xoves, 23 de abril de 2020

Xoves, 23 de abril

Boas!!

Hoxe é o...

📕  DÍA   DO   LIBRO   📕


Día del libro 23 Abril ¿Por qué se celebra el Día del Libro ...

Na seguinte páxina tedes moita información con respecto ao Día do Libro (historia, dende cando se celebra, porque o día 23 de abril, actividades que se desenvolven, etc.)

https://www.diadellibro.eu/

🌹📕Na Comunidade Autónoma de Cataluña este día celébrase o día do 🌹Sant Jordi (San Jorge)🌹 no que existe a tradición de intercambiar rosas por libros. Un amigo regálache  un libro e ti a el unha rosa, por exemplo.

Neste día, todos os anos se leva a cabo en España:

  • Premio  Cervantes


 Todos os 23 de abril, en España, ten lugar a entrega do Premio Cervantes (Sabedes de onde vén o nome, non si? Do gran escritor Miguel de Cervantes, na súa honra creouse este premio).
A través das seguintes preguntas contestadas coñecerás máis datos sobre este afamado Premio.

- ¿Que é?
      É un premio literario considerado o máis importante na literatura castelá.

-  ¿Que se premia?
      O conxunto de toda a obra (todo o que escribiu) dun autor no idioma castelán e que contribuíu ao patrimonio cultural hispánico. (É coma o noso Premio do Día das Letras Galegas, pero no idioma en castelán).

- ¿En que consiste o premio?
     Nun gran recoñecemento social e  125.000 €!!!
     O día da entrega tamén reciben unha estatuíña, unha medalla e un diploma.

                Premio Cervantes - EcuRed                42 mejores imágenes de Premio Miguel de Cervantes | Miguel de ...
A que merece a pena escribir???? 😄

- ¿Dende que ano se celebra?
     Dende 1976. Sempre se celebrou o día 23 de abril.

- ¿Quen escolle ao premiado?
     A Real Academia Española (RAE), as Academia da Lengua dos países de fala castelá e os gañadores anteriores deste premio.

- ¿Cando deciden quen é o gañador ou gañadora?
    A finais do ano anterior, pero non se entrega ata o día 23 de abril.

- ¿Quen entrega o premio? 
     O rei de España.

- Este ano, ¿quen é o premiado?
      Joan Margarit, é un poeta catalán. Aquí tedes a súa foto:

Joan Margarit i Consarnau.jpg


Debido a situación na que nos atopamos de emerxencia sanitaria polo COVID-19, este premio está aprazado. Sempre o televisan en directo o día 23 de abril, pero este ano terá que esperar.

  • Día dos dereitos de autor


 Hoxe tamén ten lugar esta conmemoración, sabedes que é este dereito?

Neste vídeo explican o que é. A ver se vos gusta e o comprendedes.😉


En resumo, o autor dunha obra, obxecto... significa que é da súa propiedade que "eu" cando use esa obra ou ese obxecto non podo dicir que o inventei eu, senón que merquei unha idea feita por tal persoa. Por iso, os profes vos dicimos e vos diremos moitas veces que non se pode copiar información nun traballo de investigación se non poñemos de onde sacamos esa información (ao que lle chaman no vídeo dereito de cita).


Pois unha vez informados sobre as conmemoracións que hai o 23 de abril, imos coas tarefas:


  • Para un vídeo/mural que se vai facer no cole "VOLVEREMOS A LER XUNTOS", ímosvos facer traballar a toda a familia:
Estades dispostos? Espero que o pasedes xenial!


Actividade 1   boneco lector  


SEGUNDOMONSALUD: ¿Cómo construimos un muñeco lector? 
Estes son 3 bonecos lectores, cada un co seu libro.


Neste vídeo un profe explícavos todo o proceso para realizalo.


Aquí tedes os pasos ilustrados.

Con respecto ao material, non merquedes nada, buscade o que teñades na casa un folio e píntoo con moitas cores, se non tes unha folla dun caderno, follas de revista para as extremidades... como vexades. Ten que quedar curiosiño, intentádeo facer ben bonitiño.

- o teu boneco ten que ler o teu libro favorito ou o que estás lendo, polo que necesitas debuxarlle a portada e colocarlla entre as mans (como fai no vídeo co libro dos "tres cerditos")

- tes que escribir o teu nome no boneco e que se vexa, por exemplo na barriga abaixo á dereita.


Actividade 2:  cartel/pancarta sobre a lectura

Escolle un destes lemas e complétao!

  •  "LER FAIME SENTIR..." e escribides un adxectivo que vos corresponda (tranquila, libre, intrigada, emocionada, contenta, intelixente, asustada, importante, feliz, experta, alegre, relaxada, inventeira, como unha raíña... o que vos xurda. Por exemplo LER FAIME SENTIR INTRIGADA


  • "GÚSTAME LER PORQUE... " e escribides a vosa razón, por exemplo (é xenial, aprendo moito, é diver, pasámolo ben, me entretén, me relaxo, axudáme a imaxinar, me fai sentir ben, miña irmá/meu irmán escóitame.... etc) Por exemplo: GÚSTAME LER PORQUE ME CALMA.

Neste cartel/pancarta ten que aparecer o lema, o debuxo do libro que estás lendo ou un que che guste ou varios. Tamén ten que aparecer o voso nome e curso.

Era convinte que o fixerades en familia, co material que teñades na casa, e estaría moi ben reutilizar (por exemplo folio, xornal, revista, telas, etc.) Cantas máis cabezas pensen xuntas, máis ideas e orixinalidade.

Se o facedes en conxunto con voso irmán/irmá non precisades facer o voso,chega un por familia.


Actividade 3: foto do libro que estades a ler

(É opcional) podedes enviarme unha foto do libro que estades lendo, ou mesmo unha foto vosa lendo sós, ou lendo en familia, cun irmán/familiar, etc. 

Os papis/mamis/familiares deben enviarme unha foto de cada actividade ao meu correo (boneco, cartel e opcional unha foto de ti lendo): nuria.castro@edu.xunta.gal

Despois con todas as fotos dos vosos traballos faremos un vídeo que poñeremos na páxina web do cole. Xa verás que chulo ver a todo o cole unidos coa lectura!

Como quero que quede un traballo superchulo, dedicádelle tempo. Teredes de prazo ata o domingo a noite. Organizádevos como vexades.


Querido lector, hoxe é o teu día, así que disfrútao da mellor forma... lendo!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Venres 19 de xuño

🙋Bos días!! Chegamos á "clase á distancia" número 60. Último día deste trimestre e derradeiro deste curso 2019/2020. Q...