Que tal??
Hoxe imos traballar...
* MATEMÁTICAS:
Primero tenemos que corregir el ejercicio 15 de la página 167:a) Manzanas: si un kg cuesta 1,50€, 5kg ( 1,50 x 5) cuestan 7,50€
Limones: si un kilo vale 0,98€, dos (0,98 x 2) valen 1,96€.
b) Peras: si 2 kilos valen 1,90€ (divido entre dos y sé lo que vale uno= 1,90:2) entonces un kilo cuesta 95 céntimos. Son 0,95€.
c) Limones: si un kilo valen 0,98€ medio kilo es la mitad, así que lo divido entre dos (98:2) y me da que medio kilo vale 49 centímos.
Naranjas: si 5 kg cuestan 6€, (6€=600 céntimos) por lo que 600:5 y sé lo que vale un kilo de naranjas= 120 céntimos.
¿Hicisteis las operaciones de ayer? Enviadme una foto de ellas para verlas. Si no las hicisteis, hacedlas hoy.
Deberéis hacer en vuestra libreta:
- Página 169, ejercicios 5, 6 y 7.
Juegos en línea (voluntario)
* CIENCIAS SOCIAIS:
Unha vez que coñecedes as 3 etapas da Prehistoria (Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais) imos traballar un pouco coa arte prehistórica.- Visiona os seguintes vídeos para coñecer a arte na Prehistoria:
- Fai unha lectura das páxinas 104 e 105 do libro de texto: "A arte da prehistoria"
- Páx. 104 Responde as preguntas de "Traballa coa imaxe" (Non necesitas copiar os enunciados)
- Páx. 105 exer. 1 e 2.
Coñeces a Cova de Altamira?
Está preto de Santander (Cantabria). Se algún día ides de viaxe por Cantabria recoméndovos visitar Santander, Altamira, e o Parque Natural de Cabárceno.
Fai anos observaron que coas visitas da xente se estaban estragando as pinturas; polo que se decidiu facer unha réplica da cova, chamada "La Neocueva" para que a xente interesada en coñecer a arte da Cova puidese facelo entrando na Neocueva sen estragar a cova verdadeira.
(Voluntario) No seguinte vídeo explícase o que podes atopar alí.
* LINGUA CASTELÁ:
El último día, el viernes, os pedí un cartel para promover el cuidado del medio ambiente.Aquí os presento los que recibí:
Cartel de ANTÓN
Cartel de M. FABIOLA
Cartel de HUGO ABRAIRA
Cartel de MELISSA
Cartel de SERGIO
- Realiza el siguiente Kahoot sobre contenidos de lengua castellana🔗
* PLÁSTICA:
Gustouvos o "Passo a passo" de Leandro Lamas??Para debuxar ben, tamén hai que seguir uns pasos e ir pouquiño a pouquiño sen calcar o lapis ata que temos o resultado. E coma todo, se non se practica, os debuxos non se melloran.
Os debuxos que me mandástedes están xenial, e iso é porque seguistedes os pasos ben e traballastes sen darvos conta, aplicando contidos de matemáticas: figuras xeométricas, proporcionalidade, liñas, etc.
Aquí vos deixo os vosos resultados e se premes aquí verás a pestana para todo o de Leandro Lamas:
Recordades o lettering coa palabra "MAYO"??
Aquí tedes os resultados (faltábame por incluír algún, agora creo que van todos)
E para facer hoxe...
Sabedes que debido a situación sanitaria na que nos atopamos é obrigatorio o uso de mascarillas.
A que estamos moi raros todos??
A que custa coñecernos de lonxe?
Agora os nosos ollos e miradas son máis importantes ca nunca porque é o que ven os demais (a boca axudaba moito para saber se estabamos serios, se ríndonos...) E agora só cos ollos é máis difícil de adiviñar.
- Pois imos facer MIRADAS!!
- Colle un folio e párteo en tiras.
- En cada tira debes facer unha mirada: ollos tristes, ollos enfadados, pensativos, durmidos/cansados, medosos, felices...
- Mira o seguinte vídeo e fai un estilo de ollos en cada tira. (se se che ocorre outro modelo podes facelo).
- No lado de atrás de cada tiriña escribe o sentimento que transmite.
- Anímaste a facer unha fotomontaxe???
Colle a tira dun tipo de ollos e "pono enriba dunha mascota" se a tes (é dicir, sostén a tira cos ollos que debuxaches tapándolle os ollos reais da túa mascota, de tal xeito que pareza que os ollos que lle pos ti lle caen ben, cambiando a súa mirada). Fai unha foto e verás que cara máis rara lle quedaría a túa mascota se tivese eses ollos que lle probas ti!
Envíame a foto se a conseguiches facer e publicareino no blogue para que a vexan os demais.
Que teñades bo día! Saúdos!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario