venres, 27 de marzo de 2020

VENRES, 27.03.20


🙋 Hoxe é o último día lectivo da semana, así que ánimo; recordade que non estamos de vacacións, nin vós nin eu. Aproveitade a fin de semana se non estades ao día, e para xogar coas ligazóns que vos poño neste blogue.
  Abaixo púxenvos un xogo para facer na casa en familia, está moi chulo e en galego! 
 Enriba, organicei as pestanas por materias, e en cada unha tedes diferentes ligazóns para facer actividades en liña.


* LINGUA GALEGA:

Imos traballar cos verbos, na páxina 102 e 103 do libro de lingua galega explícanvos que é un verbo (palabra que expresa unha acción). 

Vocabulario que debemos aprender para entender este contido:

Verbo: palabra que expresa unha acción.
Infinitivo: forma na que se presentan as accións.
Conxugar: é dicir un verbo en todas as súas formas e persoas (eu ando, ti andas...)
Conxugación: Segundo a terminación do verbo en infinitivo pode ser:
        de primeira conxugación (verbos acabados en -ar)
        de segunda conxugación (verbos acabados en -er)
        de terceira conxugación (verbos acabados en -ir)

"eu ando", é unha forma verbal do verbo "andar", que é da 1ª conxugación.

As formas verbais teñen dúas partes: 
       Raíz: é a parte do verbo que se repite en todas as formas (do verbo andar é and-)
       Desinencia: terminación que se engaden á raíz (-o, -as, -a, -amos, -ades, -an...)

No exemplo "eu ando" a raíz é and-  e a desinencia é -o.

Tedes que facer no voso caderno de lingua galega:
  • Lectura da páxina 102.
  • Copia do cadro resumo da páxina.
  • Facer os exercicios 1, 2, 3 e 4 da páxina 103.
Actividades en liña para traballar os verbos:

Agora para descansar un poquiño, podedes ver unha contacontos. Unha profesión molona.
  • Conto:  Unha última carta

escrito por Antonis Papatheodoulou e ilustracións de Iris Samartzi, foi a obra gañadora do IX Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.
Na seguinte ligazón poderás escoitar como Bea Campos conta este conto, o último día de traballo dun amable carteiro.



* LINGUA CASTELÁ:

Ayer, os dije que hicierais un diario en lengua castellana, tenéis que seguir haciéndolo. En la página 144 del libro de lengua os viene explicado cómo se escribe un diario. 

Las tareas para lengua son:
  • Continuar vuestro diario
  • Lectura de la unidad 9: El encantador de serpientes. Páginas 122 y 123
  • Hacéis un breve resumen de la historia.
  • Página 124, ejercicios 1, 2, 3, 4, 5 y 6

Juegos en línea sobre ortografía:

Prefijo y sufijo explicación (Luego, clic en "practica")



* FIN DE SEMANA:

Na seguinte ligazón tedes un xogo familiar en liña, tipo taboleiro: tedes que ler as regras (premer no dado que está na esquina dereita superior, volverlle a dar para paralo, facer clic na casilla correspondente e facer o que che diga). 


🌈🌈🌈Fixestedes o voso arco da vella? 🌈🌈🌈

Estes día, co problema de ter que quedar na casa para eliminar o virus COVID-19, moitos cidadáns, nas casas onde hai nenos comezaron a decorar as súas ventás con arcos da vella, feitos en familia e escribindo o lema "Todo vai saír ben" e "Queda na casa"

Se non fixeches o teu anímote a que o fagas e que, por favor lle fagas unha foto para que ma envíen os vosos papás/mamás e poñémolas aquí no blogue. Así, todos podedes ver a de todos, e sobre todo eu, que non teño ningunha fiestra cara a Fonsagrada. 😏

🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈🌈

Boa finde!! Coidádevos moito! 💪😊


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Venres 19 de xuño

🙋Bos días!! Chegamos á "clase á distancia" número 60. Último día deste trimestre e derradeiro deste curso 2019/2020. Q...