xoves, 30 de abril de 2020

XOVES, 30 de ABRIL


🙋 Ola!!!

Hoxe é o último día de clase desta semana, xa que mañá é festivo nacional.

As tarefas para hoxe, son:

* MATEMÁTICAS:

Hoy vais a corregir el trabajo anterior y hacer seis ejercicios de la página 150 (del 2 al 7). Más abajo os dejo las soluciones y recordatorio de explicación.

  • Primero, quiero que corrijáis los ejercicios de ayer con boli rojo:

Solución del ejer. 3 y 4 de la pág.143

Solución del ejer 1 de la pág.144

Recordatorio:

Para pasar de una unidad a otra, hay que pasar por la escalerita:

- si tengo que bajar por la escalera, tengo que multiplicar por 1 con tantos ceros como escaleras baje hasta llegar a la unidad deseada.
(si bajamos, multiplicamosamos - amos)

Por ejemplo de km a dam, tengo que bajar dos escaleras, por lo que tengo que multiplicar x100 y el resultado serán dam (decámetros).
 4 km a dam: 4 x 100= 400 dam; 4 km= 4 dam

¿Cómo se multiplica por una unidad seguida de ceros?
Pues muy fácil, si no hay decimales, añado tantos ceros como haya.
Si hay decimales: la coma se mueve a la derecha un lugar por cada cero que acompaña al uno que multiplicamos. Por ejemplo. 3,5 km a hm tendríamos que multiplicar x10, y 3,5x10=35,0 = 35 (movimos la coma un lugar a la derecha, y en este caso la podemos quitar, ya que la parte decimal es 0).
Si acabo los números para mover la coma pondré ceros. Por ejemplo 3,5km a m. Tendré que bajar 3 escaleras, por lo que multiplico x1000. 3,5x1000=3500,0=3500m He movido la coma tres lugares a la derecha.

- si tengo que subir por la escalera, tengo que dividir entre 1 con tantos ceros como escaleras sube hasta llegar a esa unidad.
(si subimos, dividimos, imos-imos)

Por ejemplo, de dm a hm, tengo que subir tres escaleras, por lo que tengo que multiplicar x1000 y el resultado estaría expresado en hm (hectómetros).
7000 dm  a  hm: 7000:1000= 7 hm

¿Cómo se divide ente una unidad seguida de ceros?
Si tengo ceros elimino tantos como por los que divido. (7000:1000=7)
Si hay decimales: muevo la coma hacia la izquierda, tantos lugares como ceros por los que divido, si no me llegan los números pongo ceros.
(Por ejemplo 7 m   a   km:  tengo que subir 3 escaleras, por lo que divido entre 1000=
7 m:1000= 0,007 km)  es como si hubiese una coma en los 7,0 m por lo cuál, tengo que mover esta coma a la izquierda 3 lugares, por eso me queda 0,007)


  • Quiero que hagáis en vuestra libreta, los ejercicios 2, 3, 4, 5, 6 y 7 de la página 150.



Para hacer en línea (ahora que tenéis días libres, para que practiquéis si queréis y podéis)
Haced clic en el nombre que está debajo de cada imagen:


Test de longitud de Tanque Matemático




Edilim sobre las medidas de longitud




* CIENCIAS SOCIAIS:

  • Primeiro correxides os dous exercicios da páxina 79. Aquí vos deixo a solución:

  • Lectura das páxinas 80 e 81 do libro, "Como se distribúe a poboación".

Este tema tédelo dominado, xa que ben sabedes que a xente pode nacer e vivir no rural, como A Fonsagrada, ou ben, nacer e vivir nunha gran cidade coma Madrid. Pero tamén podemos nacer nun lugar e vivir durante uns anos e despois imos a outra localidade/provincia/país vivir outros anos ou para sempre.

Cambiar o lugar onde vives por outro chámaselle "emigrar".
A persoa que emigra é "emigrante"

Esta emigración, pode ser por diferentes motivos: estudos, traballo, situación familiar, buscar nova forma de vida, etc.

Que vos parece? Que os futbolistas emigran ou non?

Un exemplo que todos coñecedes é o de Cristiano Ronaldo que debido ao seu traballo emigra dunha cidade a outra; ou Lionel Messi, que naceu na Arxentina pero leva moitos anos vivindo en Barcelona.

Outra palabra que vén no tema é "inmigrar" é chegar a un novo lugar para vivir.
A persoa que fai iso chámaselle "inmigrante".

Unha persoa que cambia de país para vivir recibe 2 nomes ao mesmo tempo: "emigrante" para o país ao que vai, os seus antigos veciños din "emigrou, vivía aquí pero agora emigrou a Francia, por exemplo". E os seus novos veciños do novo país chámanlle "inmigrante" porque é unha persoa que vén de fóra.

Na clase temos o exemplo de M.F. que é unha inmigrante para nós. E para a familia/amigos que quedaron en Honduras é unha emigrante.

A densidade de poboación é a relación entre o número de habitantes e a superficie do territorio no que viven. Exprésase nun dato ao dividir o número de habitantes entre a superficie en quilómetros cadrados.

No caderno escribe e responde:
Preme aquí para buscar información e poder contestar no teu caderno as seguintes preguntas:
  • Cantos habitantes ten o concello da Fonsagrada?
  • Canta superficie ten?
  • Cal é a súa densidade da poboación no ano 2007?
  • Na páxina 81 observa o mapa. Escolle unha das seguintes actividades e faina no caderno:
  • Opción 1Recalca o mapa no teu caderno escribindo o nome das provincias e sinalando a súa densidade: cales están moi poboadas (cor vermella), cales moderamente poboadas (laranxa) e cales pouco poboadas (branco).
  • Opción 2: No lugar de debuxar o mapa, só escribirás:
    • Provincias moi poboadas: (e completas co nome de todas as que están pintadas de vermello)
    • Provincias moderadamente poboadas (e completas co nome de todas as que están pintadas de cor laranxa)
    • Provincias pouco poboadas (e completas co nome de todas as provincias que están pintadas de amarelo)
👀Ollo coas maiúsculas dos nomes propios!!!
__
*Anécdota persoal que vos contaría na clase:
Teño un tío que se casou cunha madrileña. Ela naceu e viviu sempre en Madrid. A primeira vez que veu coñecer a familia do meu tío, quedou alucinada!!!
Sabedes por que?
Porque non entendía que non houbese máis casas, pisos... Meu tío explicaralle antes de vir o tamaño do meu pobo, e facíao comparándoo con algunha parte de Madrid.
Ela ao chegar aquí quedou sorprendida de haber tanto espazo "baleiro" dixera. Que encima de haber casas que estivesen tan separadas. Pensaba que estarían agrupadas. (Tamén quedou alucinada de ver as estrelas de noite, porque en Madrid cidade como hai contaminación non se ven)
Chocoulle moito coñecer unha vila no rural de Galicia porque era a súa primeira vez.
Ao final gustoulle, e vén pasar parte das súas vacacións.

Esta anécdota está relacionada coa densidade da poboación, porque ela pensaba que era máis alta, xa que nos arredores de Madrid chámanlles "pueblos" a lugares que son como aquí Lugo. Coa súa visita decatouse do que era a densidade da poboación (se é un número alto é que viven moitas persoas en pouco territorio, e se é baixo é que son poucas persoas nun territorio grande).



*LINGUA CASTELÁ:

Acabamos con la biografía. Al correo ya me llegaron unas cuantas, pero no todas. Gracias!

Tenéis que pasar a limpio la biografía, redactando para hacer un texto con párrafos. Buena letra, a bolígrafo y limpieza!

TÍTULO : LA BIOGRAFÍA DE UN DEPORTISTA
Pondríais una imagen (la podéis dibujar, o imprimir y pegar)

PRIMER PÁRRAFO:  información que tenéis que contar:
Nombre completo del deportista, fecha de nacimiento y lugar, disciplina por la que es deportista.

SEGUNDO PÁRRAFO: información que tenéis que contar:
Su trayectoria deportiva desde pequeño; cómo empezó en ese deporte...

TERCER PÁRRAFO
Momentos importantes en su vida, premios, etc.

(El segundo y tercer párrafo los podéis unir si os quedan demasiado pequeños en comparación con los otros)

CUARTO PÁRRAFO:
Qué hace en la actualidad, dónde vive, que tiene previsto hacer en el futuro, etc.

Y al final del texto, en un lugar, firmáis:

HECHO POR:  tu nombre.

Podéis decorar los bordes, el título...etc.

y... ¡¡ya está!! Me enviáis una foto del resultado final.


* SESIÓN DE EDUCACIÓN FÍSICA EN CASA

Para cuándo queráis tenéis una sesión de educación física para hacer en casa viendo este vídeo, organizado por COLEF.



Déixovos tamén unha canción de Magín Blanco "Todo o día na casiña"
 canción na que describe o día a día  dos máis pequenos e pequenas da casa neste confiamento. A Secretaría Xeral de Política Lingüística promove  este videoclip con animacións da pintora, ilustradora e profesora Luz Beloso e coas voces de grandes referentes da música galega como son Paty Lesta, Uxía, Guadi Galego, Rosa Cedrón, Carmen Rey, Mari Faltri, Paula Romero e María Costa,




Volvo con tarefas e indicacións o martes 5 de maio! O blogue aquí vos queda, podedes seguir utilizándoo, se vos quedastedes un pouquiño atrás aproveitade para poñervos o día.

Lémbrovos que o domingo é o día da nai, preparádelle algunha sorpresiña ou á avoíña!!

Ata a próxima! 😄 Espero as fotos dos xoguetes reutilizados!! (Tedes de prazo ata o martes)

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Venres 19 de xuño

🙋Bos días!! Chegamos á "clase á distancia" número 60. Último día deste trimestre e derradeiro deste curso 2019/2020. Q...