martes, 14 de abril de 2020

COMEZAMOS O 3º TRIMESTRE!


👋Bos días!!

Que tal despois dunha semaniña de descanso??

Grazas polas 🍴recetas de cociña 🍴 que me fostes facendo. 😋 Oxalá o pasarades ben en familia mentres o fixestedes, independentemente de como fose o resultado (mellor ou peor do esperado), o importante era que vos axudaredes e aprendesedes algo novo.

O prazo para a receta era ata o 15 pero déixovos esta semana enteira, ata o 19. Vale?

Hoxe, martes 14.04.20, imos retomar o traballo con ganas.💪 Un reto, xa o sei, pero tamén sei que sodes quen de superar moitos retos se poñedes interese, así que confío en vós!! En todos e todas!!!


*Imos traballar Mate, Sociais, Plástica+Lengua:

* MATEMÁTICAS: 

Recordáis que lo último que estuvimos dando en matemáticas son las medidas del tiempo?



Pues vamos a repasarlas de nuevo haciendo en el cuaderno:
  • Página 136, ejercicios 6, 7 y 8.
  • Página 137, ejercicio 11.

Para hacer en línea:




* SOCIAIS:

Está ben repasadiña a unidade 5 " O territorio de España e Europa"? Espero que si, que xogarades moito cos mapas e ligazóns que vos puxen.

Pois agora pídovos que me respondades o seguinte cuestionario. Vanme chegar as vosas respostas, así que quero que non me fagades trampa pero que vos esmeredes en facelo moi ben. 👀

Para facer o test, tes 2 opcións:  premer aquí test sociais u5 ou facelo aquí mesmo a continuación.


Se vos sae mal o test, repasade de novo a unidade.


* PLÁSTICA:

Coñecedes o que é o lettering??

Faleille a un neno del, (o nome empeza por "H" e o apelido por "A"), a ver se se recorda. 😉

Vouvos explicar: (recordades que"letter" en inglés significa "carta"?) Está relacionado coa escritura.


       Lettering: é a arte de debuxar letras.       




  • Hai que diferenciar con:


Caligrafía: é a arte de escribir a letra.
(Algo que os profes vos insistimos moito, en ter letra lexible, é dicir, que se lea e entenda). 

Tipografía: é a arte de deseñar as letras.
Unha tipografía é un conxunto de letras, números e signos que teñen características comúns. (Por exemplo, escribir letras separadas ou a letra que facemos cando nos ensinan a escribir, todas xuntiñas. No ordenador aparécennos moitos tipos como a Arial ou a New York Times)


Entón que vos parece se xuntamos a lingua coa plástica e probamos hoxe a facer "Lettering"??

Nas seguintes ligazóns tedes uns vídeos explicativos de curta duración, son os máis sinxelos que atopei para ensinarvos. A rapaza que os explica é mestra e chámase Paloma.

lettering con "hola"

Lettering sencillo coa palabra "inglés"


Podedes a probar a escribir o voso nome en letras bonitas, facendo lettering. Se non podedes ver os vídeos ou vos resulta moi difícil, decorádeo como o queirades.

O truco está en fixarse, os trazos que van para arriba teñen que ser finos e os trazos que facemos cara abaixo teñen que ser grosos.


Podedes pedirlles aos vosos papis/mamis/outro familiar que me envíe os resultados.


Espérovos con moita enerxía para rematar o curso, se xa cumplistedes co traballo, a descansar e xogar!

Saúdos!!!  😊


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Venres 19 de xuño

🙋Bos días!! Chegamos á "clase á distancia" número 60. Último día deste trimestre e derradeiro deste curso 2019/2020. Q...