mércores, 20 de maio de 2020

Mércores, 20 de maio

Bos días!!

Que tal foi o día de onte?

As tarefas de hoxe son...

* MATEMÁTICAS:

¿Qué tal con la escalera de las unidades de medida de capacidad?

En el siguiente vídeo se presentan las unidades más utilizadas, son el litro (medio litro, cuarto litro)



Actividad: Busca en casa  por lo menos 5 recipientes que tengan escrita la capacidad usando una unidad de medida de la escalera. Luego anótalo en la libreta. ¡No te olvides de la unidad de medida!
Un ejemplo:
Bote de champú: 270 ml
Pasta de dientes: 75 ml
Botella de agua: 1,5 l
Garrafa de jabón para el coche: 1 dal
Lata de refresco azucarado: 33 cl
¿
Tenéis piscina en casa? ¿Cuál es su capacidad?


* LINGUA CASTELÁ:

Ayer os presenté a Banksy. Un artista grafitero que utiliza las paredes como símbolo de protesta o como objeto de duro pensamiento. Nunca firma sus obras y no se deja conocer quién es realmente. No sabemos dónde vive (se supone que por el Reino Unido) ni cómo es su nombre real...


Obra inspirada en una de Banksy

No os preguntáis, ¿por qué no quiere decir quién es?

→ Quiero que hagáis en vuestra libreta, escritura:

  1. Escribe 4 ventajas y 4 inconvenientes de SER FAMOSO (Separa bien en la libreta las ventajas de las desvantajas, puedes hacer una tabla o dós párrafos).
  2. ¿A ti te gustaría ser famoso o famosa? ¿Por qué? Escribe dando 3 razones (mínimo).
  3. Si tuvieses que ser famoso/a, en qué te gustaría que te conociesen? (Por ser.../ Por hacer.../ Por...)
  4. Si fueses famoso/famosa... ¿qué harías que no haces ahora?
  5. ¿Qué crees que es lo peor de ser una persona famosa? ¿Y lo mejor?


*CIENCIAS DA NATUREZA:

As preguntas de onte eran persoais, polo que non existe solución única.
O traballo agrícola que se leva a cabo estes días é segar a herba, deixala secar e facer rolos de herba ou silo, a isto chámase "ensilar". Despois disto lábrase a terra e cultívase o millo para recollelo polo mes de setembro-outubro.

Na páxina 91 tedes que facer a lectura do cadro "Saber máis". Nel explícanvos tres técnicas para obter dunha planta outra nova. Isto é tres formas de reproducción que se usan moito na agricultura, especialmente para obter máis froita.

  • Fai un esquema ou resumo dese cadro.
    • Unha axuda: escribe de título: "Técnicas para reproducción asexual utilizadas na agricultura".
    • Terás que facer 3 frechiñas para escribir o nome de cada unha, e explicar que é:
      • Escallos: ramas que se se plantan producen raíces e dan lugar a unha nova planta. Exemplo: xeranios, raíña...
      • Porbaixa: enterrar unha póla para que lle saian raíces e medre unha nova planta. Exemplo: maceira, ameixeira...
      • Enxerto: unión dun fragmetno dunha planta á outra. Así mesturánse. (Meu pai con este método inventou unha mazá-pera!!! Parécese a unha mazá por fóra pero na textura e sabor é máis parecido a unha pera. É unha mestura rara. Este ano de momento non saíu ningunha senón esinávavola.)
  • Páxina 95, exercicio 7. Consiste en facer un experimento arquicoñecido (significa moi moi coñecido) así que estou segura que xa o fixestedes.
    • Explícóvolo:
    • nun botiño (mellor transparente para ver o interior) metede dúas lentellas no medio de algodón humedecido. 
    • noutro metede un feixón/faba (haba en castelán) no medio do algodón húmedo.
    • noutro un garavanzo no medio do algodón húmedo.
  • Este experimento é para ir observando ao longo dos días os cambios que se van producindo. Imos comparar que sementes xerminaron, cales máis rápido, cales máis altas, etc.


* LINGUA GALEGA:

Vouvos pedir outro exercicio de escritura relacionado coas ciencias da natureza.


  • Escribe un relato/conto sobre unha semente que non atopa o terreo idóneo onde medrar.
Antes de escribir:
-  debes ter claro que semente vai ser a protagonista do teu conto: dunha mazá, dunha herba, unha lentella...
-  debes pensar porque ten ese problema e como o vai solucionar (ou se lle axudan a solucionalo)


Despois de escribir:
- volve a ler para comprobar que teña sentido, pon puntos (non se pode escribir 5 liñas sen puntos), revisa as faltas de ortografía, que haiba punto final...


E con isto feito, tedes o día libre! Sei que hoxe puxen de escribir, pero son curtos. Outro día compensareivos con máis de xogar!

Boa tarde! Ata mañá pelegríns e non pelegríns! 😉


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Venres 19 de xuño

🙋Bos días!! Chegamos á "clase á distancia" número 60. Último día deste trimestre e derradeiro deste curso 2019/2020. Q...