domingo, 17 de maio de 2020

Luns, 18 de maio

🙋Que tal despois do soleado finde que acabamos de pasar?

Con enerxías? 💪😁

Ao longo do día de hoxe, na web do noso cole podedes disfrutar do voso recital do himno así como tamén doutros traballos que realizaron outras clases para homenaxear as LETRAS GALEGAS. Preme aquí 

Moitas grazas polo voso traballo, estou moi contenta do voso esforzo! Seguide así!! 👌👍


As tarefas para hoxe...


* LINGUA GALEGA:

Onte foi o día das Letras Galegas, como ben sabedes! Espero que durante o traballo da semana pasada coñecerades un pouco máis sobre esta festividade e coñecerades a Ricardo Carvalho Calero. Eu intenteino facérvolo interactivo e entretido desde a distancia.
Déixovos activa a pestana de "Día das Letras Galegas 2020" por se algún día queredes repetir ou facer algunha actividade relacionada con esta festividade.

Hoxe prepareivos unha ficha interactiva sobre un texto do homenaxeado.
Na seguinte ficha interactiva deberedes ler un texto escrito por Carvalho Calero, titúlase "Agora". Despois debedes contestar as cuestións. Para acceder á ficha preme aquí

Se premedes aquí, teredes un vídeo que fixeron os nenos e nenas do CEIP Península da Paz (San Cibrao) situado na mariña lucense. Pareceume un vídeo xenial e como me gustou moito, quero compartilo con vós. Titúlase.... Falemos como galegos!!

En relación con este título, quero que fagades a seguinte actividade no voso caderno.

  • Escribe a túa opinión sobre o idioma galego. 
    • Para axudarvos sobre que podedes contar, póñovos as seguintes preguntas:
      •  Cres que deberiamos falar o galego? Por que? 
      • E coa xente que non o entende? 
      • Consideras máis importante o galego ou o castelán? Por que?

Pedídelle a familia que me envíe a foto da vosa redacción. 👀Olliño coa letra, maiúsculas, puntos...


* MATEMÁTICAS:

Primero, tenéis que corregir los ejercicios del jueves pasado. Aquí os presento las imágenes, corregid vuestros ejercicios, por favor. (Si no los hicisteis aún, hacedlos sin mirar la solución.)


Después,   cogeréis el libro del tercer trimestre     y:


  • Leéis la página 156.
  • Ponéis de título en la libreta: "Unidades de medida de capacidad"
  • Hacéis en el cuaderno: los ejercicios 1, 2 y 3 de la pág. 157.



*CIENCIAS SOCIAIS:

Primeiro imos correxir as actividades do último día, xoves:

  • o test de fin de trimestre, da páxina 90: (as letras rodeadas son as opcións correctas)

  • da páxina 91 as preguntas relacionadas co texto "Es capaz de..."


A tarefa de hoxe é facer un test sobre a unidade 6. Creo que é moi fácil, lede con atención e premede na opción correcta. Unha vez rematado, preme en "Enviar" (tedes que contestar obrigatoriamente a todas as preguntas).



Bo día pelegríns!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Venres 19 de xuño

🙋Bos días!! Chegamos á "clase á distancia" número 60. Último día deste trimestre e derradeiro deste curso 2019/2020. Q...