👋Que tal vos foi co traballo de onte? Ides o día?
E o reto "A flor, non flor", que vos pareceu? Fácil? Complicado?
Aquí vos deixo algunhas fotografías que me chegaron co 🏆reto superado🏆. Está a túa??
A flor, non flor de Fabiola
A flor, non flor de Lucas
A flor, non flor de Hugo Abraira
As flores, non flores de Xiana
A flor, non flor de Antón
A flor, non flor de Antonio
A flor, non flor de Sergio
A flor, non flor de Samuel
👍 XENIAIS!!! 👌
Agora imos coas tarefas para facer hoxe.
* MATEMÁTICAS:
Primero hay que corregir los ejercicios de ayer:
- Corrección pág. 154 ejer. 1, 2, 3 y 4.
- Para hoy:
- Pág. 154, ejercicio 4 (ordenar utilizando los signos >, <
- Pág. 155 acabar el ejercicio 6
- Pág. 155 los 2 primeros problemas del ejercicio 9.
¿Quieres repasar las tablas de multiplicar jugando?
Ya os lo puse el lunes, pero por si queréis repetir:
- ArbolABC_Juegos tablas de multiplicar (Primero puedes ver las tablas para repasarlas/estudiarlas, luego si bajas más te aparecen muchos "Juegos de multiplicar"), tendrás mucho que elegir porque cada tabla tiene tres juegos:
- MEMORIA asociar la multiplicación con el resultado (memory)
- QUE DESORDEN tienes que arrastrar la solución a la multiplicación.
- QUIZ tienes que pulsar en la solución de la multiplicación.
* CIENCIAS DA NATUREZA:
Para correxir da páxina 94, a actividade 4 do Luns, non teño imaxe da solución, porque é persoal, a solución tédela na páxina 86, nesa ilustración.
En cambio para o exercicio 5 da páx.94 si hai unha posible solución:
Hoxe imos coñecer outra función que realizan as plantas, igual que todos os seres vivos. Referímonos á FUNCIÓN DA REPRODUCIÓN.
En que consiste a reprodución? En xerar outro ser, crear.
No libro tedes a explicación desta función na páxina 88 e 89. Primeiro quero animarvos con estes vídeos, que seguro que vos axudan a entender mellor este concepto.
A reprodución sexual (interveñen 2 plantas e insectos)
A reprodución asexual (intervén só unha planta)
Despois de ver os vídeos, lede as páxinas 88 e 89, xa que temos que aprender o vocabulario en galego, que os vídeos están en castelán.
Unha vez que coñeces as palabras:
- Realiza as seguintes ficha interactivas, arrastrando os nomes das partes da flor a onde corresponde.
- Lembras como se envía?
- clic en ¡Terminado!
- "Enviar mis respuestas a mi profesor/a"
- Cubres con tus datos: nome e inicial do primeiro apelido, 4º curso, Natu e clave para o último cadriño:
- 4odj1hl4pc
Partes dunha flor, una ficha interactiva de zapdocente
liveworksheets.com
liveworksheets.com
Partes dunha flor, una ficha interactiva de anxela
liveworksheets.com
liveworksheets.com
Se non podes realizar as fichas interactivas en liña, fai no teu caderno o debuxo da flor da páxina 88 e escribe o nome das súas partes: estames, pétalos, sépalos, cáliz, pistilo e ovario.
* LINGUA GALEGA:
Vistedes que puxen enriba de todo unha nova pestaniña, "LETRAS GALEGAS 2020" Alí tedes recopilados vídeos de Carvalho Calero e multitude de actividades e xogos en liña que xa fostedes facendo.
Na honra da Semana das Letras Galegas...
vouvos pedir unha actividade relacionada con elas.
Coñecedes o himno galego??
A seguinte ligazón é unha páxina da Xunta de Galicia na que aparece a letra do himno e un vídeo de como se di na lingua de signos. https://www.xunta.gal/o-himno-de-galicia
Aquí tedes a letra do noso himno, en letras galegas para a semana das nosas letras. Este himno é un poema titulado "Os pinos" de Eduardo Pondal (Primeiro púxolle de título "Fogar de Breogán". Escribiuno polo ano 1890.
Fixo varias correccións para que Pascual Veiga lle puidese poñer música, xa que llo pediu para presentalo a un concurso de himnos galegos. O 22 de maio dese ano presentaron oficialmente este texto xunto cunha melodía. (Polo que logo está de aniversario!)
Quen compuxo a música do himno galego?
Pascual Veiga, nado en Mondoñedo, así que é lucense.
Quen escribiu a letra do himno galego?
Eduardo Pondal.
HIMNO GALEGO
Himno galego con música
Este himno ten moitas curiosidades:
No seguinte arquivo déixovos unha interpretación do poema, para que o podades entender:
Ao longo do día, vouvos dar máis indicacións para a tarefa 2.
Que pasedes o día entretidos!
Saúdos!
Na honra da Semana das Letras Galegas...
vouvos pedir unha actividade relacionada con elas.
Coñecedes o himno galego??
A seguinte ligazón é unha páxina da Xunta de Galicia na que aparece a letra do himno e un vídeo de como se di na lingua de signos. https://www.xunta.gal/o-himno-de-galicia
Aquí tedes a letra do noso himno, en letras galegas para a semana das nosas letras. Este himno é un poema titulado "Os pinos" de Eduardo Pondal (Primeiro púxolle de título "Fogar de Breogán". Escribiuno polo ano 1890.
Fixo varias correccións para que Pascual Veiga lle puidese poñer música, xa que llo pediu para presentalo a un concurso de himnos galegos. O 22 de maio dese ano presentaron oficialmente este texto xunto cunha melodía. (Polo que logo está de aniversario!)
Quen compuxo a música do himno galego?
Pascual Veiga, nado en Mondoñedo, así que é lucense.
Quen escribiu a letra do himno galego?
Eduardo Pondal.
HIMNO GALEGO
Que din os rumorosos
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
na costa verdecente,
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
e de benignos astros,
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
máis sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non os entenden, non.
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
máis sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non os entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.
Himno galego con música
Este himno ten moitas curiosidades:
- Comeza con dúas preguntas.
- Non menciona a palabra "Galicia" pero si se refire a ela como "nazón de Breogán"
- Breogán é un rei mitolóxico celta que foi considerado como o primeiro fundador de Brigantium (A Coruña) e que mandou construír unha gran torre (Suponse que é a Torre de Hércules).
- Este poema é un canto a riqueza e fortaleza de Galicia, que esperte, que non se deixe dominar por outros, que ten un chan moi fructífero; é que só sera entendida por xente galega coñecedora.
- Neste poema comeza preguntándose sobre que dirán os pinos (en galego piñeiros) do que ven.
No seguinte arquivo déixovos unha interpretación do poema, para que o podades entender:
- Tarefa 1:
- Copia no teu caderno o himno galego. É unha poesía, polo que debes copiar cada verso nunha liña. Así como está, non ten que ocupar o renglón enteiro do teu caderno.
- Tarefa 2:
- Como actividade para conmemorar o día das Letras Galegas, faremos un vídeo coa clase de 4º lendo o himno. Por iso, unha vez que copiedes o himno no caderno, teredes que gravar un vídeo léndoo. Facede varias lecturas primeiro para que vos salga ben.
Ao longo do día, vouvos dar máis indicacións para a tarefa 2.
Que pasedes o día entretidos!
Saúdos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario