Xa rematamos a primeira semana deste mes de xuño.
Esta é a clase número 50 que levamos a distancia. Son un montón!!
Hoxe ademais, é o DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE!!
Todos os 5 de xuño, a Organización de Nacións Unidas (ONU) dedica este día para facer tomar conciencia do importante e necesario que é coidar a natureza.
Este ano a conmemoración céntrase en preservar a Biodiversidade (toda a variedade de vida que existe no planeta: insectos, mamíferos, plantas...)
Por iso hoxe todas as actividades que faremos estarán relacionadas con esta celebración.
* LINGUA GALEGA:
Primeiro, convén facer a corrección dos exercicios 5, 6 e 7 da páx.145Exer. 5: A palabra que está mal partida é "entr-ada" porque non se pode romper unha sílaba, poderíase escribir "en-trada" ou "entra-da".
Exer. 6: Palabras da familia de "terra":
O can enterrou un óso no xardín.
Nese terreo van construír dúas casas.
Exer. 7: Resposta modelo non resposta única:
choutei= Onte durante o partido choutei un balonazo cara a portería e case vai gol.
escollerei = Mañá xa escollerei o tema para facer o traballo de clase contigo.
conduzo = Eu aínda non conduzo porque non teño o carné.
Xa sabedes que hoxe é o Día Mundial do Medio Ambiente!!
Polo que nos vén ben:
- a Lectura das páxinas 148 e 149 do libro de Lingua. Titúlase "A auga".
- Páx.150 exer.7: Fai un plan persoal de aforro de auga. (Fai unha foto e envíama)
Para facer en liña:
* LINGUA CASTELÁ:
En relación con el día Mundial del Medio Ambiente...Mira el primer minuto y 20 segundos de este vídeo y entenderás que significa "Biodiversidad"
- Presta atención al siguiente vídeo. En él hablan varios pescadores de Badalona, no Barcelona, aunque están cerca, ambas en la Comunidad Autónoma de Cataluña, y situadas en la costa.
- Haz un cartel con medidas/consejos para cuidar el Medio Ambiente. Pon las que consideres oportunas.
- Un cartel debe llevar un título (por ejemplo: Cuida el Medio Ambiente o el que inventes tú)
- En el cartel debe haber texto escrito y alguna imagen/dibujo.
- Deben quedar claros los consejos/medidas que dice el cartel.
- ¿Qué consejos/medidas puedo escribir? Lo que puedes hacer tú para cuidar la naturaleza y respetar la biodiversidad.
Deséxovos unha boa finde!
Que xoguedes, descansedes, leades, axudedes á familia... 😉
Coidádevos a vós e a biodiversidade!
🌷🌵🌲🌴🌼🌺🍄🐌🐍🐑🐄🐖🐟🐤🐦🐛🐜🌹🌳
Ningún comentario:
Publicar un comentario