Xa rematamos unha semana máis! Imos pola clase número 55, só quedan 5 máis.
Déixovos aquí máis fotomontaxes coa actividade de plástica desta semana: Ollos e miradas.
Ollos e miradas de Hugo Villar
Nova mirada da mascota de Melissa
Fabiola cambioulle a mirada a un peluche xigante!
Nova mirada para o michiño ou michiña de Hugo Abraira
Moitas grazas por participar e enviarme os vosos resultados!!
👌👍👏👏👏👏👏👏👏😄
📃📃As actividades para hoxe, son:
* LINGUA GALEGA:
- Lectura do libro de texto das páxinas 162 e 163, titulada "Un premio inesperado"
- Páx.164 exercicio 4 (son preguntas de comprensión lectora para facer no caderno)
- Contesta no teu caderno e envíame unha fotografía do teu escrito📝:
- 1.Tiveches algunha vez un Premio? (gañar un partido, un sorteo, un reto, un diploma, un aplauso, un trofeo...)
- Cando o recibiches?
- Que era?
- Escribe que fixeches para recibilo e como te sentiches.
* LINGUA CASTELÁ:
En relación con la lectura anterior de Gallego, la actividad es:- Escribe una redacción sobre un viaje que te gustaría hacer.
Para ayudaros con lo que tenéis que escribir en la redacción os dejo preguntas que deberíais contestar y separar con signos de puntuación en vuestro escrito.
- ¿Con quién te gustaría ir? ¿Por qué?
- ¿Cómo viajarías (en tren, avión, bicicleta, caminando...)
- ¿Cuándo harías ese viaje?
- ¿A dónde te gustaría ir?
- ¿Qué te gustaría hacer allí?
CONSEJOS PARA REDACTAR:
- Lee las preguntas primero y piensa lo que vas a contar.
- Ve escribiendo la respuesta a cada pregunta (en forma de redacción) y pon algún signo de puntuación.
- Lee en voz alta todo lo que escribiste. Si necesitas hacer una pausa para respirar es necesario que haya un signo de puntuación (coma o punto, por ejemplo)
Por favor, enviádeme as actividades de hoxe cando as teñades!📝
Deséxovos unha boa fin de semana!
Ningún comentario:
Publicar un comentario