mércores, 15 de abril de 2020

Xoves, 16 abril

Bo día!

Que tal vos vai??

Supoño que vos enterástedes por algún medio de algo así como que "todo o alumnado vai pasar de curso salvo casos excepcionais".
Ben, non vos fiedes porque os medios escollen para os titulares as palabras que máis chaman a atención para que a xente queira saber máis. Non ven a dicir nada, o repetir curso nunca foi a regra xeral, cando se ten que tomar esta medida hai que xustificala moi ben. Dependendo do xornal ou da canle de televisión enfocan máis a unhas palabras ou outras, pero non son novidade (salvo que algúns coles poderán abrir en xullo para dar clases de reforzo voluntarias, xa veremos se se poderá levar a cabo)

Vouvos explicar brevemente o que pasou onte para que me entendades:

Onte houbo unha reunión moi importante sobre a educación (Conferencia de Educación), sobre que vai pasar co final de este curso académico atípico. Como xa sabedes, non pode haber reunións onde estea moita xente de diferentes lugares, polo que esta reunión foi telemática (a distancia), é dicir, como unha videochamada.
Nesta videoconferencia, había un representante de cada comunidade autónoma que traballa na área de educación (En Galicia foi a conselleira de educación, Carmen Pomar) (Recordade que hai 17 comunidades autónomas, polo que tería que haber 17 persoas mínimo)
A persoa que presidía a reunión era a ministra de Educación, Isabel Celaá. Ela era a encargada de establecer unhas reglas básicas sobre que facer ante esta situación nunca vivida, para rematar o curso académico. Estas instruccións díxollas a cada comunidade autónoma. Agora cada comunidade autónoma debe cumprilas e establecer regras máis concretas, xa que non é o mesmo un colexio en Madrid que aquí en Galicia ou Murcia (comunidades menos afectadas polo coronavirus).

Entón, todos os profes de Galicia estamos esperando indicacións. De momento só sabemos que todos temos que seguir traballando (profes e alumnos/alumnas), que o curso rematará en xuño (polo que aínda nos quedan 2 meses, como era previsto. E que como é máis difícil seguir as clases así que no colexio, piden que temos que ter en conta o esforzo de todas as familias por seguir o curso escolar. Pero que todos debemos seguir traballando, repasar, estudar...

Así que, hai que cumprir as leis.

Preparados? Pois alá imos!

* MATEMÁTICAS:

Ayer hicimos un repaso acumulativo que hoy vamos a continuar con problemillas.

  • Abrís el libro de mates en la página 139 y haréis los ejercicios 7, 9, 10, 11 y 12. (Como siempre, no hace falta copiar el problema si ponéis los datos y la pregunta, ¿Vale?)
Para hacer en línea, os propongo:

* SOCIAIS:

Para seguir repasando a unidade, propóñovos os seguintes xogos. se non podedes acceder a eles repasade polo libro e polo caderno a unidade:





  • Xogo sobre as institucións (está en castelán e é algo difícil, pero intentádeo, ide facendo o que saibades e avanzade, ata hai un encrucillado).

* LINGUA CASTELÁ: 

Vamos a repasar de forma divertida, os pongo dos fichas interactivas y un juego; por lo que en esta ocasión no necesitaréis libreta.

Para las dos fichas interactivas, os recuerdo cómo se hace, aunque estoy segura que ya lo sabéis:
-primero la hacéis
-luego le dais clic en ¡Terminado! 
-"comprobar mis respuestas", o pinchar "Enviar mis respuestas a mi profesor/a"
-Cubres con tus datos: nombre e inicial del primer apellido, 4º curso, Lengua y la siguiente clave para el último cuadrito:
 4odj1hl4pc

  •  El abecedario y coger más práctica para el orden alfabético.
Para eso tenéis que arrastrar las palabras al lugar que le corresponden. Recordad que primero buscamos la "a", luego la "b"... y así sucesivamente. Si hay dos palabras o más que empiecen por la misma letra miramos la segunda, la tercera y así sucesivamente hasta que tengamos el orden alfabético.


Click to open full screen
Orden alfabético, una ficha interactiva de profetamarita
liveworksheets.com


  • Las palabras antónimas

Las palabras antónimas, una ficha interactiva de victor
liveworksheets.com


  • Juego con palabras agudas, llanas y esdrújulas.
Juego palabras agudas, llanas, esdrújulas de mundo primaria


Saúdos!! 😋

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Venres 19 de xuño

🙋Bos días!! Chegamos á "clase á distancia" número 60. Último día deste trimestre e derradeiro deste curso 2019/2020. Q...