Como ides?
Hoxe imos a traballar Naturais, Plástica e Lengua:
Déixovos aquí o vídeo cos vosos lettering que fixestedes a semana pasada en lingua castelá coa palabra "MAYO". Se alguén máis quere participar, agárdovos!
Bravo polas obras de arte! e... polas ganas e paciencia, bravísimo!!!
Hoxe imos traballar:
* CIENCIAS DA NATUREZA:
* Tarefa de NATU:- Corrección do test "Comproba o que sabes" da páx.97
1-b; 2-b; 3-c; 4-c; 5-b; 6-c; 7-c e 8-c.
Os vosos experimentos que tal van?
As sementes grandes plantádeas na terriña a ver se vos prende a planta e vos dá máis sementes e froitos. Tedes que vixiar se medra máis na terra ou non.
Aquí algunhas fotos das vosas "plantacións"
Sementes de Samuel : as lentellas xerminaron, unha faba si e outra non, e os dous garavanzos nada, seguen durmidiños.
Sementes de Hugo Villar:
Sementes de Hugo A.: Plantou lentellas e fabas. As lentellas xerminaron moi ben e moi rápido.
Le as seguintes preguntas e respostas:
O anterior martes fixemos os 6 primeiros pasos (se aínda non os fixeches, podes mirar 🔗aquí.)
Imos cos 6 últimos pasos:
Paso 7: borra con moito coidadiño as liñas que desapareceron nesta imaxe con respecto ao anterior paso. Ten coidado de non romper a folla, de non facer borrallóns, etc.
Paso 8: agora imos trazar unhas cruces nas caras (súper suave que a imos borrar no seguinte paso) para situar as súas partes e imos poñer melena a ese dous personaxes. Tamén deberedes dar forma ao libro e debuxarlle a roupa a segunda persoa da imaxe.
Paso 9: Agora imos poñer lentes nas caras, nariz e boca e borramos as cruces da cara.
Ao círculo da man esquerda... mira que é! Un canciño! Debúxalle o rabo, a pata e a cariña co seu ollo, fociño e orella.
Imos poñerlle roupa a nena máis alta, marcarlle os pantalóns.
No rectángulo do lado dereito, faille forma de botella.
Paso 10: Pinta as lentes de sol, co lapis e marca os pelos das melenas.
Debuxa liñas no libro, e decoraremos o rectángulo que está entre o libro e a botella.
Debuxa tamén eses ovaliños no que parece auga, e fai un semicírculo no borde esquerdo preto do xeonllo da nena alta.
Paso 11: Imos decorar moitos elementos: Traza radios á circunferencia da esquina superior da esquerda.
Traza liñas finas e cortas no rectángulo grande central, na parte de arriba e de abaixo.
Decora as camisetas das protagonistas, borrando liñas sobrantes e marcando as liñas da boca, nariz, roupa, etc.
O semicírculo de abaixo á esquerda que debuxaches no paso 10, tes que bordear o seu borde e poñer círculos por riba das dúas liñas. (Que será, será??)
Os óvalos de abaixo, hai que darlle forma de peixiños.
Paso 12: É o último paso. Debuxa flores arredor do rectángulo central.
Faille unhas manchiñas ao cadeliño que durme a sesta.
A botella imos poñerlle etiqueta facendo un simple rectángulo.
Observa ben o debuxo por se che quedou algún elemento sen rematar.
Que che parece a obra final?
Asina a túa obra, faille unha fotografía e mándama!!!
Despois, se lle queres dar cor, podes mandarme outra fotografía do teu debuxo pintado. Pero primeiro quero ver o debuxo.
Para pintalo podes elexir a técnica que prefiras: acuarela, cera, lapis de cores, rotuladores...Ou incluso, mesturar pero ten coidado de non estropear a túa obra de arte.
Para hacer esta redacción os doy unas preguntas que os ayudarán a saber qué contar:
- Describe que ves en ese dibujo.
- ¿Quiénes son?
- ¿Dónde están?
- ¿Qué crees que hicieron? ¿Qué van a hacer?
Una vez que lo escribes, lee, dónde necesites respirar pon un punto o una coma. Cada línea y media debería haber un punto, siempre que tenga sentido.
Que paséis buen día!
Saludos!
- Le o texto da páxina 102 "A forza do aire"
- Responde as 4 primeiras preguntas no caderno "Le e comprende o problema"
- Le a seguinte conclusión sobre o experimento:
Os vosos experimentos que tal van?
As sementes grandes plantádeas na terriña a ver se vos prende a planta e vos dá máis sementes e froitos. Tedes que vixiar se medra máis na terra ou non.
Aquí algunhas fotos das vosas "plantacións"
Sementes de Samuel : as lentellas xerminaron, unha faba si e outra non, e os dous garavanzos nada, seguen durmidiños.
Sementes de Hugo Villar:
Sementes de Hugo Villar (día 1) |
Faba (días despois): segue durmidiña |
Sementes de M.Fabiola: Ela púxoas todas xuntas.
Sementes de Fabiola: día 1 |
Sementes de Sergio: Tamén as puxo todas xuntas. As lentellas son as que mellor xerminaron e máis axiña.
Sementes de Sergio |
Sementes de Hugo A.: Plantou lentellas e fabas. As lentellas xerminaron moi ben e moi rápido.
Lentellas de HUGO A. |
Fabas de Hugo A. |
Le as seguintes preguntas e respostas:
- Por que xerminaron as sementes se non lle botamos terra?
- Se recordades, unha planta aliméntase a partir da luz solar (se lles deu algún raíño de sol axudádelles a que a planta poda facer a fotosíntese. Se a metemos nun baúl pechado a planta aínda que teña algo de osíxeno, auga e sales minerais non pode vivir, polo que non se reproducirá/xerminará.)
- No algodón húmido atopamos auga e ao ser natural a planta aliméntase del como se fosen sales minerais, xa que nunha mínima proporción si que os ten.
- Ao deixar as sementes ao aire libre, proporcionámoslle osíxeno e dióxido de carbono que a planta tomará segundo a súa necesidade.
- Entón a RESPOSTA é porque tivo as substancias que precisaba para poder xerminar e medrar (no algodón había auga e sales minerais).
- Por que vos pedín algodón en lugar de terra?
- Porque se é algodón natural o experimento podía saír ben, e ademais podemos ver os cambios que vai facendo a semente. Por iso vos pedín un bote transparente mellor.
- Por que non me saíu o experimento con todas as sementes?
- Porque sempre hai excepcións, algunha semente o mellor non tivo todo o que necesitaba, a auga evaporouse e quedou o algodón demasiado seco ou pola contra estaba tan húmido que "afogamos" as sementes; outros motivos por falta de luz... outros porque metemos os dedos e estragamos as sementes... etc.
* PLÁSTICA:
Imos rematar o Passo a Passo de Leandro Lamas:O anterior martes fixemos os 6 primeiros pasos (se aínda non os fixeches, podes mirar 🔗aquí.)
Imos cos 6 últimos pasos:
Paso 7: borra con moito coidadiño as liñas que desapareceron nesta imaxe con respecto ao anterior paso. Ten coidado de non romper a folla, de non facer borrallóns, etc.
Paso 8: agora imos trazar unhas cruces nas caras (súper suave que a imos borrar no seguinte paso) para situar as súas partes e imos poñer melena a ese dous personaxes. Tamén deberedes dar forma ao libro e debuxarlle a roupa a segunda persoa da imaxe.
Ao círculo da man esquerda... mira que é! Un canciño! Debúxalle o rabo, a pata e a cariña co seu ollo, fociño e orella.
Imos poñerlle roupa a nena máis alta, marcarlle os pantalóns.
No rectángulo do lado dereito, faille forma de botella.
Debuxa liñas no libro, e decoraremos o rectángulo que está entre o libro e a botella.
Debuxa tamén eses ovaliños no que parece auga, e fai un semicírculo no borde esquerdo preto do xeonllo da nena alta.
Traza liñas finas e cortas no rectángulo grande central, na parte de arriba e de abaixo.
Decora as camisetas das protagonistas, borrando liñas sobrantes e marcando as liñas da boca, nariz, roupa, etc.
O semicírculo de abaixo á esquerda que debuxaches no paso 10, tes que bordear o seu borde e poñer círculos por riba das dúas liñas. (Que será, será??)
Os óvalos de abaixo, hai que darlle forma de peixiños.
Faille unhas manchiñas ao cadeliño que durme a sesta.
A botella imos poñerlle etiqueta facendo un simple rectángulo.
Observa ben o debuxo por se che quedou algún elemento sen rematar.
Que che parece a obra final?
Asina a túa obra, faille unha fotografía e mándama!!!
Despois, se lle queres dar cor, podes mandarme outra fotografía do teu debuxo pintado. Pero primeiro quero ver o debuxo.
Para pintalo podes elexir a técnica que prefiras: acuarela, cera, lapis de cores, rotuladores...Ou incluso, mesturar pero ten coidado de non estropear a túa obra de arte.
* LINGUA CASTELÁ:
Escribe en tu libreta de Lengua unas líneas sobre el dibujo de Leandro Lamas.- Escribe una pequeña redacción (sobre 5 líneas)
Para hacer esta redacción os doy unas preguntas que os ayudarán a saber qué contar:
- Describe que ves en ese dibujo.
- ¿Quiénes son?
- ¿Dónde están?
- ¿Qué crees que hicieron? ¿Qué van a hacer?
Una vez que lo escribes, lee, dónde necesites respirar pon un punto o una coma. Cada línea y media debería haber un punto, siempre que tenga sentido.
Que paséis buen día!
Saludos!
Garavanzo e lentella de HugoV (días despois) |
Ningún comentario:
Publicar un comentario