xoves, 14 de maio de 2020

VENRES, 15 de maio

👋👋Bo día pelegríns!

Antes de nada quero felicitar aos recitadores e ás recitadoras de poesía que hai nesta clase!

👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏👏

Alegroume vervos e sobre todo escoitar o recital do himno. Incluso houbo quen se atreveu a cantar!! Xa o veredes! 😊
Sodes xeniais!


As tarefas para hoxe están centradas exclusivamente en lingua galega e na semana das Letras Galegas, xa que o Día das Letras Galegas é o domingo 17.

Anímovos a que premades na pestana de "Letras galegas 2020" e fagades as actividades que vos apetezan, todas relacionadas con Ricardo Carvalho Calero.

* LINGUA GALEGA:

Coñecedes o relato "As pitas baixo a choiva" de Ricardo Carvalho Calero. Aquí tedes outra versión do conto feita con animación.



Pois agora imos traballar co vocabulario partindo doutra obra deste autor, "A xente da Barreira"

Como se envían as fichas interactivas? (Titorial do xoves 7.05.20)
  •  clic en ¡Terminado! 
  • Si podéis después de ese intento volvéis a hacerlo y en vez de "comprobar mis respuestas", pinchas en "Enviar mis respuestas a mi profesor/a"
  • Cubres con tus datos: nombre e inicial del primer apellido, 4º curso, lengua y la siguiente clave para el último cuadrito:
  •  4odj1hl4pc
_____________ Se non podedes facer as fichas interactivas en liña, facédeas no caderno.

  • Ficha interactiva con vocabulario de "A xente da Barreira". Marca cun x a definición correcta da palabra que se presenta.




  • Ficha interactiva: Encrucillado sobre Cravalho Calero. Completa con letras maiúsculas o encrucillado e une a palabra galega coa portuguesa.






Outros interactivos da páxina Primavera das letras:

  • Catro enigmas terás que resolver 
           cos datos de Carvalho Calero que has de ler:

(Le a información sobre este autor e intenta averiguar os catro enigmas. Tamén podes ler un poema de Carvalho Calero, está no galego "normalizado" daquela época, agora mal escrito porque temos outras normas de ortografía.)



Aqueles que vos gustou a actividade do himno galego, que tal se probades a memorizalo enteiro?

Os que sodes futbolistas deberedes saber que cando se xogan os derbis galego, toda a aficción xunta canta o himno galego.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Venres 19 de xuño

🙋Bos días!! Chegamos á "clase á distancia" número 60. Último día deste trimestre e derradeiro deste curso 2019/2020. Q...