Como ides? Estades rematando coas redaccións sobre o curso?
Que vos pareceron os retos de onte???
Algún si que é hai darlle duro ao maxín... pero conséguense!
Xiana, Melissa e Antón conseguírono!
🎉👏👏👏👏👏
* SOCIAIS:
Imos facer como un concurso toda a clase sobre a Prehistoria, e como imos facer isto, pois con un Kahoot!O último xoves propúxenvos varios para repasar previamente cada período da Prehistoria, aquí tedes de novo as ligazóns, xa que participaron poucos no ránking:
Estou contentísima polos que participástedes!
👏👏👏👏👏👏👏
- Preme en cada ligazón, escribe o teu nome, logo preme en "next" e a xogar!! Terás que premer na resposta correcta.
- (True (significa verdadeiro) e False (significa falso))
- Preme aquí kahoot sobre o Paleolítico. (10 preguntas)
- Aquí tes Kahoot sobre o Neolítico. (10 preguntas)
- Aquí tes Kahoot sobre a Idade dos Metais. (8 preguntas)
* LINGUA GALEGA:
Ficha interactiva para poñer nota a Nuria coma profe. Agradezo a sinceridade!A imaxe da ficha é a seguinte, pero para cubrila tedes que premer na ligazón que está abaixo.
Preme na seguinte ligazón👉 AVALIACIÓN DA PROFE NURIA
Logo le e contesta as preguntas. Cando a teñas lista, clic en "¡Terminado!" e por último escribe o teu nome e envía, para que me chegue a min a fichiña.
Moitas grazas!!!
En moitas ocasións son os alumnos os que poñen a nota ao profesor/a!!!
Isto é todo para por hoxe!
Saudiños e deséxovos bo día! 😃
Ningún comentario:
Publicar un comentario