martes, 10 de marzo de 2020

SOCIAIS


Nós vivimos no concello da Fonsagrada (a maioría) que pertence a provincia de Lugo. Ao mesmo tempo, Lugo é unha das catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia (xunto con A Coruña, Pontevedra e Ourense). Galiza ou Galicia forma parte de España, que é un país que está na Unión Europea  (UE).

Quedou claro onde vives?

A Unión Europea (UE) é unha organización política e económica que agrupa actualmente a 27 países europeos que colaboran entre eles. (Non todo os países do continente Europa se uniron; recordade que Unión Europea é diferente de Europa).

Aquí podes consultar máis información:

Que é a Unión Europea? Países que a forman.

Aquí podes xogar aprendendo máis sobre a Unión Europea e divertíndote!

Puzzle da UE



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Venres 19 de xuño

🙋Bos días!! Chegamos á "clase á distancia" número 60. Último día deste trimestre e derradeiro deste curso 2019/2020. Q...