VENRES, 3.04.20
Bos días!! 🙋Hoxe rematamos a semana e o trimestre, douvos traballiño para hoxe, algunha tarefa para as vacacións pero os que traballastedes e levastedes o traballo ao día tedes un descanso ben merecido, así que disfrutádeo (pero non deixedes de ler).
Os demais podedes ir aproveitando a poñervos o día facendo só un pouquichiño todos os días.
Ata o martes 14 de abril, a ver se pode ser fisicamente. Eu bótovos de menos!
As tarefas para hoxe son:
________________Ciencias Sociais:*Pendente correxir as cuestións de Sociais da unidade 5.
Aquí as tedes o máis completas posibles, como xa dixen onte, autocorrexídeas vós mesmos cun boli vermello.
1.Escribe os territorios que forman parte de España.
España está formada pola maior parte da península Ibérica, as illas Baleares no mar Mediterráneo, as illas Canarias no océano Atlántico, as cidades autónomas de Ceuta e Melilla e varias illas pequenas no norte de África.
2. Cal é a diferenza entre límites naturais e límites políticos?
Os límites naturais son aqueles accidentes xeográficos que serven para delimitar países, como mares ou montañas. En cambio, os límites políticos son liñas que se establecen entre os países para marcar unha fronteira.
3.Cales son os límites de España?
Os límites de España son:
- polo norte: o mar Cantábrico (límite natural), os Pirineos (natural), Francia e Andorra (políticos)
- polo oeste: o océano Atlántico (natural) e Portugal (político)
- polo leste: o mar Mediterráneo (natural).
- polo sur: o mar Mediterráneo (natural), o océano Atlántico (natural) e Marrocos (político).
4. Que é a Unión Europea? Cales son as súas siglas?
A Unión Europea é unha organización política e económica que agrupa a 27 países europeos que colaboran entre eles para mellorar a súa economía e sociedade.
As siglas da Unión Europea son UE.
A UE ten moitas institucións, as que máis destacan son:
- o Parlamento Europeo (aproban leis),
- a Comisión Europea (deciden en que se vai gastar o diñeiro) (Agora co Coronavirus están pedindo que dean diñeiro principalmente a España e a Italia para comprar material sanitario, contratar máis médicos... os comisarios que están nesta institución son os encargados de decidir se o van a dar ou non)
- o Consello da Unión Europea (aproban leis)
- o Tribunal de xustiza (vixían o cumprimento das leis)
Ceuta e Melilla.
Unha comunidade autónoma é un territorio formado por unha ou varias provincias, que teñen uns costumes, unha historia e nalgúns casos como Galicia, País Vasco e Cataluña unha lingua propia. Cada comunidade autónoma ten unha capital autónoma e un Estatuto de Autonomía.
Unha provincia é un conxunto de municipios agrupados por motivos históricos, xeográficos, culturais... Cada provincia ten unha capital provincial.
É a lei máis importante de España. Aprobouse en 1978 nun referendo, onde os españois podían votar a favor ou en contra. Nela recóllense os dereitos e deberes dos cidadáns e tamén as institucións do Estado.
Porque todos os cidadáns e todas as cidadás teñen os mesmos dereitos e deberes, e porque elixen libremente os seus gobernantes co seu voto.
As principais institucións españolas son:
-O xefe de Estado: o rei Filipe VI
-As Cortes Xerais: formadas por deputados e senadores
-O Goberno: composto polo presidente (Pedro Sánchez) e ministros e ministras.
-Os Tribunais de Xustiza: formados por xuíces, xuízas e maxistrados, maxistradas.
O nome do presidente da Xunta de Galicia é Alberto Núñez Feijóo.
As provincias que forman Galicia son: A Coruña, Lugo, Pontevedra e Ourense.
A capital autónoma é Santiago de Compostela.
_________________________________________________________________*LINGUA GALEGA:
Que tal vos foi coa entrevista? Puidestes facela? Aprendestes algo novo que non sabíades da vosa familia? Estou intrigada por lelas ou escoitalas.
Hoxe, quero que leades a lectura da unidade número 8. A comer o mundo! 🍴
- Lede as páxinas 98 e 99. Trátase dunha conversa entre a mestra e o seu alumnado sobre os costumes alimentarios de diferentes países.
- Páxina 100, exercicios 3 e 7.
- Sabes o que é a gastronomía? É a cociña propia dun lugar ou país (os pratos e alimentos que se adoitan comer).
- Que vos parecería nestas vacacións de Semana Santa en facer unha receita de cociña en familia??
- E por suposto, facede unha foto ao prato final para ensinar, porque seguro que vos sae rico e non queda nada.
- Pedide axuda na casa e decidide unha receita moi sinxela, para preparala xuntos, poden ser galletas, por exemplo.
- Logo escribídea aquí e enviádesme a ficha. Lembrade:
- escribides en cada cadriño (nome do prato, número de comensais, ingredientes...)
- logo premedes en ¡Terminado!
- despois dádeslle a "Enviar mis respuestas a mi profesor/a"
- completades datos: nome e inicial do voso apelido, 4º curso, lingua galega, e o código seguinte:
- 4odj1hl4pc
- (Esta actividade non a tedes que facer hoxe, douvos de prazo ata o mércores 15 de abril.)
RECETA SEMANA SANTA, una ficha interactiva de epuga
liveworksheets.com
liveworksheets.com
Ficha interactiva de repaso:
Repaso de palabras con prefixo
Prefixos, una ficha interactiva de ruthsouto
liveworksheets.com
liveworksheets.com
*LINGUA CASTELÁ:
Vamos a trabajar un poquito con el libro: página 128 y 129, "los signos de puntuación: coma (,) y punto y coma (;)".
Ficha interactiva: Piensa cuál es el signo que falta y escríbelo.
- Leer el cuadro explicativo de la coma y el punto y coma.
- Hacer los ejercicios 1 (no tenéis que copiar el texto, sólo copiar lo que os pide), 2 y 3 de la página 128.
- Ejercicios 4 y 5 de la página 129.
Ficha interactiva: Piensa cuál es el signo que falta y escríbelo.
- Luego clic en ¡Terminado! y
- pinchas en "Enviar mis respuestas a mi profesor/a"
- Cubres con tus datos: nombre e inicial del primer apellido, 4º curso, lengua y la siguiente clave para el último cuadrito:
- 4odj1hl4pc
Signos de puntuación, una ficha interactiva de Peio
liveworksheets.com
liveworksheets.com
- En el siguiente enlace tienes que marcar que signo ortográfico falta en cada oración y darle al final a comprobar. Pulsa aquí
- Clic en la oración correcta (signo coma y punto coma)
- Ficha interactiva, escribe . , ; (dale a enviar respuestas a mi profesor, cubrir datos, y clave: 4odj1hl4pc)
"Aunque fuera sólo por el gusto de descansar, toda persona debería trabajar"
Significa que todo el que trabaje merece un descanso. Así que...
Ata o martes 14, a ver se nos podemos ver xuntos na aula ou seguimos conectados a distancia. O importante é estar sans disfrutando cos nosos.
Unha aperta virtual!
👋✌😉
Ningún comentario:
Publicar un comentario