LUNS, 30.03.20
Boa semaniña!
Só quedan 5 días de "clase", despois hai unha semaniña de vacacións, así que aproveitade para poñervos o día, traballar moito e así poder descansar e disfrutar unha semaniña enteira.
Aquí vos poño un vídeo de debuxos que explica moi ben como comeza unha pandemia. Dunha persoa a canta xente pode chegar. Isto é a explicación do que pasou co COVID-19, por iso se nos ordena estar nas casiñas e relacionarnos fisicamente co menor número de xente posible.
As tarefas de hoxe son:
* LINGUA GALEGA:
Seguiremos traballando cos verbos. Algunha dúbida?
Para iso, ides ao voso libro páxina 114 e 115.
Despois de coñecer as distntas formas verbais e o tempo (presente, pasado, futuro) agora ímonos fixar na persoa que acompaña á forma verbal.
Antes de comezar a ler, quero facerche unha pregunta:
Lembras os pronomes persoais?
Recordade que singular refírese a un só. E plural refírese a que hai máis dun elemento. Só hai 3 persoas. Entón:
1ª persoa é: eu (en singular), nós (en plural)
2ª persoa: ti (en singular), vós (en plural)
3ª persoa: el ou ela (en singular), eles ou elas (en plural)
Unha vez feito este repasiño rápido, ledes a explicación que aparece na páxina 114. Logo:
- No caderno poñedes de título "O verbo: número e persoa"
- Logo copiades o cadro resumo da páxina 114.
- Facedes as actividades das dúas páxinas (Do 1 ao 6)
👀Ollo! Recordade que non é plural se a forma verbal acaba en -s; témonos que fixar que pronome acompaña a esa forma verbal. Como xa estades en 4º, non vos aparecen os pronomes porque xa sodes quen de saber cales son.
Exemplo:
"saíches" non é plural porque acaba en -s. (ISTO É un ERRO COMÚN) senón que temos que mirar a que persoa se refire: "ti saíches", entón é a segunda persoa de singular.
Actividades en liña:
Para repasar as formas verbais...
* MATEMÁTICAS:
Hoy, vamos a trabajar con los decimales y el dinero. Para eso tenéis que mirar la Unidad 9 "Tiempo y dinero".
Primero haréis unas operaciones con decimales, página 127 ejercicio 2.
Luego leeréis la página 132 y escribiréis en la libreta el título: "UNIDAD 9: Dinero y tiempo" (Porque primero trabajaremos con el dinero y luego con el tiempo)
Finalmente haréis los ejercicios 1 y 2 de la página 132; y de la página 133 haréis el 3 y el cálculo mental. (Tenéis que restar mentalmente al número que os dan y luego sumar uno; es al revés del último cálculo mental. 26-9= (en mente a 26 le quito 10, me quedan 16, ahora sumo uno= 17).
Actividades en línea para trabajar con el dinero y decimales:
- El euro: explicación y juegos de contar y comprar
- Conocer los euros. Juego de mundoprimaria
- Pagar con euros Tedes que arrastrar o diñeiro que custa o artículo de compra para a man.
- Devolver con euros Agora tedes que arrastrar o diñeiro que devolveríades á man do comprador.
* CIENCIAS DA NATUREZA:
Seguimos cos animais invertebrados. Só nos queda o grupo dos artrópodos. É o máis numeroso polo que os científicos decidiron facer subgrupos atendendo ao número de patas.
Nos seguintes vídeos poderedes coñecer cales son as características dos artrópodos e dalgúns subgrupos. Prestade atención:
No libro de texto, tedes que ler as páxinas 76 e 77 para primeiro facer un pequeno esquema (ou resumos de cada grupo) e logo facer os exercicios 1 e 2.
Se vos sobra tempo e podedes... aquí tedes un xogo de preguntas sobre os animais mamíferos, estudados no tema anterior (así que para repasar venvos ben).
A pasar un día de frío quentiños e quentiñas na casiña!
Ningún comentario:
Publicar un comentario