domingo, 31 de maio de 2020

Luns, 1 de xuño


🙋Boas!!

Comezamos o mes de Xuño, o que dá ánimos e ganas de acabar o cole, pensar nas vacacións... Como ben sabedes, este ano é todo tan raro e distinto... que dá moita mágoa non tar no cole con exames, ou? 😉

Recordade sempre o que vos repetín nunhas cantas ocasións na clase: "O importante non son as notas, son simple cifras; o que de verdade importa é esforzarse para ser bo compañeiro/a, bo fillo/a... = boa persoa".

E nestes momentos o importante e estar ben e con ánimos. Toda esta situación que nos tocou vivir quedaravos sempre na memoria. A min tamén, recordareivos como eses pelegríns que tanto traballaron a distancia comigo. Estou moi contenta de coñecervos e compartir clases con vós.


Así que cos últimos esforzos para este curso complicado, imos continuar coas tarefas. Hoxe, toca:

* LINGUA GALEGA:

O último día, venres, fixemos lingua galega co libro de Sociais. Gustaríame ver as vosas respostas (se podedes, mandádeme a foto porfa).
As solucións da comprensión lectora da páx. 96 son:

Para hoxe, quero que traballedes co libro e caderno de lingua:

  • Recordas como se deben partir as palabras ao final de liña?
  • Temos que separar por sílabas e nunca nunca: 
    • deixar unha letra soa
    • separar dúas vogais
    • separar os dígrafos: ll, gu, nh, ch, qu, rr
  • Le o cadro de explicación da páxina 142. (Isto xa o traballamos en lingua castelá)
  • Realiza no caderno os exercicios 2, 3 e 4 da páx.142.


* MATEMÁTICAS: 

Estou agardando as vosas fotos do reto matemático! Quero facer un ránking coas unidades de medida extremas. Aínda estades a tempo de enviarme as imaxes ou a foto do caderno onde anotástedes os datos.

Aquí as primeiras fotos do reto que xa fixo o voso compi Sergio!
Creo que o tedes moi difícil para superar, pero non hai nada imposible! Animádevos a participar!

SERGIO:  Objeto con poca masa: Pintalabios de   4 g!!🏆

SERGIO:  Objeto con poca capacidad: Micro-perfume de  1,2 ml! 🏆

SERGIO: Objeto de poca capacidad: crema de 3,5 ml!

SERGIO: Recipiente para mucha masa: 12 toneladas!!! =  12000 kg!! 🏆

SERGIO: Recipiente de mucha capacidad: para 15000 litros = 15 kl !!! 🏆

Sergio os reta a igualarlo o mejorarlo, ¿podréis?
_________

Para hoy vamos a  trabajar con las unidades de medida de masa.
  • Primero, vamos a corregir los ejercicios de la página 160 (ejer. 1, 2 y 3) y 161 (ejer. 1 y un problema del 2).
Solución ejer 1, 2 y 3 de la pág.160

Solución ejer. 1 y 2 de la pág.161

  • Después, haremos de la pág. 163:
  • El ejer. 3 no tenéis que copiar las preguntas ni el enunciado simplemente me contestais la pregunta (pon siempre la unidad que te piden). 1 t (1 tonelada) son 1000 kg.
  • El cálculo mental consiste en sumar las decenas completas y luego restar 1.
    • Por ejemplo: Para resolver 16+19= 
    • (Redondeo el 19 a las decenas, por lo que son 20
    • se lo sumo, 20+16 = 36 y
    •  quito uno que puse antes demás 36-1=35)

* CIENCIAS SOCIAIS: (Imos facer Natu mañá)

Unha vez que coñecedes o que se pode atopar nun xacemento arqueolóxico imos coñecer os períodos nos que se divide a Prehistoria porque cada un ten diferentes características.
A Prehistoria é o tempo que ocorre ata a invención da escritura. É moi moooiii longo... Divídese en 3 períodos: Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais.

Tarefas:
1. Ver vídeo sobre o Paleolítico e o Neolítico.
2. Lectura do libro de texto das páx. 98, 99, 100 e 101.
3. Facer no caderno o exer. 1 da páxina 101 (É unha táboa comparativa do período Paleolítico e Neolítico).

A continuación, vounas explicando:

PALEOLÍTICO:
  • Mira o seguinte vídeo e presta atención o que che contan do Paleolítico.

  • Le as páxinas 98 e 99 do libro para completar a información sobre o Paleolítico.

NEOLÍTICO:
  • Mira o seguinte vídeo sobre o Neolítico:

  • Lectura das páxinas 100 e 101 do libro de Sociais, sobre o Neolítico.
  • Páxina 101 exercicio 1 (Facer unha táboa comparativa do Paleolítico e Neolítico.
___

Despois de cumprir coas tarefas... a gozar do día!

Que o pasedes ben! E seguide tendo húmidas as sementes a ver se medran un pouco máis ou non.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Venres 19 de xuño

🙋Bos días!! Chegamos á "clase á distancia" número 60. Último día deste trimestre e derradeiro deste curso 2019/2020. Q...