Que tal comezastedes a semana?
Estades ben espertos?? Por se aínda estades algo durmidiños... aquí vos deixo esta canción.
Se vos gusta, tedes outras, e se non vos gusta probade algunha outra a ver se vos gusta máis. 😉
* MATEMÁTICAS:
Primero, quiero que hagáis la corrección de los ejercicios de ayer, página 153 ejercicios 6, 11 y 12.
Solución ejercicios del Lunes 12.5.20
- Después, en vuestro cuaderno hacéis:
- de la página 154 los ejercicios: 1, 2, 3, 4.
- de la página 155 las sumas y restas del ejercicio 6. (Es decir, las dos primeras columnas).
* SOCIAIS:
Aínda me faltan algunhas bandeiriñas para a colección, pero felicítovos a todos e todas polo voso traballo. Grazas por facermo chegar.A miña intención era que coñecesedes países europeos que están na Unión Europea. Gustouvos a actividade??
- Quedou pendente do xoves 7 correxir da páxina 85 os exercicios 1, 2 e 3.
- Para repasar o traballado nesta unidade, faredes no caderno o exercicio 2 e 3 da páxina 87.
*LINGUA GALEGA:
Para seguir coñecendo e repasando datos sobre Ricardo Carvalho Calero, aquí vos deixo outra presentación interactiva, na cal deberedes atinar nas respostas. Lograralo?Por se precisas refrescar a memoria, aquí che deixo de novo o vídeo sobre a súa biografía.
- Queres escoitar unha biografía cantada??
A continuación tes unha biografía escrita:
Unha vez que refrescamos a memoria... A xogar!!🎯🎯XOGO "A tirar o dardo á Don Ridardo!!" 🎯🎯
- Preme no seguinte enlace, realiza os exercicios e escribe o teu nome para que me cheguen as túas respostas: Preguntas sobre a biografía do autor
- Lugo, foi unha cidade na cal viviu Carvalho Calero. Queres coñecer máis datos e facer test? Preme aquí
* PLÁSTICA:
Lembrades os debuxos que fixestedes dándolle dimensión a un obxecto central?Pois aquí tedes o vídeo co resultado.
A man en 3 D dalgúns pelegríns. Grazas!
Esta clase, está chea de artistas!! Que sorte a miña!
- Hoxe vouvos pedir un reto.
"A flor, non flor"
- Consiste en facer unha fotografía de algo que se pareza a unha flor, pero que en verdade, non o sexa.
- Unha vez que a fagades, enviádema para facer un vídeo con todas. Con esta actividade quero que poñedes a traballar a vosa creatividade, capacidade para crear algo sen copiar.
Exemplo dunha "flor non flor"
Deséxovos un bo día!
Saudiños!
Ningún comentario:
Publicar un comentario