Hoxe é a clase número 40 a distancia!!! Como pasa o tempo!
¿Gustouvos o kahoot (pronúnciase do inglés "cajút") de onte de mates?
Espero facervos algún de vez en cando. Se aínda non o fixestedes, probade a facelo, é moi fácil, só se precisa ter internet e premer na ligazón que puxen no día de onte en matemáticas.
Se queredes facer varios intentos podedes, poñedes o voso nome e inicial de apelido e número da vez que se intenta. Por exemplo, eu primeiro entraría con Nuria C, logo se quero mellorar o resultado e volver a ler as preguntas poñería Nuria C.1... Nuria C.2....
Xa vin a Samuel, que o fixo ben todas as veces e aínda así repetiu. 😜
Hoxe as tarefas son pouquiñas:
* LINGUA GALEGA:
Imos comezar co libro de terceiro trimestre.Hoxe faredes a lectura dun texto peculiar, non é un conto.
- Páxina 136 e 137, lectura de "Gran circo das pulgas en Compostela"
- ¿Paréceche unha historia real ou non?
- Páxina 138, exer. 1, 2, 3, 4, 5 e 6. Non fai falta copiar enunciados pero si poñer as respostas completas e con boa letra.
Visiona o seguinte vídeo:
*LINGUA CASTELÁ:
En Lengua acabaremos hoy con el repaso trimestral de las páginas 146 y 147. Para eso, haréis:- Pág. 146 ejer. 4, 5 y 6
- Pág. 147 ejer. 7, 8, 10 y 13.
Os dejo un bonito cortometraje titulado "Hair Love" (Como sabéis inglés, sabréis lo que significa)
¡Espero que os guste, como me gustó a mí! Ganó un Óscar (premio) como mejor cortometraje.
___
Que sexa un fermoso día e unha boa fin de semana!
Ata logo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario