luns, 25 de maio de 2020

Luns, 25 de maio

🙋Comezamos nova semaniña!

Que tal a finde?

Vin que unha pelegrín estivo moi entretida! 😋 Pero seguro que non foi a única. Non si?

* LINGUA GALEGA:

Gustouvos a lectura da unidade 11?

Para correxir os exercicios da páxina 138, déixovos aquí as posibles solucións, correxide o voso traballo.

exer. 1. É unha noticia que informa da chegada do circo das pulgas a unha cidade galega.

exer. 2. (é persoal) Unha rolda de prensa é un acto informativo en que participan varios medios de comunicación para que unha persoa, entidade... os informe dun determinado tema.  Por exemplo, todos os días o goberno de España presenta unha rolda de prensa para informar sobre os casos da COVID-19.
a) A rolda de prensa deuna o domador e director do circo das pulgas.
b) Cando o circo chegou á cidade e antes de faceren a actuación.
c) Fala das actividades que os artistas do circo van realizar.

exer. 3. a) Está instalado no recinto feiral.
b) Vai estar durante dúas semanas.
c) Hai actuacións diarias (dous pases) ás cinco e ás oito da tarde.

exer. 4. A.Quitadeaí e Liscaxá: son as pulgas pallaso que fan rir ao público.
B. Patiñaf e Patudaf: realizan danzas e acrobacias.
C. Tonechav: levanta mil veces o seu peso.
D. Magolof: pulga que fai maxia.

exer. 5. Titular: "Gran circo das pulgas en Compostela"
Entrada: Primeiro parágrafo " Por primeira vez... único no mundo"
Corpo: Todo o texto restante.

Exer. 6. persoal: Revisade as faltas de ortografía, maiúscula inicial, punto final...

As actividades que tedes que facer hoxe no voso caderno son:
  • Páxina 139 :  Debedes copiar os enunciados e facer todos os exercicios.
  • Traballaremos co vocabulario do circo, para iso tedes que facer os exercicios 1 e 2.
  • Na mesma páxina traballaremos coas palabras onomatopeicas (En castelán onomatopeyas) Son esas palabras que utilizamos para representar un son. Abundan moito nos cómics, para darlle máis vida e movemento ás imaxes. Para iso debedes facer o exercicio 3.
  • Exercicio 4. No cal traballaremos con expresións de sentido figurado.

* MATEMÁTICAS:

En vuestra libreta deberéis hacer los siguientes ejercicios:

  • Página 158 ejercicios 2 y 3.
  • Página 159 ejercicios 1 y 2.


* Para hacer en línea
Ficha interactiva sobre medidas de capacidad, pincha en el siguiente enlace para hacerla:
🔗 Ficha interactiva: Medidas de capacidad

Abajo os pongo la imagen de la ficha, pero la tenéis que hacer en el enlace de arriba. Sólo necesitáis hacerla, pinchas en terminado y poner vuestro nombre.


* CIENCIAS DA NATUREZA:

🔎Como vos vai o experimento? Houbo grandes cambios??

Imos repasar a unidade das plantas, para iso vouvos pedir actividades interactivas: unha ficha e un cuestionario. Se non as podedes realizar polo ordenador intentade polo menos facer no caderno a ficha.  O Kahoot, considéroo moi entretido, non sei vós.

Tarefa 1: quero que completedes a seguinte ficha interactiva.

Preme na ligazón: 🔗Ficha interactiva: "As plantas" (partes e proceso fotosíntese)

A imaxe de abaixo é só imaxe, para que vexades como é a ficha, pero tedes que facela na ligazón de arriba: premer, facer, escribir o voso nome e enviar. Despois revisade os falliños.

Tarefa 2: Realiza o seguinte test Kahoot sobre as plantas.
    • Kahoot "As plantas" (Límite ata domingo)
    • Pasos:
      1. Clic en el enlace anterior
      2. Escribir vuestro nombre e inicial del primer apellido
      3. Clic en "OK, go!"
      4. Leer cada pregunta y clic en la respuesta correcta (tenéis 30 segundos para cada pregunta)
      5. Después de que automaticamente se marque cuál era la respuesta correcta, clic en "Next".

💪Coidádevos moito pelegríns!!!!!

Deséxovos boa semana! 😄

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Venres 19 de xuño

🙋Bos días!! Chegamos á "clase á distancia" número 60. Último día deste trimestre e derradeiro deste curso 2019/2020. Q...