venres, 17 de abril de 2020

Venres, 17 de abril


Ola, ola!!  👋  Xa rematamos a primeira semana do terceiro trimestre, o tempo pasa voando!

Quérovos ensinar novas obras artísticas que me chegaron. Grazas!!








Agora, imos co traballo que toca hoxe:

* LINGUA GALEGA:

Lembrades a lectura sobre Ámsterdam e as bicicletas?

Ámsterdam é a capital dos Países Baixos, (chamados ás veces Holanda).

Pois quería seguir traballando un pouco relacionado con este tema, aprender curiosidades, vocabulario sobre a bicicleta, etc...

Sabíades que en Ámsterdam hai máis bicicletas ca habitantes??  👀😮

Miden as distancias segundo o tempo que leva chegar en bici dun lugar a outro. Aquí, medimos en función do tempo que nos leva en coche, por exemplo, dicimos que Fonsagrada está a unha hora de Lugo. Porque o medio de transporte máis común para nos é o automóbil, para eles é a bici.

*Unha anécdota...
meu irmán estivo estudando en Holanda, o primeiro día que chegou pediu un taxi para ir o piso no que se quedaba, e pensou durante todo o camiño que o estaban estafando porque en internet poñía "10 minutos en bici" e levoulle 1h e 15 min ao taxista!!!!
Despois decatouse que non, que realmente era así, moitísimas distancias levaba máis do dobre do tempo ir en coche que na bicicleta. Todo o país está feito para andar en bicicleta, é moi chan, atállanse moito as distancias, hai semáforos e camiños só para elas, sempre hai onde deixar a bici...

Outro día douvos máis anécdotas sobre este país, que vos parece?

Hoxe ímonos centrar na BICICLETA, unha máquina complexa, a que seguro que todos vos subistedes. (Xa vin que no comezo do curso fixestedes unha andaina con ela).

Para iso quero que vexades un vídeo explicativo de 6 min sobre a bicicleta: nome das partes en galego, beneficios, a súa historia e sobre a seguridade para o seu uso.
Este vídeo ten moito mérito porque foi un traballo de investigación realizado por alumnos e alumnas de 5º dun cole de Vigo.

      A bicicleta      

Vídeo explicativo sobre as bicicletas feito por alumnado de 5º do CEIP Plurilingüe Frián-Teis (Vigo)


Fai isto no teu caderno de lingua galega, despois de poñer a data (Venres, 17 de abril de 2020) e o título con letras "chulis": "A BICICLETA".
  • 📓 DEBUXA unha bicicleta como a do vídeo anterior para sinalar as partes e escribir o seu nome en galego. (Déixovos aquí dous vídeos de como debuxar unha bici)


  • 📓 Contesta  no teu caderno:
    • Escribe catro beneficios que nos proporciona a bicicleta.
    • ¿Quen che ensinou andar na bicicleta? Acórdaste?
    • Escribe unhas liñas contando unha anécdota sobre ti e a túa bici. (Por exemplo: unha caída, unha viaxe, cando montaches na bici por primeira vez, cando estrenaches unha bici...)

* LENGUA CASTELLANA:

Trabajaremos con el  libro de lengua (seguimos con el del segundo trimestre).
Quiero que hagáis:
  • 📕lectura de la unidad 10, titulada "El examen", páginas 136 y 137. 📕
  • 📒Página 138 ejercicios 1, 2, 3, 6 (es hacer un resumen) y 8.


¡A PENSAR...!

Vi este acertijo y me pareció que tienen muchas más difultades los mayores para resolverlo que los niños. Aquí os lo dejo para que comprobéis quién es el primero de la familia en acertar, tenéis todos el finde por delante para pensar.

"Un conejo 🐇 vio a seis elefantes🐘🐘🐘🐘🐘🐘 mientras se dirigía al río. Cada elefante vio dos monos 🐵🐵 que se dirigían hacia el río. Cada mono sostiene un loro 🐦en sus manos.
¿Cuántos animales van al río?"

_________ el lunes digo la respuesta.

Por si ya lo sabéis, os dejo más:

1- ¿Qué está en el centro de "París"?

2- ¿Qué palabra de cuatro letras contiene "seis"?

3- ¿Cuál es el día más largo de la semana?

4- ¿Cuál es el animal que tiene las cinco vocales en su nombre?

5- ¿En qué sitio está antes el Jueves que el Miércoles?


¡¡¡Hasta el lunes!!! ¡Buen finde! 😉🙋


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Venres 19 de xuño

🙋Bos días!! Chegamos á "clase á distancia" número 60. Último día deste trimestre e derradeiro deste curso 2019/2020. Q...