luns, 16 de marzo de 2020

Bos días clase!


Como xa sabedes, durante dúas semanas temos que permanecer nas casas e só saír en caso de necesidade.... Todo isto é por culpa do Coronavirus!!

Preséntovos un pequeno vídeo ilustrativo que vos explica de xeito sinxelo o que é o Coronavirus e que debemos facer para evitalo:




Tamén poderedes ler un conto moi visual que creou unha psicóloga chamada Manuela Molina para explicar aos nenos e nenas máis pequenos/as o que é o Coronavirus:

Descargar libro pdf (para ver por ordenador ou imprimir)



  • Unha vez que fagades estas actividades, ver o vídeo e ler o conto, deberedes copiar no caderno de lingua galega as seguintes preguntas e contestalas: (se non tes o caderno faino noutra folla, pero non a perdas, que a quero ler).


1. Que é o Coronavirus?

2. Cales son os tres síntomas propios do Coronavirus?

3. Que medidas de precaución debemos facer para evitar contaxiarnos do Coronavirus?

3. Por que cres que suspenderon as clases no colexio en todo o país?

4. Estás dacordo con esta decisión?

5. Ti que farías se foses o presidente de España e se presenta unha enfermidade moi contaxiosa?


_______________________________________________________________

Quero que diariamente traballedes un pouco de todo, este blog é unha guía onde intentarei poñervos algún vídeo e xogos pero iso non quere dicir que non teñades que ler, escribir, estudar.... Vale???



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Venres 19 de xuño

🙋Bos días!! Chegamos á "clase á distancia" número 60. Último día deste trimestre e derradeiro deste curso 2019/2020. Q...