xoves, 2 de abril de 2020

XOVES, 2.04.20


Ola, ola!! 🙋   Que tal?

As tarefas para o día de hoxe son:

*MATEMÁTICAS: 

¿Qué tal con las horas en el reloj digital? Yo, por lo que vi en clase, lo llevabais mejor que con el analógico.

Hoy os pediré los ejercicios que nos quedan de la página 129 y algo más:
  • Ejercicio 4 y cálculo mental de la página 129.
  • Problemas 1, 2, 3 y 4 de la página 134. (No hace falta copiar los problemas; sí, tenéis que poner la columna de datos, luego los cálculos y expresar resultado) En la página pone que cambiéis de datos, pero yo quiero que lo hagáis con los datos que os dan, una vez y ya está. Así es más fácil y más rápido. ¿Entendido?
  • Esta es la "última clase" de Mates antes de Semana Santa, así que aquí os dejo varias actividades de repaso:
  • Fichas interactivas
    • A continuación os presento aquí unas fichas, para que las hagáis, 
      • luego le dais clic en ¡Terminado! 
      • y después comprobáis el resultado. 
      • Si podéis después de ese intento volvéis a hacerlo y en vez de "comprobar mis respuestas", pinchas en "Enviar mis respuestas a mi profesor/a"
      • Cubres con tus datos: nombre e inicial del primer apellido, 4º curso, mates y la siguiente clave para el último cuadrito:
      •  4odj1hl4pc
    • De esta forma recibo los resultados para saber si necesitáis más ejercicios de repaso.


FRACCIONES - completar, una ficha interactiva de victor
liveworksheets.com


¿Cuánto dinero hay? Marca la opción correcta.


¿Recuerdas la aproximación? Lee fijándote y luego haz las actividades.





*CIENCIAS SOCIAIS:

Que tal vai a unidade 5? Xa sabedes todas as respostasl das preguntas do martes 31,  de memoria?

Quero que as autocorrixades, a BOLI VERMELLO, para que así eu poda ler o que tiñades antes. Pero como sei que aínda falta alguén por completalas todas, vou deixarvos hoxe para rematalas. É moi importante facelas, porque de aí van saír as preguntas de exame.
____________________________________________

As cuestións e solucións son:

1.Escribe os territorios que forman parte de España.
España está formada pola maior parte da península Ibérica, as illas Baleares no mar Mediterráneo, as illas Canarias no océano Atlántico, as cidades autónomas de Ceuta e Melilla e varias illas pequenas no norte de África.

2. Cal é a diferenza entre límites naturais e límites políticos?
Os límites naturais son aqueles accidentes xeográficos que serven para delimitar países, como mares ou montañas. En cambio, os límites políticos son liñas que se establecen entre os países para marcar unha fronteira.

3.Cales son os límites de España?
Os límites de España son: 
polo norte: o mar Cantábrico (límite natural), os Pirineos (natural), Francia e Andorra (políticos)
polo oeste: o océano Atlántico (natural) e Portugal (político)
polo leste: o mar Mediterráneo (natural).
polo sur: o mar Mediterráneo (natural), o océano Atlántico (natural) e Marrocos (político).

4. Que é a Unión Europea? Cales son as súas siglas? 
A Unión Europea é unha organización política e económica que agrupa a 27 países europeos que colaboran entre eles para mellorar a súa economía e sociedade.
As siglas da Unión Europea son UE.



5. Cales son as institucións máis importantes da UE?
A UE ten moitas institucións, as que máis destacan son: 
- o Parlamento Europeo (aproban leis), 
- a Comisión Europea (deciden en que se vai gastar o diñeiro) (Agora co Coronavirus están pedindo que dean diñeiro principalmente a España e a Italia para comprar material sanitario, contratar máis médicos... os comisarios que están nesta institución son os encargados de decidir se o van a dar ou non)
- o Consello da Unión Europea (aproban leis)
- o Tribunal de xustiza (vixían o cumprimento das leis)



6. Escribe o nome das dúas cidades autónomas.
Ceuta e Melilla.



7. Que é unha comunidade autónoma?
Unha comunidade autónoma é un territorio formado por unha ou varias provincias, que teñen uns costumes, unha historia e nalgúns casos como Galicia, País Vasco e Cataluña unha lingua propia. Cada comunidade autónoma ten unha capital autónoma e un Estatuto de Autonomía.



8. Que é unha provincia?
Unha provincia é un conxunto de municipios agrupados por motivos históricos, xeográficos, culturais... Cada provincia ten unha capital provincial.



9. Que é a Constitución? 
É a lei máis importante de España. Aprobouse en 1978 nun referendo, onde os españois podían votar a favor ou en contra. Nela recóllense os dereitos e deberes dos cidadáns e tamén as institucións do Estado.



10. Por que dicimos que España é un estado democrático? 
Porque todos os cidadáns e todas as cidadás teñen os mesmos dereitos e deberes, e porque elixen libremente os seus gobernantes co seu voto.

11. Cales son as principais institucións de España?
As principais institucións españolas son:
-O xefe de Estado: o rei Filipe VI
-As Cortes Xerais: formadas por deputados e senadores
-O Goberno: composto polo presidente (Pedro Sánchez) e ministros e ministras.
-Os Tribunais de Xustiza: formados por xuíces, xuízas e maxistrados, maxistradas.



12. Galicia: cal é o nome do presidente? Que provincias forman Galicia? Cal é a capital da nosa comunidade autónoma?
O nome do presidente da Xunta de Galicia é Alberto Núñez Feijóo.
As provincias que forman Galicia son: A Coruña, Lugo, Pontevedra e Ourense.
A capital autónoma é Santiago de Compostela.
______________________________________


Hoxe, quero que rematades coas cuestións anteriores se están a medio facer. E despois facedes no caderno:


  • Páxina 74, exercicios 2 e 3
  • Páxina 75, exercicio 6.
  • Escribe o nome das comunidades autónomas de España que son uniprovinciais, é dicir, que só teñen unha provincia como no caso de Madrid. (LEMBRADE AS MAIÚSCULAS INICIAIS!!!!!)
  • Escribe o nome das comunidades autónomas que teñen máis dunha provincia e ao seu lado as provincias que a forman. Por exemplo: Galicia: A Coruña, Lugo, Pontevedra e Ourense.
Para os dous últimos exercicios podedes axudarvos cos diferentes mapas que traballastedes, así como o da páxina 68 do libro.


Actividades interactivas:

Xa sabedes as 17 comunidades autónomas e as 50 provincias?

Ánimo!

* LINGUA CASTELÁ:

Hoy, 2 de abril, es el Día Internacional del libro infantil e xuvenil. Desde el año 1967 se celebra en esta fecha que coincide con el día que nació Hans Christian Andersen (años atrás, en 1805).

Hans Christian Andersen es danés (de Dinamarca) y autor de más de 200 cuentos infantiles. Algún cuento conocido de él es El patito feoEl soldadito de plomo. ¿Los conoces?



De familia humilde, Andersen dejó los estudios a una temprana edad, tras la muerte de su padre. Decidió convertirse en cantante de ópera y más tarde logró publicar una de sus obras. Poco a poco fue convirtiéndose en un autor conocido, pero no fue hasta sus cuentos clásicos y su difusión de boca a boca, que llegó a ser uno de los autores más reconocidos de la época. Sus obras llegaron a traducirse a ochenta idiomas y hoy por hoy son la base de películas, series y otros cuentos.


Quiero que copies y hagas en tu libreta:


  • ¿Cuál es tu cuento favorito? ¿Por qué?
  • Haz un resumen de ese cuento elegido, contando de qué trata.
  • Inventa un cuento infantil, sencillo y corto, que tenga como protagonista un animal (el que tú quieras). 
    • Para inventar un cuento tienes que tener claro: 
      • El protagonista, qué animal es, nombre
      • Lugar donde va a suceder la historia
      • Qué problema va a tener el animal protagonista
      • Cómo resuelve el problema
    • Un día, os lo pediré leer.
Lee la noticia: ¡A Fonsagrada sale en la prensa! 😜

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/2020/04/01/fonsagrada-autoriza-raton-perez-recogida-dientes-guantes-mascarilla/00031585739017501134158.htm

¿¿Os fue visitar el Ratón Pérez a vosotros??

¿Qué tal va el diario? Por lo menos escribisteis... ¿¿2-3 días??

Saludos!! Saudiños!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Venres 19 de xuño

🙋Bos días!! Chegamos á "clase á distancia" número 60. Último día deste trimestre e derradeiro deste curso 2019/2020. Q...