".
- Libro de texto, página 117 ejercicio 5. Son 4 problemas con números decimales. Fijaos si es necesario hacer más de una operación.
- En la página 118 los ejercicios 1, 2 y 3 son problemas con números enteros (no hay decimales), tenéis que completar los datos de problemas fijándoos en la resolución. (¡Ya tenéis las operaciones hechas!)
- Tenéis que ¡¡¡copiar los enunciados en todas las tareas!!!
Actividades en línea:
CIENCIAS DA NATUREZA:
Que son os animais invertebrados? Xa o sabes? Ímolo lembrar con outros vídeos explicativos, o problema é que están en castelán, pero non tedes problema que sodes quen de traducir e saber a cales se refiren.
No libro de texto facedes na páxina 73, os exercicios 1, 2 e 3 sobre os primeiros grupos que demos dos invertebrados: esponxas, medusas e vermes.
Actividades en liña:
Intentarei poñervos máis ligazóns no blogue para aqueles que teñan as tarefas ao día e poidan xogar en línea.
Que pasedes un bo día!
Saudiños!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario