* LINGUA GALEGA:
Seguiremos traballando con Ricardo Carvalho Calero (así o escribía el, pero tamén vale Ricardo Carballo Calero), o autor homenaxeado no próximo 17 de maio.INFORMACIÓN SOBRE A CONMEMORACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
Recordades que vos comentei que o 23 de abril se homenaxeaba a un autor que contribuíra coa súa obra a lingua castelá? E que ese día se entregaba o Premio Cervantes? Pero este ano polo motivo do Estado de Alarma debico ao COVID-19... quedou posposto polo momento.
O 23 de abril é o día da Lingua Castelá, aínda que non se chama así, senón "Día do Libro" e "Premio Cervantes".
O análogo en Galicia é o 17 de maio, "Día das Letras Galegas" que desde 1963 se ven celebrando cada ano.
Tarefa 1: No caderno, copia as seguintes 5 preguntas e contéstaas. (Copia os enunciados; as respostas pódelas resumir) Fai unha foto do teu traballo e nvíama! Quero ver esa letral!
- Por que se celebra dende 1963?
Tiña moito valor que unha muller publicase libros e ademais en lingua galega. Entón decidiron facer unha homenaxe a valentía de defender a lingua galega.
- A quen se homenaxea o 17 de maio de cada ano?
Para elexir ó homenaxeado ou homenaxeada, os académicos esixen condicións:
- Que o autor/autora teña unha relevante obra en lingua galega.
- Que o autor/autora sexa exemplo de boa calidade humana e cultural que mereza propoñerse como exemplo á sociedade galega.
- Que o autor/autora leve falecido/a 10 anos mínimo.
- Quen foi o primeiro autor ou autora homenaxeada no Día das Letras Galegas?
- Cando deciden a persoa que será homenaxeada o 17 de maio?
- O homenaxeado, recibe algo?
Nesta homenaxe recibe un gran recoñecemento social a súa vida e a súa obra.
Nesta ligazón tedes explicada con máis detalle a historia desta celebración e o nome de todos os autores que foron homenaxeados.
https://academia.gal/letras-historia
- A cantas persoas se homenaxearon? Cantas eran homes? Cantas eran mulleres?
Tarefa 2: Realiza algunha das seguintes actividades interactivas, son moi detectivestas! 😉🔎🔐
ACTIVIDADES INTERACTIVAS SOBRE RICARDO CARBALLO CALERO
🔎Fixestedes o "Scape Room" do mércores?🔍🔐🔐
Probade a facer, é unha presentación interactiva na que tedes que ir superando retos, acertando preguntas para conseguir unha cifra da contrasinal secreta. Está elaborada por dúas mestras: Alba Carril do CPI de Vedra, e Ana Sánchez do CEIP Arquitecto Casas Novoa.
Aquí volo repito:
🔎A continuación déixovos outro "Scape Room" máis sinxelo.🔍🔐
Está elaborado pola mestra Alba Carril do CPI de Vedra.
Para comezar preme no altofalante laranxa, escoita e le as indicacións e para pasar a seguinte escea fai clic na frechiña verde que che aparecerá.
🔎🔎Eres un/unha detective en nivel experto??🔍🔍🔐🔐🔐
Queredes algo moi difícil?? Para intentar descifrar coa axuda da familia?
Se si queres probar ata que paso dades chegado, déixovos un gran reto.
Comentádeme que retos superástedes!
Preme 🔗AQUÍ Xogo Descubre as Letras 2020
- Ligazóns para facer actividades
Na seguinte ligazón tedes a súa biografía contada de xeito sinxelo con actividades que ides superar sen ningún problema. (Precísase Flash Player, senón podedes acceder, non pasa nada)
🔗EdiLim_Biografía infantil e act. CARBALLO CALERO
🔗EdiLim_Actividades con fragmentos de R.Carballo Calero
PREGUNTOIRO MUSICAL SOBRE RICARDO CARBALLO CALERO
Trátase dunha canción na que fan preguntas con opcións e responden, sempre cantando, sempre sobre o autor. Mira e canta! Sabes as respostas ás preguntas? Escoita e podes aprendelas!
*SOCIAIS:
Hoxe sei que tocaría lingua castelá, pero debido a que mañá é o 9 de maio, Día de Europa, quero propoñervos como actividade para este finde facer algo para conmemoralo. Xa que se conmemora en toda a Unión Europea, nós non imos ser menos!Que vos parece facer nun folio (ou folla de similar tamaño, A4) a bandeira dun país da Unión Europea?
De tal forma que entre todos consigamos ter todas as bandeiras!!
Recordades que hai 27 países?
Ao ser 14 na clase, toca case a 2 bandeiras por cada un!
Como desta forma vai ser moi difícil poñernos todos dacordo, vou ser eu a que faga o reparto de países e comunícolles aos papis e mamis os países que vos toca a cada un.
Que hai que facer??
- Colle un folio (ou folla se similar tamaño, A4) e póno en horizontal e dóbrao a metáde, como esta imaxe:
- Dálle a volta para telo en vertical, así como a imaxe:
- Na parte superior (arriba) terás que debuxar a bandeira do país que che tocou
- Na parte inferior (abaixo) terás que completar coa información máis relevante do país EN LETRAS MAIÚSCULAS:
- Nome do país
- Xentilicio (como se chaman ás persoas que teñen esa nacionalidade)
- Capital
- Idioma: (pon o principal, se hai máis ponos se queres)
- Moeda:
- Ano no que se incorporou á UE (ano a partir do cal é membro da Unión Europea)
- Exemplo:
(Facédeo máis bonitiño, ben pintadiña a bandeira, a letra curiosiña e lexible)
- Non te esquezas escribir o teu nome!
Se premedes nestas ligazóns poderedes ver todos os países que forman parte da Unión Europea, premede no que vos toca e veredes información básica e a bandeira para debuxar:
Xa sabedes, cando o teñades, enviádesme a foto da ficha do voso país!
Grazas polo voso traballo!
No seguinte vídeo déixovos dous símbolos da Unión Europea, o himno e a bandeira!
Para xogar coa Unión Europea:
- Información interactiva sobre a UE (Pincha en cada país e le a información)
- Mapa interactivo países Unión Europea
- Identificar banderas da UE (memory) Este está chulísimo, é de atención e memoria.
- Puzzle da UE
Que teñades boa finde!!!
Coidádevos!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario