mércores, 22 de abril de 2020

Mércores, 22 de abril

Bo día!

Como ides?

Contentos coa decisión do goberno de deixar saír en momentos puntuais aos nenos e nenas menores de 14 anos??
Vedes que difícil é que moitas persoas se poñan de acordo? O primeiro dicían de non deixar saír, logo que si, despois que era persoas ata 12 anos, máis tarde que era para acompañar aos pais a facer os recados... Aínda deben aclarar a duración dos vosos paseos. Para o domingo xa o saberemos.

 Iso é o mesmo que nos pasa cando facemos os traballos en grupo no cole, pero hai que aprender a ceder polo ben do grupo, apartar os intereses persoais.

Hoxe é o Día Mundial da Terra. 

Con este motivo o buscador de google ofrece un xogo interactivo. Consiste en polinizar flores.
Se o queredes probar, tedes que ir ao buscador de google e facer clic nas letras "google", logo aparecerá unha abella e premedes nela. Despois deberedes escoller que flor queredes polinizar (é dicir, que a abella lle leve polen para que nazan máis flores). Despois veredes un vídeo explicativo sobre as abellas e comezará o xogo.

O xogo consiste en pasar por enriba das flores e coller o seu polen, cada flor ten un pole dunha cor, que deberedes deixar enriba doutra flor con esa cor.
A min pareceume entretido, a ver se vos gusta!



Para o día de hoxe, tedes as seguintes tarefas pendentes.

* MATEMÁTICAS:

Corrección trabajo anterior:

¿Qué tal los problemitas de la página 135, del otro día?

Estarán hechos correctamente si...

ejercicio 8: sumaste todos los globos (15+35+20+10) y te dio 80.
Luego dividiste ese resultado entre las 5 mesas (80:5=16)
La solución sería "Sí, Sandra podrá poner 16 globos en cada mesa"

ejercicio 9: sumaste todos los pesos (20+23+27+18) y te dio 88.
La solución: "No, pesan menos de 110 kg"

La tarea de hoy:

Página 140, haréis la lectura de la unidad 10 "Escalando montañas", y luego de la página 141 contestareis las 5 preguntas en "Lee, comprende y razona".

Creo que no tendréis dificultad ninguna si leéis y os fijáis. ¿A qué no? 😉

* LINGUA CASTELÁ:

Mañana es 23 de abril, el Día del Libro. Sabéis que la conmemoración de este día empezó en 1926 y es para animar a la gente a seguir leyendo. Se eligió el día 23 porque en ese día coincidió que nacieron y murieron grandes escritores como Miguel de Cervantes, William Shakespeare, Garcilaso de la Vega (estos 3 en el mismo año, en 1616).

En este enlace tenéis que leer información y curiosidades sobre Miguel de Cervantes, el autor del famoso "Don Quijote de la Mancha". Clic aquí Miguel de Cervantes

Aquí os dejo en forma de vídeo su biografía (explicada en menos de 3 min):


En el siguiente vídeo os pongo un trocito de una serie animada que hicieron sobre Don Quijote de la Mancha. A pesar de que ya es muy "vieja" (ya veréis de que forma peculiar hablan), aún sigue teniendo éxito. ¡Que la disfrutéis!

El comienzo: cuando Alonso Quijano se convierte en Don Quijote.

La primera salida de Sancho y Don Quijote en busca de aventuras.


La aventura de la lucha contra los gigantes de Don Quijote


* CIENCIAS DA NATUREZA:

O luns díxenvos que vos ía poñer unha proba tipo exame sobre a unidade 5 dos animais invertebrados. Quero que a fagades o mellor posible. Convertin o exame en ficha interactiva para facelo máis sinxelo.

Para facer a proba, tes que premer aquí a proba de natu- tema 5

Despois é importantísimo que lle deades a "Enviar mis respuestas a mi profesor/a"
Logo Cubres os teus datos: nome e inicial do primeiro apelido, 4º curso, Naturais e a  clave para o último cadriño:

 4odj1hl4pc

* LINGUA GALEGA:

A actividade para facer no caderno de lingua galega consiste en facer unha redacción.

Imaxinade que o presidente de España, Pedro Sánchez, quere coñecer a opinión sobre se os nenos e nenas queren saír a rúa e que poden facer (dar só un paseo na rúa na que está a vivenda, ir só cun pai unha vez o día, ir cunha persoa maior aínda que non sexa pai, que vos deixen saír sós, se poderedes andar en bici...)

Quero que primeiro pensedes que recomendacións lle ides dar. Despois escribides unha carta que comece así:

Querido presidente, chámome..... e vivo en..... Teño... anos e quero darlle algunha recomendación para as normas que quere establecer este domingo.
As miñas recomendacións son: (poñede as que consideredes, mínimo 3)
- Os nenos e nenas ....
- ....
Para rematar agradézolle o seu tempo e mándolle un saúdo.

(e a vosa firma)


Creo que hoxe non vos ides aburrir que tedes traballo abondo. Sempre intento poñervos variado: ler, escribir, ver vídeo, facer en liña... Mañá só vos pedirei unha tarefa, vale?

Que pasedes bo día da Terra!  Coidádevos!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Venres 19 de xuño

🙋Bos días!! Chegamos á "clase á distancia" número 60. Último día deste trimestre e derradeiro deste curso 2019/2020. Q...