luns, 15 de xuño de 2020

LUNS 15 de xuño

👋👋Bos días!!

Estamos na última semana de clase!

Que ganas teríades todos de rematar con isto, a que si?

Pois agora xa non queda nada. Este ano foi moi raro para todos e todas, tanto alumnado como familias como profesorado. Pero a verdade é que o fomos superando todos grazas á colaboración e traballo. GRAZAS A TODOS e TODAS!!!

Non obstante, imos traballar ata o final, tal e como pelegríns que sodes, ata o final do camiño. Iso si, ao ser a última semana imos cambiar algo o horario/tipo de actividades. Xa iredes vendo.

Hoxe imos traballar as materias que nos tocaría:

* MATEMÁTICAS:

Para repasar las tablas de multiplicar, os propongo una sencilla ficha interactiva. Tienes que pulsar en el enlace y escribir el resultado de la multiplicación.

Una vez cubierta, clic en ¡Terminado! y escribe tu nombre. Después revisa tu nota. Hay un error en la ficha, así que no os preocupéis que siempre reviso las cualificaciones.

Hay que corregir los ejercicios del último día, jueves, que eran de la página 183 ejer. 3, 4 y 6.

Solución del ejer.3 de la pág.183:
a) 21,9 + 8,237 = 30,137      d) 15,3 + 8,67 + 2,954 = 26,924
b) 8,68 + 17,5 = 26,18          e) 136,9 + 4,321 + 21,5 = 62,721
c) 2,3 - 1,789 = 0,511            f) 32,8 - 9,25 = 23,55

Solución del ejer.4 de la pág.183:
En dm:  a) 38 dm          c) 63 dm
              b) 54 dm          d) 79 dm

En cm: a) 205 cm       c)  590 cm
            b) 46 cm         d) 860 cm

En mm: a)1007 mm      c) 805mm
              b) 69 mm        d) 9030 mm


Solución del ejer.6 de la pág.183:
Datos: 590 árboles
            2/5 de todos los árboles son naranjos
            el resto son limoneros
Pregunta: ¿Cuántos limoneros hay?

Cálculos: 2/5 de 590= (2 x 590) : 5 = 236 árboles son naranjos.

Si a todos los árboles le saco los naranjos, me quedan sólo los limoneros:
590 - 236 =  354 árboles son limoneros.

Solución: Hay 354 limoneros en la finca de Leandro.


* CIENCIAS DA NATUREZA:

Imos correxir as actividades que quedaron pendentes:

Páx. 109 exer. 2:
A partir da madeira un material artificial que se obtén é o papel. Para iso séguese este proceso:
- Primeiro tritúrase a madeira e fabrícase unha pasta con cola e outros produtos.
- Despois, a pasta fíltrase para eliminar impurezas.
- A continuación, a pasta esténdese sobre unha cinta móbil e fórmase o papel.
- Por último, o produto final almacénase en bobinas.

Páx. 114 exer.4:
a) Os materiais artificiais poden atoparse na natureza. É falso porque os materiais artificiais fabrícanse a partir de materias primas.
b) As materias primas son as substancias que serven para fabricar materiais artificiais. É verdadeiro.
c) Para fabricar cerámica mestúrase auga con plástico. É falso porque para fabricar cerámica mestúrase auga con arxila.
d) O ferro extráese de diversos minerais. É falso porque o ferro obtense do olixisto.

Páx. 115 exer.7:
a) É un sombreiro que parece que está fabricado de palla.
b) A palla é un material natural que procede das plantas.
c) Poderíase realizar con rafia, que é unha fibra sintética, con tea de algodón, con plástico para a chuvia, con la...

Para facer:
  • Lectura das páxinas 110 e 111 "Substancias puras e mesturas"
  • Visiona os seguintes vídeos: Axudaranche a entender mellor o que acabas de ler, con exemplos:



  • Preme na ligazón que che indico abaixo da imaxe para facer a seguinte ficha interactiva sobre as substancias puras e mesturas:
    • O primeiro exercicio é opcional porque se necesita o complemento flash player.
PREME NA LIGAZÓN para facer a ficha interactiva 👉 Sustancias puras y mezclas.
Unha vez acabada só terás que facer clic en "¡Terminado!" e escribir o teu nome.


* LINGUA GALEGA:

A actividade de escritura que vos vou pedir para esta semana é unha redacción sobre este curso.

  • Escribe unha pequena redacción sobre este curso.
    • Podes contar o que queiras ti. Por exemplo, algún punto que se me ocorre a min:
      •  que foi o que máis che gustou...
      •  o que menos...  e que cambiarías
      • que botaches máis de menos no confinamento
      • se foses ti o mestre/a que farías durante o tempo de confinamento...
  • Quero publicalas no blogue como despedida do curso, así que facédeas bonitiñas!


Vouvos poñer unha enquisa para valorar este curso e unha folla para avaliarme a min (outro día). Pensaba poñérvolo mañá, pero penso que as preguntas da enquisa vos serven para facer a redacción anterior, así que aquí tedes o modelo para ir pensando as respostas.

Podédela cubrir hoxe, mañá ou mércores. Cando mellor vos veña e podades, vale??

É obrigatorio contestar a todas as preguntas.



Que pasedes bo día e boa tarde!! Saudiños pelegríns!! ✋

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Venres 19 de xuño

🙋Bos días!! Chegamos á "clase á distancia" número 60. Último día deste trimestre e derradeiro deste curso 2019/2020. Q...