Quero deixar este muro decorado cos arcos da vella que me enviastedes.
🌈🌈De onde vén iso de poñer un arco da vella na ventá?🌈🌈
Xa volo contei pero vou repetir:
Esta tradición vén dos italianos e italianas porque dende fai moitos anos consideraron o arco da vella como un símbolo de paz. Cando había guerras ou algunha gran inxustiza, moitos balcóns colgaban arcos da vella para pedir a o mundo alegría e paz con cores, esperanza.
Coa chegada do COVID-19 a Italia a xente volveu a decorar os seus balcóns con este símbolo de esperanza. Como eran tantos, a xente dos demais países chamoulles a atención e pouco a pouco foron copiándolles (igual que aplaudir aos sanitarios e sanitarias, polo gran traballo que están a facer).
Aquí en Galicia están poñendo ese símbolo en casas onde hai nenos e nenas, nalgún lugar decidiron poñer refráns típicos galegos, etc.
Moitas grazas a todos e todas polos vosos debuxos, están chulísimos e dan alegría.
Xa sabedes, hai que seguir quedando na casa para que despois poidamos saír e estar todos xuntos.
 |
| Arco da vella por Carmen |
 |
| Arco da fella por Carmen2 |
 |
| Arco da vella por Laura |
 |
| Arco da vella por Samuel |
 |
| Arco da vella por Fabiola |
 |
| Arco da vella por Hugo A |
 |
| Arco da vella por Hugo V |
 |
| Arco da vella por Antón |
Ningún comentario:
Publicar un comentario