Comezamos o mes de Xuño, o que dá ánimos e ganas de acabar o cole, pensar nas vacacións... Como ben sabedes, este ano é todo tan raro e distinto... que dá moita mágoa non tar no cole con exames, ou? 😉
Recordade sempre o que vos repetín nunhas cantas ocasións na clase: "O importante non son as notas, son simple cifras; o que de verdade importa é esforzarse para ser bo compañeiro/a, bo fillo/a... = boa persoa".
E nestes momentos o importante e estar ben e con ánimos. Toda esta situación que nos tocou vivir quedaravos sempre na memoria. A min tamén, recordareivos como eses pelegríns que tanto traballaron a distancia comigo. Estou moi contenta de coñecervos e compartir clases con vós.
Así que cos últimos esforzos para este curso complicado, imos continuar coas tarefas. Hoxe, toca:
* LINGUA GALEGA:
O último día, venres, fixemos lingua galega co libro de Sociais. Gustaríame ver as vosas respostas (se podedes, mandádeme a foto porfa).As solucións da comprensión lectora da páx. 96 son:
Para hoxe, quero que traballedes co libro e caderno de lingua:
- Recordas como se deben partir as palabras ao final de liña?
- Temos que separar por sílabas e nunca nunca:
- deixar unha letra soa
- separar dúas vogais
- separar os dígrafos: ll, gu, nh, ch, qu, rr
- Le o cadro de explicación da páxina 142. (Isto xa o traballamos en lingua castelá)
- Realiza no caderno os exercicios 2, 3 e 4 da páx.142.
* MATEMÁTICAS:
Estou agardando as vosas fotos do reto matemático! Quero facer un ránking coas unidades de medida extremas. Aínda estades a tempo de enviarme as imaxes ou a foto do caderno onde anotástedes os datos.Aquí as primeiras fotos do reto que xa fixo o voso compi Sergio!
Creo que o tedes moi difícil para superar, pero non hai nada imposible! Animádevos a participar!
SERGIO: Objeto con poca masa: Pintalabios de 4 g!!🏆
SERGIO: Objeto con poca capacidad: Micro-perfume de 1,2 ml! 🏆
SERGIO: Objeto de poca capacidad: crema de 3,5 ml!
SERGIO: Recipiente para mucha masa: 12 toneladas!!! = 12000 kg!! 🏆
SERGIO: Recipiente de mucha capacidad: para 15000 litros = 15 kl !!! 🏆
_________
Para hoy vamos a trabajar con las unidades de medida de masa.
- Primero, vamos a corregir los ejercicios de la página 160 (ejer. 1, 2 y 3) y 161 (ejer. 1 y un problema del 2).
Solución ejer 1, 2 y 3 de la pág.160
Solución ejer. 1 y 2 de la pág.161
- Después, haremos de la pág. 163:
- El ejer. 3 no tenéis que copiar las preguntas ni el enunciado simplemente me contestais la pregunta (pon siempre la unidad que te piden). 1 t (1 tonelada) son 1000 kg.
- El cálculo mental consiste en sumar las decenas completas y luego restar 1.
- Por ejemplo: Para resolver 16+19=
- (Redondeo el 19 a las decenas, por lo que son 20
- se lo sumo, 20+16 = 36 y
- quito uno que puse antes demás 36-1=35)
* CIENCIAS SOCIAIS: (Imos facer Natu mañá)
Unha vez que coñecedes o que se pode atopar nun xacemento arqueolóxico imos coñecer os períodos nos que se divide a Prehistoria porque cada un ten diferentes características.A Prehistoria é o tempo que ocorre ata a invención da escritura. É moi moooiii longo... Divídese en 3 períodos: Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais.
Tarefas:
1. Ver vídeo sobre o Paleolítico e o Neolítico.
2. Lectura do libro de texto das páx. 98, 99, 100 e 101.
3. Facer no caderno o exer. 1 da páxina 101 (É unha táboa comparativa do período Paleolítico e Neolítico).
A continuación, vounas explicando:
PALEOLÍTICO:
- Mira o seguinte vídeo e presta atención o que che contan do Paleolítico.
- Le as páxinas 98 e 99 do libro para completar a información sobre o Paleolítico.
NEOLÍTICO:
- Mira o seguinte vídeo sobre o Neolítico:
- Lectura das páxinas 100 e 101 do libro de Sociais, sobre o Neolítico.
- Páxina 101 exercicio 1 (Facer unha táboa comparativa do Paleolítico e Neolítico.
Despois de cumprir coas tarefas... a gozar do día!
Que o pasedes ben! E seguide tendo húmidas as sementes a ver se medran un pouco máis ou non.