mércores, 10 de xuño de 2020

Mércores, 10 de xuño

Ola!! 🙋  Bo día!!

Que tal vos foi coa actividade de Plástica? 
O meu obxectivo era que aprendesedes a debuxar miradas de diferentes sentimentos e vos divirtirades facendo fotomontaxes. Se non tedes mascota, podesdes poñerlle os vosos ollos debuxados a un peluche, mesmamente!

Aquí vos quero ensinar algún resultado.
 Que vos parecen?
Sabedes que sentimento representan estas miradas?

Gatiño de ANTÓN

Gatiño de ANTÓN

Xatiña de ANTÓN

A min encantáronme!!!! Moitas grazas Antón!!

Para que quede ben a fotomontaxe tedes que intentar só tapar os ollos para poñer os que debuxástedes. Se tapades toda a cara non queda tan ben. Antón e a súa familia fíxoo moi ben, porque só substituíu os ollos por outros.  👏👏👏👏👏
Para iso podedes acercar os ollos ou poñelos lonxe para que vos encadre ben na cámara.

Xiana tamén me mandou o seu traballo. Aquí tedes todas as miradas que fixo e a súa fotomontaxe:

Miradas de XIANA

Mascota de XIANA


O traballo para hoxe, consiste en:

* MATEMÁTICAS:

Vamos a seguir repasando:

  • Página 183 ejercicios 1(operaciones combinadas) y 5 (problema)


* LINGUA CASTELÁ:

¿Recuerdas la diferencia del campo léxico, familia y campo semántico?

Un campo semántico son un grupo de palabras del mismo tipo (todo sustantivos, todo verbos, todo adjetivos...) que tienen en común una parte del significado.

Para trabajar el campo semántico tendréis que hacer 3 ejercicios en la libreta.

  • Página 167 ejercicios 1, 2 y 3.

* CIENCIAS DA NATUREZA:

Primeiro imos correxir:

exer. 1 da páx. 107:
As propiedades dos minerais, que os diferencian uns dos outros, son: a cor, o brillo, a dureza e a forma.

- exer 2 e 3 da páx. 114:
EXER:2.Os materiais de orixe mineral son os que se extraen das minas e das canteiras. Estes xacementos dos que se obteñen poden ser a ceo aberto (como unha louseira) ou poden escavarse na terra túneles que, en moitos casos, chegan a ser moi profundos (como unha mina).
EXER.3. É persoal. Un exemplo para cubrir a táboa podería ser...
Rochas: mármore (uso: para mesados) e petróleo (uso: para fabricar plástico).
Minerais: ouro (para xoias) e sal (para condimento).


Para hoxe:
  • Lectura das páxinas 108 e 109 do libro.
  • No caderno realiza:
    •  o exercicio 2 da páx. 109
    • o exercicio 4 da páx. 114
    • o exercicio 7 da páx. 115
Mira o seguinte vídeo. Nel explícase como se fabrica o plástico (6 min)



* LINGUA GALEGA:

Con respecto ao vídeo anterior, contesta no teu caderno de Lingua:

1.Cal é a porcentaxe dos produtos que levan plástico?
2. Como podemos coñecer que tipo de plástico ten unha botella?
3. Tes diferentes tipos de plástico na túa casa?
4. Ti reciclas o plástico?
5. Escribe que meterías no colector amarelo para reciclar.


  • Busca na túa casa cal é o material máis abundante que se ve.
  • Cal é o principal material de envases que abunda na túa casa?



Que pasedes boa tarde!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Venres 19 de xuño

🙋Bos días!! Chegamos á "clase á distancia" número 60. Último día deste trimestre e derradeiro deste curso 2019/2020. Q...